Saltar ao contido

Gobind Singh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 29 de outubro de 2019 ás 09:37 por InternetArchiveBot (conversa | contribucións) (Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:BiografíaGobind Singh

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de decembro de 1666 Editar o valor en Wikidata
Patna (Imperio mogol) Editar o valor en Wikidata
Morte7 de outubro de 1708 Editar o valor en Wikidata (41 anos)
Nanded (Imperio mogol) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguru (pt) Traducir, poeta, filósofo Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMata Jito
Mata Sundari
Mata Sahib Kaur Editar o valor en Wikidata
FillosSahibzada Ajit Singh
 () Mata Sundari
Sahibzada Jujhar Singh
 () Mata Jito
Sahibzada Zorawar Singh
 () Mata Jito
Sahibzada Fateh Singh
 () Editar o valor en Wikidata
PaisGuru Tegh Bahadur Editar o valor en Wikidata  e Mata Gujri Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok Editar o valor en Wikidata
Genius: Gobind-singh

Guru Gobind Singh (|gʊɾuː goːbɪn̯d̯ᵊ sɪ́ŋgᵊ|), nado como Gobind Rai en Patna o 5 de xaneiro de 1666 e finado en Hazur Sahib o 7 de outubro de 1708,[1][2] foi o décimo gurú sikh, mestre espiritual, guerreiro, poeta e filósofo indio. Cando o seu pai, Guru Tegh Bahadur, foi decapitado por rexeitar converterse ao islam,[3][4] Guru Gobind Singh instalouse formalmente como o líder dos sikhs aos nove anos.[5] Os seus catro fillos morreron mentres Singh aínda vivía, dous en batalla e dous executados polo exército mogol.[6][7][8][9]

Entre as súas contribucióna ao sikhismo están a fundación da comunidade de guerreiros sikh chamada Khalsa en 1699[10][11][12] e a introdución dos cinco K, os cinco artigos de fe que os sikhs khalsa levaban nesa época. Gobind Singh tamén continuou coa formalización da relixión, escribiu importantes textos relixiosos[13][14] e consagrou a Guru Granth Sahib como gurú eterno do sikhismo.[15]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nomeado dende o seu nacemento como Gobind Rai, foi instruído a partir dos cinco anos en linguas e literatura indoiranianas, persa e sánscrito. Foi adestrado militarmente no estilo bélico Kalaripayatu, no que acabou por dominar todas as diversas técnicas e finalmente institucionalizou o gatka como unha formación obrigatoria e fundamental para todos os sikhs.

Na súa maioría de idade alistou adeptos (varóns e mulleres) para liberarse da invasión persa, que xa levaba varios séculos oprimindo todos os estratos sociais, impoñendo á poboación a conversión ao islam mediante a tortura e obrigándoos a render tributos e ofrendas económicas ao Imperio mogol. Durante toda a súa infancia Gobind Rai foi testemuña da opresión persa sobre a poboación india, vendo aos nove anos a execución do seu pai, ordenada polo emperador Aurangzeb. Tralo asasinato, Gobind Rai foi elixido décimo e último gurú vivente, polo que se lle chamou a partir dese momento Guru Gobind Singh.

Accións e legado

[editar | editar a fonte]

Aos dezaseis anos, presidiu a corte político-marcial sikh en Anandpur Sahib. Dende o presidio Gobind Singh estivo continuamente en estado de guerra, facendo compatriotismo cos altos xefes guerreiros Kali Cchela e Durga Cchela en contra das autoridades mogolas. Estas accións obrigaron a corte sikh a saír de Anandpur en 1704, matando máis de 32 000 soldados (entre eles 1270 mulleres) e os fous fillos pequenos de Gobind Singh, asasinados por incineración.

Unha lenda épica narra como Gobind Singh deu morte ao emperador Aurangzeb, lanzándolle unha frecha ao corazón que percorreu a distancia dun quilómetro. Ao causar a morte do sanguinario Aurangzeb apoiou as pretensións do futuro emperador Bahadur Shah (1643–1712) de ocupar o trono e de abolir todos os actos violentos en contra de todas as relixións, outorgando por primeira vez a implantación non bélica do islam.

Gobind Singh morreu asasinado, tras ser ferido por unha daga no peito antes de que puidese persuadir a Bahadur Shah de permitir o regreso da corte sikh a Anandpur.

  1. Ganda Singh. "GOBIND SINGH, GURU (1666-1708)". Encyclopaedia of Sikhism. Punjabi University Patiala. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2017. Consultado o 7 de marzo de 2016. 
  2. Owen Cole, William; Piara Singh Sambhi (1995). The Sikhs: Their Religious Beliefs and Practice. Sussex Academic Press. p. 36. 
  3. Guru Tegh Bahadur Arquivado 14 de abril de 2017 en Wayback Machine. BBC Religions (2009)
  4. Jenkins, Jr., Everett (2000). The Muslim Diaspora (Volume 2, 1500-1799): A Comprehensive Chronology of the Spread of Islam in Asia, Africa, Europe and the Americas. McFarland. p. 200. ISBN 978-1-4766-0889-1. 
  5. Mayled, Jon (2002). Sikhism. Heinemann. p. 12. ISBN 978-0-435-33627-1. 
  6. Seiple, Chris; Hoover, Dennis; Otis, Pauletta (2013). The Routledge Handbook of Religion and Security. Routledge. p. 93. ISBN 978-0-415-66744-9. 
  7. Richards, John F. (1995). The Mughal Empire. Cambridge University Press. pp. 255–258. ISBN 978-0-521-56603-2. 
  8. "The Sikh Review". Sikh Cultural Centre 20 (218-229): 28. 1972. 
  9. Singh Syan, Hardip (2013). Sikh Militancy in the Seventeenth Century: Religious Violence in Mughal and Early Modern India. I.B.Tauris. pp. 218–222. ISBN 978-1-78076-250-0. 
  10. Singh Mandair, Arvind-Pal; Shackle, Christopher; Singh, Gurharpal (2013). Sikh Religion, Culture and Ethnicity. Routledge. pp. 25–28. ISBN 978-1-136-84627-4. 
  11. "BBC Religions - Sikhism". BBC. 26 de outubro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2011. Consultado o 30 de xullo de 2011. 
  12. Dhavan, P. (2011). When Sparrows Became Hawks: The Making of the Sikh Warrior Tradition, 1699-1799. Oxford University Press. pp. 3–4. ISBN 978-0-19-975655-1. 
  13. Singh, Patwant; (2000). The Sikhs. Alfred A Knopf Publishing. Pages 17. ISBN 0-375-40728-6.
  14. "A Biography of Guru Guru Nanak on BBC". BBC. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2011. Consultado o 30 de decembro de 2011. 
  15. Shelke, Christopher (2009). Divine covenant: rainbow of religions and cultures. Gregorian Press. p. 199. ISBN 978-88-7839-143-7. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]