Sociedade Galega de Historia Natural
Suxeriuse que "Grupo Ornitolóxico Galego" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) é unha asociación científica e cultural galega adicada ao estudo, divulgación, conservación e defensa do medio natural.[1][2] A SGHN ten a súa sede en Santiago de Compostela e conta con delegacións en varias localidades galegas.[1] Constituíuse en 1976 grazas ao movemento de persoas ligadas ao Grupo Ornitolóxico Galego que se fundara en 1973.[2] Conta cun museo en Ferrol, actualmente nun edificio militar cedido ao concello, que conta con exposicións de interese biolóxico e xeolóxico.[1]
Sociedade Galega de Historia Natural | |
---|---|
Tipo | sociedade científica |
Data de fundación | 1976 |
Sede | Santiago de Compostela |
País | Galicia |
Na rede | |
https://www.sghn.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Actividades
editarA SGHN ten a súa sede en Santiago de Compostela e delegacións en Sada, Ferrol, Ourense e Pontevedra. Conta coas seccións:
- Astronomía e contaminación luminosa (con sede en Ferrol)
- Botánica
- Entomoloxía (sede en Vilagarcía de Arousa)
- Herpetoloxía (sede en Vilagarcía de Arousa)
- Mamíferos mariños (sede en Ferrol)
- Museo de Historia Natural (sede en Ferrol)[3]
- Ornitoloxía (sede en Santiago de Compostela)
Publicacións
editarAs publicacións da SGHN inclúen revistas, atlas e censos de aves (tamén on-line) [4][5][6][7][8], routeiros e monografías co fin de divulgar a súa actividade, presentar diversas investigacións e fomentar o coñecemento do medio natural galego. A totalidade do importe recaudado pola venda das publicacións e calquera material propio da SGHN destínase ós fins estatuarios da SGHN: estudar, divulgar e protexer o medio natural.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Torrella Allegue, Pablo; Rodríguez Silvar, Juan (Novembro de 2017). "O Museo da Sociedade Galega de Historial Natural, corenta e un anos despois do nacemento da entidade" (PDF). Boletín do Museo do Castro de Viladonga: 180–187.
- ↑ 2,0 2,1 Sociedade Galega de Historia Natural (eds.). "Quen somos".
- ↑ "Museo de Historia Natural". Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2013. Consultado o 31 de agosto de 2013.
- ↑ Rey Noya, Brais. "Atlas de Hérpetos 2009". Sociedade Galega de Historia Natural. Consultado o 2022-01-23.
- ↑ Rey Noya, Brais. "Atlas de Vertebrados 1995". Sociedade Galega de Historia Natural. Consultado o 2022-01-23.
- ↑ Rey Noya, Brais. "Atlas EEI botánica 2017-2022". Sociedade Galega de Historia Natural. Consultado o 2022-01-23.
- ↑ Rey Noya, Brais. "Atlas Insectos 2015". Sociedade Galega de Historia Natural. Consultado o 2022-01-24.
- ↑ Rey Noya, Brais. "Censos de aves acuáticas invernantes". Sociedade Galega de Historia Natural. Consultado o 2022-01-24.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|