Dactilopíidos
Dactilopíidos Dactylopiidae | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Dactylopius coccus | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
|
A dos dactilopíidos (Dactylopiidae) é unha familia de insectos hemípteros da superfamilia dos cocoideos, que comprende un único xénero, Dactylopius.[1]
Estes insectos coñécense comunmente como cochinillas,[2][3] nome que tamén se refire especificamente á súa especie máis coñecida, a cochinilla (Dactylopius coccus).[4][5][6]
A cochinilla é un insecto de importancia económica e histórica como fonte principal da tintura carmín que, segundo moitos informes, utilizouse para este propósito nas Américas desde o século X.[2]
O xénero Dactylopius tamén é importante porque varias das súas especies utilizáronse como axentes de control biolóxico de pragas, e porque varias son especies invasoras.[1]
Taxonomía
editarDescrición
editarFamilia
editarA familia foi descrita en 1875 polo farmacéutico, médico e entomólogo francés Victor Antoine Signoret, na súa obra "Essai sur les cochenilles ou gallensectes (Homoptères--Coccides), 14e partie". Annales de la Société Entomologique de France, Séries 1-6 (5) 5: 15-40.
Xénero
editarO xénero describiuno en 1835 o zoólogo italiano Oronzio Gabriele Costa.[1]
Etimoloxías
editarXénero
editarO nome do xénero, Dactilopius, está formado polos elementos do latín científico dactyl- e -pius. O primeiro deriva do grego antigo δάκτυλος dáktylos, "dedo", e o segundo probabelmente do grego antigo πἴος, píos, "gordo", debido á forma do seu corpo.[7]
Familia
editarO nome da familia está formado, como é a norma, sobre a raíz do nome do seu xénero tipo (e neste caso único), Dactylopius, coa adición do sufixo do latín científico -idae, propio das familias de animais.
Especies
editarComo quedou dito, o xénero é monotípico.[8]
No xénero describíronse once especies. Ademais das nove que durante moito tempo se integraban no xénero, D. bassi foi transferida do xénero Coccus en 2001,[9] e D. gracilipilus describiuse recentemente, en 2012.[1]
As especies son:[9]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Van Dam, A. R. and B. May. (2012). "A new species of Dactylopius Costa (Dactylopius gracilipilus sp. nov.) (Hemiptera: Coccoidea: Dactylopiidae) from the Chihuahuan Desert, Texas, USA. Zootaxa 3573: 33–39.
- ↑ 2,0 2,1 Ramírez-Puebla, S. T., et al00. (2010): Molecular phylogeny of the genus Dactylopius (Hemiptera: Dactylopiidae) and identification of the symbiotic bacteria". Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine. Environmental Entomology 39 (4): 1178-1183.
- ↑ Chávez-Moreno, C. K., et al. (2011): "Distribution and habitat in Mexico of Dactylopius Costa (Hemiptera: Dactylopiidae) and their cacti hosts (Cactaceae: Opuntioideae). Neotropical Entomology 40 (1): 62-71.
- ↑ cochinilla, 2ª acep. no Dicionario da RAG.
- ↑ Ledo Cabido, B., dir. (2004): Dicionario de galego. Vigo: Ir Indo Edicións. ISBN 84-7680-504-7.
- ↑ VV.AA. (2009): Gran dicionario Xerais da lingua. Volume I. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9914-070-1.
- ↑ Dactylopius no Merriam Webster Dictionary.
- ↑ Rodríguez, L. C., et al. (2001): "Direction of dispersion of cochineal (Dactylopius coccus Costa) within the Americas" Arquivado 03 de marzo de 2022 en Wayback Machine.. Antiquity 75: 73-77.
- ↑ 9,0 9,1 "Dactylopiidae species list". Scale Insects: Systematic Entomology Laboratory, USDA, ARS. Arquivada do orixinal o 24-09-201. Consultada o 27 de abril de 2020.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dactilopíidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Dactilopíidos |
Bibliografía
editar- Baskes, Jeremy (2000). Indians, Merchants and Markets: A Reinterpretation of the Repartimiento and Spanish-Indian Economic Relations in Colonial Oaxaca, 1750–1821. Stanford, Palo Alto, California: Stanford University Press. ISBN 0-8047-3512-3.
- Chávez Moreno, C. K. (22 de outbro de 2010). "The Opuntia (Cactaceae) and Dactylopius (Hemiptera: Dactylopiidae) in Mexico: a historical perspective of use, interaction and distribution with particular emphasis on chemical and phylogenetic aspects of the Dactylopius species". VII International Congress on Cactus & Cochineal, Agadir, Marrocos.
- Donkin, R. A. (1977). "Spanish Red: An Ethnogeographical Study of Cochineal and the Opuntia Cactus". Transactions of the American Philosophical Society 67 (5): 1–84. JSTOR 1006195. doi:10.2307/1006195.
- Eiland, Murray L., Jr. & Eiland, Murray L., III (1998). Oriental Carpets. Boston: Little, Brown and Company. ISBN 0-8212-2548-0.
- Greenfield, Amy Butler (2005). A Perfect Red: Empire, Espionage, and the Quest for the Color of Desire. New York: Harper Collins Press. ISBN 0-0605-2276-3.
- Hamnett, Brian (1971). Politics and Trade in Southern Mexico, 1750–1821. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-5210-7860-1.
- McCreery, David (1996). Rural Guatemala 1760–1940. Stanford: Stanford University Press. ISBN 0-8047-2792-9.
- Schiebinger, L. L. (2004). Plants and Empire: Colonial Bioprospecting in the Atlantic World. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press. ISBN 0-6740-1487-1.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Felter, Harvey Wickes; Lloyd, John Uri (1898). "Coccus (U.S.P.)—Cochineal". King's American Dispensatory. Consultado o 2 de maio de 2020.
- Direction of the Council of the Pharmaceutical Society of Great Britain (1911). "Coccus, B.P.". The British Pharmaceutical Codex. Consultado o 2 de maio de 2020.
- Sayre, Lucius E. (1917). "Coccus.—Cochineal". A Manual of Organic Materia Medica and Pharmacognosy. Consultado o 2 de maio de 2020.
- Zhang, Jane (January 27, 2006). "Is There a Bug in Your Juice? New Food Labels Might Say". The Wall Street Journal. Arquivado dende o orixinal o January 12, 2009.
- Greig, J. B. "Cochineal extract, carmine, and carminic acid". WHO food additive series 46. Consultado o 2 de maio de 2020.
- Dutton, LaVerne M. "Cochineal: A Bright Red Animal Dye". Master's Thesis for Baylor University. Consultado o 2 de maio de 2020.