Secuencia reguladora
Unha secuencia reguladora é un segmento dunha molécula de ácido nucleico, que pode facer incrementar ou diminuír a expresión de xenes específicos nun organismo. A regulación da expresión xénica é unha característica esencial de todos os seres vivos e dos virus.
No ADN, a regulación da expresión xénica prodúcese normalmente a nivel da síntese do ARN (transcrición), e realízase por medio de proteínas que se unen a secuencias específicas (factores de transcrición) que activan ou inhiben a transcrición. Os factores de transcrición poden actuar como activadores, represores, ou como ambos. Os represores a miúdo actúan impedindo que a ARN polimerase forme un complexo produtivo coa rexión de iniciación da transcrición (promotor), mentres que os activadores facilitan a formación dun complexo produtivo. Ademais, os motivos presentes no ADN son preditivos para indicar as modificacións epixenómicas, o que suxire que os factores de transcrición xogan un papel na regulación do epixenoma.[1]
No ARN, pode haber regulación a nivel da síntese de proteínas (tradución), clivaxe do ARN, splicing do ARN, ou terminación da transcrición. As secuencias reguladoras están asociadas frecuentemente con moléculas de ARN mensaxeiro (ARNm), onde se utilizan para controlar a bioxénese do ARNm ou a tradución. Para realizar esta regulación poden unirse ao ARN unha variedade de moléculas biolóxicas, como proteínas (por exemplo represores traducionais e factores de splicing), outras moléculas de ARN (por exemplo microARN) e pequenas moléculas no caso dos riboswitches.
Están a realizarse investigacións para atopar todas as rexións reguladoras dos xenomas de todo tipo de organismos.[2] As secuencias non codificantes conservadas a miúdo conteñen rexións reguladoras, polo que son sometidas a estas análises.
Algunhas secuencias reguladoras
editar- Caixa CAAT
- Caixa CCAAT
- Operador (bioloxía)
- Caixa de Pribnow
- Caixa TATA
- Elemento SECIS, en ARNm
- Sinais de poliadenilación, en ARNm
- Caixa A
- Caixa Z
- Caixa C
- Caixa E
- Caixa G
Exemplo: O xene da insulina
editarSecuencias reguladoras no caso do xene da insulina:[3]
Notas
editar- ↑ Whitaker JW, Zhao Chen, Wei Wang. (2014) Predicting the Human Epigenome from DNA Motifs. Nature Methods. doi:10.1038/nmeth.3065
- ↑ Stepanova et al., Bioinformatics, 21(9): 1789-96, year 2005. A comparative analysis of relative occurrence of transcription factor binding sites in vertebrate genomes and gene promoter areas
- ↑ Melloul et al., Diabetologica, 45, 309-326, year 2002. Regulation of insulin gene transcription
- ↑ Biochemical and Biophysical Research Communications ...
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Xene regulador
- Regulación da expresión xénica
- Elemento que actúa en cis
- Operón
- Sitio de unión ao ADN
- Promotor
- Factor que actúa en trans
Ligazóns externas
editar- ORegAnno - Open Regulatory Annotation Database Arquivado 21 de marzo de 2021 en Wayback Machine.