Julian Barnes
Julian Patrick Barnes, nado en Leicester o 19 de xaneiro de 1946, é un escritor contemporáneo inglés. As súas novelas e relatos foron vistos como exemplos de literatura posmoderna.
Gañou o Premio Booker - un dos máis prestixiosos en lingua inglesa- no ano 2011 por The Sense of An Ending e foi tres veces finalista dese mesmo premio con Flaubert's Parrot (1984), England, England (1998), e Arthur & George (2005).
Arthur & George (2005), The Sense of An Ending (2011) e The Noise of Time (2018) foron verquidas a galego e publicadas en Rinoceronte Editora: Arthur e George (2006), O sentido dun final (2012), O ruído do tempo (2020). As dúas primeiras foron traducidas por Xesús Fraga e última por Moisés Barcia.
É autor de novela policial baixo o pseudónimo de Dan Kavanagh.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois de estudar na City of London School e no Magdalen College de Oxford, traballou como lexicógrafo para o Oxford English Dictionary. Con posterioridade, traballou como editor literario e crítico de cine.
Vive coa súa muller nas aforas de Londres, onde agora se dedica a escribir a tempo completo. O seu irmán, Jonathan Barnes é un filósofo especializado en filosofía antiga.
A súa axente literaria é Pat Kavanagh, que tamén fixo durante certo tempo de axente do seu amigo de outrora Martin Amis.
Obras
[editar | editar a fonte]A última novela publicada por Barnes, The Only Story, saíu do prelo o 1 de febreiro de 2018.
A listaxe completa de obras ofrécese a seguir. A menos que se especifique o contrario deben considerarse novelas.
- Metroland (1980)
- Before She Met Me (1982)
- Flaubert's Parrot (1984)
- Staring at the Sun (1986)
- A History of the World in 10½ Chapters (1989)
- Talking it Over (1991)
- The Porcupine (1992)
- Letters from London (1995) — (xornalismo publicado en The New Yorker)
- Picador, London, ISBN 0-330-34116-2
- Cross Channel (1996) — (relatos breves)
- England, England (1998)
- Love, Etc. (2000)
- Something to Declare (2002) — (ensaios)
- The Pedant in the Kitchen (2003) — (xornalismo culinario)
- The Lemon Table (2004) — (relatos breves)
- Arthur & George (2005). Versión en galego, Arthur e George, de Xesús Fraga publicada en 2006 en Rinoceronte Editora.
- The Sense of An Ending (2011). Premio Booker 2011. Versión en galego, O sentido dun final, de Xesús Fraga publicada en 2012 en Rinoceronte Editora.
- The Noise of Time (2016). Versión en galego, O ruído do tempo, de Moisés Barcia publicada en 2020 en Rinoceronte Editora.
- The Only Story (2018)
Obras baixo o pseudónimo de Dan Kavanagh
[editar | editar a fonte]- Duffy (1980)
- Fiddle City (1981)
- Putting the Boot In (1985)
- Going to the Dogs (1987)