Saltar ao contido

Multimedia

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 31 de decembro de 2018 ás 00:44 por Elisardojm (conversa | contribucións) ({{1000 artigos icona título|materia=Tecnoloxía da información e da comunicación}})
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Multimedia é unha combinación de formas de contido:

Texto Son Imaxe
Animación Vídeo Interactividade

Multimedia é un termo que se aplica a calquera obxecto que usa, simultaneamente, diferentes formas de contido informativo como texto, son, imaxe, animación e vídeo para informar ou entreter o usuario. Tamén se pode cualificar como multimedia os medios electrónicos (ou outros medios) que permiten almacenar e presentar contido multimedia.

Características

[editar | editar a fonte]

O concepto multimedia é algo similar ao emprego tradicional de medios mistos nas artes plásticas, pero cun alcance máis amplo. Fálase de multimedia interactiva cando o usuario ten certo control sobre a presentación do contido, como o que desexa ver e cando desexa velo.

Tamén existe o concepto de hipermedia, que pode considerarse como unha forma especial de multimedia interactiva que emprega estruturas de navegación máis complexas, que aumentan o control do usuario sobre o fluxo da información. Este concepto é tan antigo como a comunicación humana, xa que ao expresarnos nunha charla normal falamos (son), escribimos ou lemos (texto), observamos ao noso interlocutor (vídeo) e facemos xestos e movementos coas mans e o resto do corpo (o que entraría dentro da animación). Co éxito das aplicacións multimedia para ordenador este termo entrou a formar parte da linguaxe habitual.

Cando un programa de ordenador, un documento ou unha presentación combina adecuadamente os medios, mellórase notablemente a atención, a comprensión e a aprendizaxe, xa que se acercará algo máis á maneira habitual en que os seres humanos nos comunicamos cando empregamos varios sentidos para comprender un mesmo obxecto ou concepto.