Saltar ao contido

Takaaki Kajita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 4 de maio de 2021 ás 14:45 por InternetArchiveBot (conversa | contribucións) (Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:BiografíaTakaaki Kajita

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 梶田隆章 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de marzo de 1959 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Higashimatsuyama, Xapón Editar o valor en Wikidata
ResidenciaXapón Editar o valor en Wikidata
EducaciónSaitama University (en) Traducir
Universidade de Toquio
Kawagoe Kōtō Gakkō (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseMasatoshi Koshiba Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Toquio
Institute for Cosmic Ray Research (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

Páxina webipmu.jp… Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm7818055 Editar o valor en Wikidata

Takaaki Kajita (梶田 隆章 Kajita Takaaki?), nado en Higashimatsuyama o 9 de marzo de 1959, é un físico xaponés, coñecido polos seus experimentos de neutrinos en Kamiokande e no seu sucesor, Super-Kamiokande. En 2015, foi galardoado co Premio Nobel de Física xunto co físico canadense Arthur B. McDonald. O 1 de outubro de 2020, converteuse no presidente do Consello Científico do Xapón.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Kajita estudou na Universidade Saitama, graduándose en 1981. Recibiu o seu doutoramento en 1986 na Universidade de Toquio. Dende 1988, estivo no Instituto para a investigación de raios cósmicos da Universidade de Toquio, onde foi nomeado profesor asistente en 1992 e profesor en 1999.

Converteuse en director do Centro para Neutrinos Cósmicos do Instituto para a Investigación de Raios Cósmicos (ICRR) en 1999. En 2015, traballou no Instituto Kavli de física e matemáticas do universo en Toquio e é director de ICRR.[1]

En 1988, descubriu xunto co equipo de Kamiokande un déficit de neutrinos muónicos nos neutrinos atmosféricos, fenómeno ao cal chamaron "anomalía de neutrinos atmosféricos" e en 1998 describiu as oscilacións de neutrinos.

  1. "Geschichte des ICRR, 2012". Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2015. Consultado o 6 de outubro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]