Pericles
Pericles, nado no ano 495 a. C. e morto no 429 a. C., foi un importante político e orador ateniense. Gran dirixente, home honesto e virtuoso, foi un dos principais estrategos da Antiga Grecia. Recibiu o alcume de o Olímpico, debido á súa impoñente voz.
Nome orixinal | (grc) Περικλῆς |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 494 a. C. Atenas, Grecia |
Morte | 429 a. C. (64/65 anos) Atenas, Grecia |
Causa da morte | Peste de Atenas (pt) |
Athenian strategos (en) | |
442 a. C. – 429 a. C. | |
Datos persoais | |
Outros nomes | Ολύμπιος |
Relixión | Relixión da Grecia antiga |
Actividade | |
Ocupación | político, orador, estadista, militar, oficial do exército |
Período de tempo | Antigüidade clásica |
Carreira militar | |
Lealdade | Antiga Atenas |
Rango militar | estratego |
Conflito | First Peloponnesian War (en) Guerra Sâmia (pt) |
Familia | |
Familia | Alcmeónidas e Buzygae (en) |
Cónxuxe | Pericles' first wife (–445 a. C.), divorcio Aspasia (445 a. C.–) |
Fillos | Péricles () Aspasia Paralus () Pericles' first wife Xanthippus () Pericles' first wife |
Pais | Xantipo e Agariste (mãe de Péricles) |
Irmáns | Ariphron |
Descrito pola fonte | Enciclopedia de Otto Vidas paralelas Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarPericles era fillo de Xantipo, un oficial de mariña que en Salamina gañou o rango de almirante e mandou a frota na vitoriosa batalla de Micala, e de Agárista, sobriña segunda de Clístenes. Rival de Cimón no ano 459 a.C. e xefe do partido democrático, exerceu sobre os seus cidadáns unha profunda influencia, xeralmente beneficiosa. Logo da morte de Cimón, condenou a Tucídides ao ostracismo. Fundou en sólidas bases a potencia naval e colonial de Atenas, someteu a illa de Eubea no ano 446 a.C., a Samos no 440 a.C. e fixo tomar parte a Atenas na guerra do Peloponeso.
Discípulo de Anaxágoras de Clazomenas e de Zenón de Elea, foi amigo de Fidias e atraeu a Atenas ao arquitecto Hipodamo de Mileto, ao filósofo Protágoras de Abdera e ao historiador Heródoto. Na súa época brillaron Sófocles e Eurípides, máximas figuras do teatro grego e destacou o círculo de Aspasia. Fomentou as artes e letras e adornou a Atenas con admirábeis monumentos, como o Partenón e os Propileos e mereceu dar o seu nome ao século máis brillante de Grecia.
Morreu como consecuencia da epidemia de tifo que se desencadeou en Atenas entre os anos 430 a.C. e 426 a.C., e que acabou cunhas 300.000 persoas. Segundo un estudo publicado a principios do 2006, levado a cabo pola Universidade de Atenas, tratouse dunha febre tifoide. Este dato foi revelado polo ADN extraído duns dentes achados nun enterramento grego, no cemiterio de Kerameikos, que amosaban similitude coa Salmonella enterica serotipo Typhi (organismo responsable da citada febre). No mencionado enterramento acháronse 150 corpos, xunto con diversas vasillas e ofrendas.