Saltar ao contido

Arturo Casas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Todesfuge (conversa | contribucións)
Todesfuge (conversa | contribucións)
Máis ligazóns externas
Liña 28: Liña 28:
*[http://www.xerais.es/cgigeneral/ficha_autor.pl?id_autor=100008604&id_sello_editorial_web=13&origen=3&salto=0&adelante=1 ''Ficha autor'' en Xerais].
*[http://www.xerais.es/cgigeneral/ficha_autor.pl?id_autor=100008604&id_sello_editorial_web=13&origen=3&salto=0&adelante=1 ''Ficha autor'' en Xerais].
*[http://web.usc.es/~tlcasas/ Páxina persoal da USC].
*[http://web.usc.es/~tlcasas/ Páxina persoal da USC].
*[http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=artcasas&alias=Arturo+Casas Autobiografía na BVG]
*[http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=artcasas&alias=Arturo+Casas Autobiografía na BVG].
*[http://www.aelg.org/Centrodoc/GetAuthorById.do?id=autor14 Arturo Casas na AELG].
*[http://dialnet.unirioja.es/servlet/extaut?codigo=264838 Arturo Casas en Dialnet].


[[Categoría:Escritores en lingua galega|Casas Vales, Arturo]]
[[Categoría:Escritores en lingua galega|Casas Vales, Arturo]]

Revisión como estaba o 20 de maio de 2008 ás 09:37

Arturo Casas Vales (A Coruña, 1958) é un teórico da literatura licenciado en Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa, ademais de doutor en Filoloxía Hispánica, poeta, tradutor e ensaísta. Como investigador ten atendido varios campos, entre os cales se atopan a obra de Rafael Dieste e os seus núcleos de acción cultural e política, o pensamento estético-literario contemporáneo, a teoría do poema, a intervención e o acto críticos, os estudos sistémicos, a metodoloxía da Historia literaria e a poesía do século XX, con especial atención á galega nos períodos 1916-1936 e 1976 en adiante. Actualmente imparte clases de Teoría da Literatura e Literatura Comparada na USC.

Obras

Como poeta

Como investigador e crítico literario

  • Rafael Dieste, Encontros e vieiros. Once charlas sobre plástica, teatro e literatura, (1990). Ediciós do Castro. Edición e introdución.
  • Rafael Dieste, Fragua íntima. Aforismos (1926-1975), (1991). Edición, introdución e notas.
  • Rafael Dieste e a súa obra literaria en galego, (1994). Galaxia.
  • La teoría estética, teatral y literaria de Rafael Dieste, (1997). Universidade de Santiago de Compostela.
  • Dicionario de termos literarios (A-D), (1998). Centro "Ramón Piñeiro" para a Investigación en Humanidades – Xunta de Galicia . Autoría conxunta do Equipo Glifo.
  • La descripción literaria. Traza fenomenológica y semiótico-hermenéutica, (1999). Episteme.
  • Bibliografía sistemática de teoría literaria, (2002). Universidade de Santiago de Compostela.
  • Dicionario de termos literarios (E-H), (2003). Centro "Ramón Piñeiro" para a Investigación en Humanidades - Xunta de Galicia. Autoría conxunta do Equipo Glifo.
  • Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000, (2003). Editorial TrisTram.
  • Elementos de crítica literaria, (2005). Xerais. Colectiva.
  • DiTerLi. Base de datos do Dicionario de termos literarios, (2006). Centro "Ramón Piñeiro" para a Investigación en Humanidades - Xunta de Galicia . Dirección conxunta do Equipo Glifo.

Como tradutor

  • Vello ceo nórdico. Antoloxía da poesía estonia contemporánea. Edición trilingüe estonio-galego-inglés. Monografías do Boletín Galego de Literatura [1], Universidade de Santiago de Compostela, (2002). Edición en colaboración con Jüri Talvet.
  • Pluriversos: Seis poetas irlandesas de hoxe. Edición bilingüe inglés-galego ou gaélico-galego ao coidado de Manuela Palacios. Follas Novas Edicións. Colaboración do Ireland Literature Exchange/Idirmhalartán Litríocht Éireann, col. Libros da Frouma, 2003. Tradución en colaboración con Manuela Palacios.

Véxase tamén

Ligazóns externas