Emo é un estilo de música rock que se caracteriza pola súa música máis lenta e melodiosa, tamén se caracteriza polas súas letras, de cariz persoal, no que abunda a introspección abordando emocións e estados de animo converténdose, moitas veces, en auténtica poesía, evitando a música puramente comercial.

Emo
Orixe musicalhardcore punk, indie rock
Orixe culturalmediados dos 80 en Washington, D.C.
Instrumentos típicosvoces, guitarra, baixo, batería
Subxéneros
screamo

Na xénese do estilo foi fundamental o álbum dos Hüsker Dü Zen Arcade, publicado en 1984 e o Throb Throb de Naked Raygun, de 1985 que influíu especialmente no movemento hardcore punk de Washington, xurdindo o termo "emotional hardcore" ou "emocore" para definir as bandas hardcore punk cunha sonoridade máis melódica e rica as bandas procuraban un estilo máis creativo, utilizando tamén cambios de ritmo e crescendos, nesa primeira época salientaban o bandas como Rites of Spring e Embrace. Do seu estilo fixéronse eco outras bandas de contemporáneas de punk estadounidenses, cambiando o seu son e significado cara ó punk pop e o indie rock na década de 1990 con grupos como Jawbreaker e Sunny Day Real Estate, cun estilo máis melódico e menos caótico cas súas predecesoras. A mediados da década de 1990 varios selos independentes comezaron a especializarse no estilo.

Popularización

editar

A partir do ano 2000 o emo comezou a se facer máis coñecido, co éxito de vendas de Jimmy Eat World e Dashboard Confessional e a aparición dun subxénero máis agresivo, o screamo. Actualmente os críticos e xornalistas aplícanlle o termo emo a grupos como Fall Out Boy, My Chemical Romance, Coheed and Cambria ou Panic! at the Disco.