Václav Havel, pronunciado ['va:ʦlaf 'ɦavɛl], nado en Praga o 5 de outubro de 1936 e finado o 18 de decembro de 2011 na mesma cidade, foi un escritor, dramaturgo e político checo. Foi o último presidente de Checoslovaquia e o primeiro presidente da República Checa.

Modelo:BiografíaVáclav Havel

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de outubro de 1936 Editar o valor en Wikidata
Praga (Checoslovaquia) Editar o valor en Wikidata
Morte18 de decembro de 2011 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Hrádeček, República Checa (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteInsuficiencia respiratoria Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Vinohrady (pt) Traducir (2012–) Editar o valor en Wikidata
Presidente da República Checa
2 de febreiro de 1993 – 2 de febreiro de 2003
← sen valor – Václav Klaus →
President of Czechoslovakia (en) Traducir
29 de decembro de 1989 – 20 de xullo de 1992
← Gustáv Husák (pt) TraducirSupresión do cargo →
Spokesperson of Charter 77 (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaRašínovo nábřeží 78 (en) Traducir (1986–1993)
Rašínovo nábřeží 78 (en) Traducir (1936–1971)
U dejvického rybníčku (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatólico non practicante Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Técnica de Praga (1955–1957)
Akademické gymnázium Štěpánská (en) Traducir (–1955)
Faculty of Theatre, Academy of Performing Arts in Prague (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeatro, drama, xornalismo de opinión e política Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, Activista polos dereitos humanos, Disidencia, ensaísta, filósofo, director de cinema, realizador, poeta, dramaturgo, político, xornalista de opinión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade - 2011 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorDivadlo Na zábradlí (en) Traducir (1960–1968)
University of Chemistry and Technology (en) Traducir (1951–1955)
Divadlo ABC (en) Traducir
Divadlo satiry (en) Traducir
Divadlo U Nováků (en) Traducir
Osvobozené divadlo (en) Traducir
Brewery Krakonoš (en) Traducir
Divadlo státního filmu (en) Traducir
City Theatres of Prague (en) Traducir
Divadlo V + W (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoForo Cívico (1989–1991) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeDagmar Havlová (1997–2011), morte da persoa
Olga Havlová (1964–1996), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
PaisVáclav M. Havel Editar o valor en Wikidata  e Božena Vavrečková Editar o valor en Wikidata
IrmánsIvan M. Havel Editar o valor en Wikidata
ParentesDagmar Havlová, cuñada
Hugo Vavrečka, avó
Vácslav Havel, avó Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
9 de decembro de 1997Václav Havel's speech at the Rudolfinum in 1997 (en) Traducir (Dvořák Hall (en) Traducir)
prisioneiro de conciencia Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteUbuWeb
Obálky knih,
Medvik >>>:Havel, Václav, 1936-2011, Editar o valor en Wikidata
Páxina webvaclavhavel.cz Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0369730 IBDB: 408781
BNE: XX1120254 Dialnet: 1809776 Musicbrainz: db4d9427-7fa9-4927-a5a4-f8b306c87d5c Discogs: 802365 WikiTree: Havel-186 Find a Grave: 82101984 Editar o valor en Wikidata
Václav Havel en 2006.

Traxectoria

editar

Naceu no seo dunha familia acomodada de Praga, propietaria dun estudio cinematográfico e doutras empresas. Trala instauración dun goberno comunista en Checoslovaquia en 1948, a posición da súa familia viuse cuestionada e Hável non puido seguir estudos universitarios. Traballou como asistente nun laboratorio de química e despois como tremoísta ata que logrou establecerse como dramaturgo a partir de 1960, tras estudar literatura por correspondencia. En 1967 licenciouse finalmente en Arte Dramática. Neses anos cadou sona como autor poético con obras como Zahradni slavnost (1963) e Vyrozumeni (1965) e pertenceu literariamente a un grupo de escritores nucleado ao redor da revista Tvar.

