Seamus Heaney, nado o 13 de abril de 1939 en Derry (Irlanda do Norte) e finado en Dublín o 30 de agosto de 2013 [1] foi un escritor irlandés. En 1995 foi galardoado co Premio Nobel de Literatura.

Modelo:BiografíaSeamus Heaney

Seamus Heaney dirixíndose ao colexio de avogados na Universidade de Dublin no 2009
Nome orixinal(en) Seamus Heaney Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de abril de 1939
Derry, Irlanda do Norte
Morte30 de agosto de 2013 (85 anos)
Dublín, Irlanda
Causa da morteictus Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónSt Columb's College
Queen's University of Belfast (pt) Traducir
Bates College Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndramaturgo, escritor, profesor universitario, actor, poeta, tradutor, lingüista, autor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1966 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorUniversidade Harvard
Universidade de California, Berkeley Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía
Influencias
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeMarie Devlin Editar o valor en Wikidata
PaisPatrick Heaney Editar o valor en Wikidata  e Margaret Kathleen McCann Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Seamus Heaney: An Introduction (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2573636 IBDB: 15021
BNE: XX877721 Bitraga: 851 Dialnet: 158369 Last fm: Seamus+Heaney Musicbrainz: c867c229-53a9-447e-8191-9cbccd4a827d Songkick: 394057 Discogs: 1080135 Allmusic: mn0001690109 WikiTree: Heaney-480 Find a Grave: 116281839 Genius: Seamus-heaney Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

En 1957 marchou a Belfast para estudar literatura na Queen’s University, onde impartiu clases entre 1966 e 1972 antes de dedicarse plenamente á literatura. Heaney, católico irlandés, afectado pola violencia entre católicos e protestantes no Ulster, decidiu trasladarse a Dublín en 1972. No Carysfort College desta cidade impartiu clases entre 1975 e 1980. Obtivo unha cátedra na Universidade Harvard (Massachusetts) en 1984, e entre 1989 e 1994 foi catedrático de Poesía na Universidade de Oxford (Inglaterra).

No ano 2000 foi investido Doutor Honoris causa pola Universidade da Coruña[2].

A poesía de Heaney, desde os seus comezos en Death of a naturalist (1966), estivo ancorada nos contextos físicos e rurais da súa infancia. A medida que se desenvolve a súa obra, eses escenarios convértense no foco dunha busca arqueolóxica dos mitos e historias que contribuíron a configurar a violenta situación política de Irlanda do Norte, que só tratou abertamente en North (1975). A obra de Heaney mostra unha gran flexibilidade rítmica, pero é sobre todo a intensidade do seu linguaxe, que contrasta co silencio da xentes que describe, o que a fixo famosa. Outros libros seus son: Door into the Dark (1969), Wintering Out (1972), Traballo de campo (1979) (traducido ao galego por Vicente Araguas en 1996), Station Island (1984), The Haw Lantern (1987), Seeing Things (1991), The Spirit Level (1996, premio Whitbread), Electric Light (2001). Seamus publicou en 2000 unha tradución ao inglés moderno do poema épico anglosaxón Beowulf que se converteu nun best-séller no Reino Unido e nos Estados Unidos, e pola que recibiu novamente o premio Whitbread. En galego tamén está traducida a obra teatral A cura en Troia: versión do Filoctetes de Sófocles.[3]

Tamén escribiu diversos ensaios de crítica literaria: Preoccupations: Selected Prose 1968–1978 (1980) e The Government of the Tongue (1988). Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1995.

  1. "O adeus galego a Seamus Heaney, o irlandés con 'imaxinación poética' da Fisterra" Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine., artigo en Sermos Galiza, 2 de setembro de 2013.
  2.   Vídeo da investidura de Seamus Heaney como Doutor honoris causa pola Universidade da Coruña.
  3. Heaney, Seamus (1998). A cura en Troia : versión do Filoctetes de Sófocles. Vigo: Edicións Xerais. ISBN 8445322036.