Marquis Teague
Marquis Devante Teague, nado o 28 de febreiro de 1993 en Indianapolis, Indiana, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Memphis Hustle da NBA G League.
(2014) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 28 de febreiro de 1993 (31 anos) Indianapolis, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Pike High School (en) Universidade de Kentucky | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 188 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 86 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2012 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | NBA G League, Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Base | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 3 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Chicago Bulls | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Instituto
editarTeague foi clasificado coma o 5º mellor xogador por Rivals.com,[1] o 7º mellor por Scout.com[2], e foi o base mellor valorado da súa promoción.[3] En xullo de 2010, Teague, xunto ó seu futuro compañeiro nos Kentucky Wildcats, Michael Kidd-Gilchrist, formaron parte do equipo que gañou a medalla de ouro no Campionato do Mundo da FIBA sub-17 en Hamburgo.[4]
Traxectoria universitaria
editarTeague comprometeuse con Kentucky o 22 de abril de 2010, elixíndoa por delante da Universidade de Louisville entre outras.[5]
No primeiro partido da tempada 2011-12 e o primeiro na súa carreira coma Wildcat, Teague xogou de titular e anotou 16 puntos, con 7 de 12 en tiros anotados. Unha das mellores actuacións de Teague foi contra os Portland Pilots, onde anotou 14 puntos, repartiu 8 asistencias e roubou 4 balóns, sen perder ningún balón. Teague gañou o Campionato Nacional con Kentucky, o oitavo na historia da universidade.
Traxectoria profesional
editarEn abril de 2012, Teague declarouse elixible para o Draft da NBA. O 28 de xuño de 2012, White foi elixido na 16ª posición do Draft de 2012 polos Chicago Bulls.[6]
O 21 de xaneiro de 2014, Teague foi traspasado ós Brooklyn Nets a cambio de Tornike Shengelia.[7]
Notas
editar- ↑ "Yahoo Sports: Rivals.com Ranking - Rivals150 for the class of 2011". Rivals.yahoo.com. Consultado o 2010-08-26.
- ↑ "Scout.com: Men's Basketball Recruiting". Scouthoops.scout.com. Consultado o 2010-08-26.
- ↑ "College Basketball Recruiting - ESPNU 100 - ESPN". Insider.espn.go.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2010. Consultado o 2010-08-26.
- ↑ "Future Kentucky Wildcats Michael Gilchrist and Marquis Teague Win Gold | Daily Sports News, Scores, Schedules, Stats and Rumors". Sportsnewsandscores.com. 2010-07-14. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2012. Consultado o 2010-08-26.
- ↑ "No. 4-rated junior Marquis Teague commits to Kentucky - ESPN". Sports.espn.go.com. 2010-04-22. Consultado o 2010-08-26.
- ↑ "Hornets select Anthony Davis". ESPN. 2012-06-29. Consultado o 2012-06-30.
- ↑ "Nets Acquire Marquis Teague From Chicago". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 21 de xaneiro de 2014. Consultado o 21 de xaneiro de 2014.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 02 de novembro de 2019 en Wayback Machine. (en inglés)