Durante a Primavera de Praga de 1968, Hável xa era ben coñecido como dramaturgo e apoiou dende debates públicos e emisións de radio o programa de reformas impulsado por Alexander Dubcek. Opúxose publicamente á invasión soviética de Checoslovaquia que seguiu a estes feitos, e como consecuencia converteuse nun dos obxectivos centrais da represión post-primavera praguense. En 1969 tivo que deixar Praga e instalarse en Trutnova. Durante os anos seguintes foi encarcerado en diversas ocasións polas súas publicacións en defensa dos dereitos humanos, contra a censura e na defensa da democracia. En 1977 foi un dos promotores do movemento Carta 77, polo que foi acusado de sedición e condenado a prisión en 1979. Esta experiencia fixo medrar a súa sona dentro e fóra de Checoslovaquia como disidente. Excarcelado en 1984, Hável continuou dedicado ás actividades políticas e en 1989 foi elixido como líder do grupo opositor Foro Cívico, en paralelo ao proceso de perestroika que se estaba desencadeando na Unión Soviética. En 1986 foi galardoado co Premio Erasmus.[1]

 
Václav Havel en 2010

Firme defensor da resistencia non-violenta, tornouse unha icona da Revolución de Veludo no seu país, en 1989. O 29 de decembro de 1989, na calidade de xefe do Fórum Cívico, foi elixido presidente de Checoslovaquia polo voto unánime da Asemblea Federal; mantívose no cargo despois das eleccións libres de 1990, as primeiras no país dende a segunda guerra mundial.

A pesar das crecentes tensións, Havel apoiou a preservación da federación entre checos e eslovacos que finalmente conduciron á disolución da Checoslovaquia. O 3 de xullo de 1992, o parlamento federal non logrou elixilo único candidato a presidente debido á falta de apoio dos deputados eslovacos. Havel dimitiu oficialmente como presidente de Checoslovaquia o 20 de xullo de 1992. O 1 de xaneiro de 1993 fíxose efectiva a partición de Checoslovaquia. Cando se creou a República Checa, presentouse candidato ao cargo de presidente e venceu as eleccións o 26 de xaneiro de 1993.

Durante este primeiro mandato como presidente checo, apoiou a integración de Chequia na OTAN e iniciou o proceso para o futuro ingreso do país na Unión Europea. En 1996 a Havel diagnosticáronlle un cancro de pulmón e quedou viúvo. Malia iso, presentouse á reelección como presidente do país en 1998 e venceu as deleccións. Logo de agravarse o seu estado de saúde, deixou o posto de presidente o 2 de febreiro de 2003, e sucedeuno o seu grande adversario, Václav Klaus. Durante os últimos anos da súa vida dedicouse a dar conferencias e á escrita literaria.


Predecesor:
Gustav Husák
  
Presidente de Checoslovaquia
 
1989 - 1992
Sucesor:
Jan Stráský, en funcións
Predecesor:
non houbo
  
Presidente da República Checa
 
1993 - 2003
Sucesor:
Václav Klaus

Textos teatrais

editar
  • Rodinný večer, 1960
  • Zahradní slavnost, 1963
  • Vyrozumění, 1965
  • Ztížená možnost soustředění, 1968
  • Anděl strážný, 1968
  • Motýl na anténě, 1968
  • Spiklenci, 1971
  • Žebrácká opera, 1972
  • Audience, 1975
  • Vernisáž, 1975
  • Horský hotel, 1976
  • Protest, 1978
  • Chyba, 1983
  • Largo desolato, 1984
  • Pokoušení, 1985
  • Asanace, 1987
  • Zítra to spustíme, 1988
  • Odcházení, 2007

Ensaios

editar
  • Dopis Gustávu Husákovi, 1975
  • Moc bezmocných, 1978
  • Politika a svědomí, 1984
  • Anatomie jedné zdrženlivosti, 1985
  • Děkovná řeč za Erasmovu cenu, 1986
  • O smyslu Charty 77, 1986
  • Příběh a totalita, 1987
  • Slovo o slovu, 1989

Poesía

editar
  • Antikódy, 1964
  • Protokoly, 1966
  • Dopisy Olze, 1983
  • O lidskou identitu, 1984
  • Dálkový výslech, 1986
  • Do různých stran, 1989
  • Projevy, 1990
  • Letní přemítání, 1991
  • Pižďuchové, 2003
  • Prosím stručně, 2006

Vida privada

editar

Václav Havel casara con Olga Splichawba-Havlova, que faleceu en 1996. Ao ano seguinte casou coa actriz Dagmar Veskronova-Havlova.

  1. Fundación Praemium Erasmianum (ed.). "Former Laureates - Praemium Erasmianum". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2019. Consultado o 9 de novembro de 2015. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar