Iode
Aparencia
Iode (י, pronunciada /j/) é a décima letra do alfabeto hebreo. Procede dunha letra do alfabeto fenicio.
En fenicio como en hebreo, esta letra representa unha consoante (API [j]) pero no iota (Ι, ι) do alfabeto grego (saído do fecinio), representa sempre a vogal /i/ (pois o fonema /j/ desaparecera da lingua, pero non o son [j]). É digno de mención que o derivado latino, a letra I, servise aos romanos para notar á vez /i/ e /j/. O seu valor numérico é 10.
Ademais, iode é o nome dado en fonética á semiconsoante ou semivogal palatal.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para iode.