Quidditch Through the Ages
Quidditch Through the Ages (en galego, Quidditch a través dos tempos) é un libro escrito pola británica J. K. Rowling, publicado no ano 2001, que trata sobre o quidditch no universo de Harry Potter. O libro pretende ser a copia presente na biblioteca de Hogwarts mencionado en varias das novelas da serie Harry Potter.
Quidditch Through the Ages | |
---|---|
Título orixinal | Quidditch Through the Ages |
Autor/a | J. K. Rowling (como "Kennilworthy Whisp") |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | Inglés |
Tema(s) | Quidditch Through the Ages e quadribol |
Xénero(s) | Fantasía |
Editorial | Bloomsbury Scholastic Raincoast |
Data de pub. | 2001 |
Páxinas | 56 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O nome de Rowling non aparece na portada do libro; en cambio, a obra está publicada baixo o pseudónimo "Kennilworthy Whisp". Polo de agora, non hai tradución ao galego.
O 80% dos beneficios obtidos coa venda dos libros van dirixidos a nenos pobres de todo o mundo a través da fundación Comic Relief. Segundo Comic Relief, as vendas deste libro, xunto ao seu compañeiro Fantastic Beasts and Where to Find Them, ascenden a 15,7 millóns de libras esterlinas.
Sinopse
editar- Véxase tamén: Quidditch.
En 2001, Rowling escribiu dous libros complementarios á serie Harry Potter, Quidditch Through the Ages e Fantastic Beasts and Where to Find Them, con fins caritativos: Comic Relief recibe os beneficios obtidos coas vendas. Ata xullo de 2008, estímase que os libros produciron máis de 30 millóns de dólares para Comic Relief.[1]
O libro ficticio
editarDentro do mundo ficticio de Harry Potter, Quidditch Through the Ages está escrito por Kennilworthy Whisp, un experto en quidditch de renome.
O libro relata a historia do quidditch, así como a dos primeiros xogos que se practicaban con vasoira. Cando Severus Snape cachou a Harry fóra da escola con este libro en Harry Potter e a pedra filosofal, o profesor inventou a norma de que non estaba permitido levar os libros da biblioteca ó exterior, e confiscoullo.
Kennilworthy Whisp
editarNo universo de Harry Potter, Kennilworthy Whisp é un experto e fanático do quidditch que escribiu moitos libros sobre o deporte. Vive en Nottinghamshire e entre as súas afeccións atópanse o backgammon, a cociña vexetariana e coleccionar vasoiras vellas.
Notas
editar- ↑ JKR/WB vs. RDR Books Transcript, Day One http://cyberlaw.stanford.edu/system/files/Trial+Transcript+Day+1.txt Arquivado 30 de abril de 2008 en Wayback Machine.