Saltar ao contido

Alfonso Rueda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlfonso Rueda

Alfonso Rueda na inauguración do CSA da Cidade das TIC (2023) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de xullo de 1968 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Presidente do Partido Popular de Galicia
22 de maio de 2022 –
← Alberto Núñez Feijóo
Presidencia da Xunta de Galicia
14 de maio de 2022 –
← Alberto Núñez Feijóo
Vicepresidente da Xunta de Galicia
2 de decembro de 2012 – 12 de maio de 2022
← sen valor – Francisco Conde López →
Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
18 de abril de 2009 – 12 de maio de 2022
← José Luis Méndez RomeuDiego Calvo Pouso →
Deputado do Parlamento de Galicia
1 de abril de 2009 –
Circunscrición electoral: Pontevedra
Secretario Xeral do Partido Popular
2006 – 2016
← Xesús PalmouMiguel Tellado → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela - dereito Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, funcionario Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMarta Coloret (2000–) Editar o valor en Wikidata
PaisJosé Antonio Rueda Crespo Editar o valor en Wikidata  e Dolores de Valenzuela Lopez-Montenegro Editar o valor en Wikidata

Twitter: AlfonsoRuedaGal BUSC: rueda-de-valenzuela-alfonso-1968 Editar o valor en Wikidata

Alfonso Rueda Valenzuela, nado en Pontevedra o 8 de xullo de 1968, é un avogado e político galego do PPdeG. É o actual presidente da Xunta de Galicia dende 2022.

Traxectoria profesional

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Funcionario da Administración local, foi secretario nos concellos de Cervantes, A Cañiza e Cambados e secretario-interventor da Mancomunidade da Paradanta.[1]

Traxectoria política

[editar | editar a fonte]

Fillo do político popular José Antonio Rueda Crespo, iniciouse na política en Novas Xeracións, sendo elixido en 1993 presidente de NNGG de Pontevedra. Foi xefe de gabinete do conselleiro Xesús Palmou, e director xeral da Administración Local da Xunta de Galiza entre os anos 2000 e 2005.

Foi secretario xeral do PPdeG, desde o ano 2006 até maio de 2016, cando foi substituído por Miguel Tellado.[2]

Dende a elección de Alberto Núñez Feijóo como presidente autonómico do partido, Rueda encargouse da secretaría xeral en Galiza, concorrendo ás eleccións galegas de 2009 na candidatura electoral da provincia de Pontevedra, acadando o escano e sendo designado posteriormente Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en abril do mesmo ano.

Logo da segunda vitoria electoral de Alberto Núñez Feijóo á presidencia da Xunta, foi nomeado vicepresidente da mesma, cargo que permanecía vacante desde o cesamento de Anxo Quintana en 2009.[3][4]

O 13 de marzo de 2016 remudou a Rafael Louzán como presidente provincial do PPdeG en Pontevedra logo de que o seu partido perdera a presidencia da Deputación.[5]

Despois da dimisión de Núñez Feijóo como presidente da Xunta, o 11 de maio de 2022 foi investido xefe do executivo galego cos votos favorables de 41 deputados que se correspondían cos do Partido Popular de Galicia menos Pedro Puy Fraga que estaba convalecente dun infarto.[6] Xurou como presidente no Salón dos Reis do Parlamento de Galicia o día 14 de maio.[7] Dous días máis tarde presidiu o seu primeiro Consello da Xunta no Pazo de Raxoi logo de confirmar no seu cargo a todos os conselleiros precedentes e nomear a Diego Calvo para a vacante que el deixara na Consellería de Presidencia.[8]

O 22 de maio de 2022 foi escollido presidente do Partido Popular de Galicia no seu 18º Congreso, celebrado en Pontevedra: único candidato, logrou o 97,2% dos votos dos compromisarios.[9]

Polémicas

[editar | editar a fonte]

En febreiro de 2009, uns meses antes das eleccións autonómicas, Alfonso Rueda participou na manifestación convocada polo colectivo Galicia Bilingüe en Santiago de Compostela, en contra da ampliación das horas lectivas en lingua galega que estaba a impulsar o goberno da Xunta.[10]

Sendo xa presidente, respaldou o polémico protocolo para limitar o dereito ao aborto impulsado pola Xunta de Castela e León.[11]

  1. "Parlamento de Galicia.". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 2016-09-29. 
  2. "Miguel Tellado releva a Alfonso Rueda como número dos del PP gallego". Economía Digital. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2016. Consultado o 2016-09-29. 
  3. "Feijoo eleva a Alfonso Rueda a vicepresidente de la Xunta". La Voz de Galicia. 2012-12-02. Consultado o 2016-09-29. 
  4. "DECRETO 230/2012, do 2 de decembro, polo que se nomea a Alfonso Rueda Valenzuela vicepresidente da Xunta de Galicia.". Diario Oficial de Galicia. Consultado o 2016-09-29. 
  5. "Alfonso Rueda, elegido presidente del PP de Pontevedra con el 97,14 % de los votos". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-03-13. Consultado o 2016-09-29. 
  6. "Alfonso Rueda, proclamado presidente da Xunta, sexto da historia autonómica". G24. Consultado o 2022-05-21. 
  7. "Alfonso Rueda xura sobre o Estatuto o seu cargo como presidente da Xunta". Praza Pública. 2022-05-14. Consultado o 2022-05-21. 
  8. "PERFÍS: Así son as diferentes caras que compoñen o goberno de Alfonso Rueda". Galicia Confidencial. Consultado o 2022-05-21. 
  9. "Alfonso Rueda, o secretario municipal que ascendeu na Xunta como "poli malo" de Feijóo". Galicia Confidencial. Consultado o 2022-05-22. 
  10. "La plana mayor del PP arropa la manifestación de Galicia Bilingüe". 9/2/2009. Consultado o 2/2/2023. 
  11. "Rueda defiende el protocolo del aborto en CyL porque "respeta los derechos" de mujeres y santarios". 16/1/2023. Consultado o 2/2/2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Alberto Núñez Feijoo
 
Presidente da Xunta de Galicia
 
2022 - actualidade
Sucesor:
no cargo
Predecesor:
novo cargo
 
Vicepresidente da Xunta de Galicia
 
2012 - 2022
Sucesor:
Francisco Conde López
Predecesor:
José Luis Méndez Romeu
 
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
 
2009 - 2022
Sucesor:
Diego Calvo Pouso
Predecesor:
Alberto Núñez Feijóo
 
Presidente do PP de Galicia
 
2022 − actualidade
Sucesor:
no cargo
Predecesor:
Rafael Louzán
 
Presidente do PP na provincia de Pontevedra
 
20162022
Sucesor:
Luis López Diéguez