Quebraondas
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Un quebraondas, ou crebaondas,[1] é unha estrutura costeira que ten por finalidade principal protexer a costa ou un porto da acción das ondas do mar ou do clima.
Son calculados, normalmente, para unha determinada altura de onda cun período de retorno especificado.
O cálculo e deseño dunha estrutura marítima deste porte, así como o de diques, molles ou peiraos, e outras estruturas marítimas, é realizado por enxeñeiros oceánicos ou especialistas en enxeñaría hidráulica, recorrendo a modelos físicos e/ou matemáticos.
Terminoloxía
editarEstas estruturas de defensa costeira, que se dispoñen transversalmente en relación á costa, e que teñen como funcións a retención de sedimentos de forma que impidan a erosión costeira desígnanse como espigóns.[2]
As estruturas que teñan como función fixar unha barra para asegurar a navegación chámanse molles.
Cando o quebraondas dispón dunha vía ou camiño para os viandantes poder transitar, recibe o nome específico de malecón. Como, por exemplo, o famoso malecón da Habana.
Nas pontes
editarTamén se chaman quebraondas unha parte dos piares dunha ponte, que ten a finalidade de aguantar a presión da auga. Son normalmente obras angulares colocadas do lado da corrente, denominándose montantes. Cando están do lado oposto, chámanse tallante, e serven de contrafortes.
Notas
editar- ↑ Dicionario visual da construción (PDF). Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Consultado o 21-8-2016.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para espigón.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Quebraondas |