Saltar ao contido

Sōsō no Frieren: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{Título en cursiva}}{{Animanga cabeceira|título=Sōsō no Frieren|nome_xa=葬送のフリーレン|imaxe=Sōsō_no_Frieren_logo.png|xénero=Shounen, Fantasía}} {{Animanga manga|título= |autor=Yamada Kanehito (guión), Abe Tsukasa (ilustracións)|publicante=Weekly Shounen Sunday|editorial={{JPNb}} Shougakukan|data_inicio=28 de abril de 2020<ref>https://natalie.mu/comic/news/377184</ref>|data_fin=actualidade|núm_volumes=11}} {{Animang..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 27 de novembro de 2023 ás 23:45

Sōsō no Frieren
{{{caption}}}
葬送のフリーレン
XéneroShounen, Fantasía
Manga  
Creado por Yamada Kanehito (guión), Abe Tsukasa (ilustracións)
Editor Weekly Shounen Sunday
Publicado en Shougakukan
Primeira edición 28 de abril de 2020[1]
Última edición actualidade
Núm. de volumes 11
Anime  
Dirixido por Saitou Keiichirou
Estudio MADHOUSE
Canle televisiva NTV, outros
Primeira emisión 29 de setembro de 2023
Última emisión actualidade
Núm. de capítulos 28[2]

Sōsō no Frieren (葬送のフリーレン?, lit. Frieren do Funeral) é unha serie de manga xaponesa creada por Yamada Kanehito e ilustrada por Abe Tsukasa. Publícase na revista semanal Weekly Shounen Sunday dende o ano 2020.

Foi gañadora da 14ª Edición do Manga Taishou e o Premio Shinsei da 25ª Edición do Premio Cultural Osamu Tezuka. A data de novembro de 2023, o número total de volumes en circulación ten superado as 11 millóns de copias[3].

Sinopse

O grupo de 4 heroes que derrotou ó Rei Demo, formado polo heroe Himmel, o monxe Heiter, o guerreiro Eisen e a maga Frieren, voltan á capital conmovidos trala súa viaxe de 10 anos, mais a Frieren, sendo unha elfa que fácilmente pode vivir máis de 1000 anos, resultoulle unha viaxe tremendamente curta. Antes de separaren, coa promesa de voltar a encontrarse, os catro contemplan o Meteoro da Era, o cal dise só pasa cada 50 anos.

Frieren reúnese cun Himmel xa envellecido 50 anos máis tarde e, xunto con Heiter e Eisen, voltan a ver a choiva de meteoritos. Himmel falece pouco despóis e, no seu funeral, Frieren chora ao entender que non sabía nada de Himmel e nunca se esforzara por averiguar máis del. Confundida pola súa dor, Frieren emprende unha viaxe para coñecer aos humanos e coleccionar maxia e feitizos.

Vinte anos despois, Frieren visita ó anciano Heiter. Este lle pide a Frieren que descifre as escrituras dun grimorio e tome a unha orfa de guerra, Fern, como aprendiz. Catro anos máis tarde Heiter falece, Frieren remata de descrifrar o grimorio, e Fern convertiuse nunha maga habilidosa. Entón, ambas emprenden xuntas unha nova viaxe.

Notas