Fontainebleau é unha cidade francesa, situada no departamento de Sena e Marne, na rexión de Illa de Francia, famosa polo seu palacio, antiga residencia real francesa. Os seus habitantes son chamados, en francés, les Bellifontains.

Modelo:Xeografía políticaFontainebleau
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 48°24′32″N 2°42′06″L / 48.4089, 2.7017
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsIlla de Francia
DepartamentoSena e Marne Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación15.945 (2021) Editar o valor en Wikidata (92,68 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921672 Traducir
Q19407251 Traducir Editar o valor en Wikidata
Superficie172,05 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Sena Editar o valor en Wikidata
Altitude96 m-42 m-150 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Mayor of Fontainebleau (en) Traducir Editar o valor en WikidataFrédéric Valletoux (pt) Traducir (2005–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal77300 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Constanza (1960–)
Richmond upon Thames (pt) Traducir (1977–)
Siem Reap (2000–)
Lodi (2011–)
Sintra (2016–)
Alba Iulia (2022–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webfontainebleau.fr Editar o valor en Wikidata
Facebook: VilledeFontainebleau Twitter: VilledeFbleau Instagram: villedefontainebleau BNE: XX455234 Editar o valor en Wikidata

Fontaine Belle Eau ou Fontaine Belleau, logo Fontainebleau, veu fixado oficialmente o seu nome en 1169. O que era unha simple aldea viuse dotada cun pavillón de caza e unha capela polo rei Lois VII de Francia. San Lois, que apreciaba moito Fontainebleau, que a chamaba os seus «ermos», fixo construír aquí un pavillón e máis un hospital. Filipe o Fermoso naceu neste lugar en 1268, no que tamén faleceu en 1314.

En total, 34 soberanos, desde Lois VI o Gordo ata Napoleón III, residiron en Fontainebleau ao longo de sete séculos.

Entre os séculos XVI e XVIII, todos os reis, de Francisco I a Lois XV, encargaron traballos importantes (derrubamento - reconstrución - engrandecemento - afermosamento), que lle deron o seu carácter "heteroxéneo", mais con todo harmonioso, á arquitectura do château (castelo-pazo).