Saltar ao contido

Manuel Candocia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 22 de marzo de 2022 ás 19:01 por Peixe22 (conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:BiografíaManuel Candocia
Biografía
Nacemento1945 Editar o valor en Wikidata
Cedeira, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de xaneiro de 2014 Editar o valor en Wikidata (68/69 anos)
A Igrexa, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto Editar o valor en Wikidata
Alcalde das Somozas
1979 – 19 de xaneiro de 2014 (finado no cargo)Juan Alonso Tembrás → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Manuel Candocia Ramos, nado en Cedeira en 1945 e finado na Igrexa (As Somozas) o 19 de xaneiro de 2014[1], foi un político galego, alcalde das Somozas durante máis de tres décadas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi elixido alcalde das Somozas nas primeiras eleccións democráticas por UCD. Continuou no posto despois dos comicios de 1983 e 1987 ao encabezar as candidaturas de Coalición Galega e Coalición Progresista Galega. Nas eleccións municipais de 1991 presentouse polo PPdeG e obtivo de novo a maioría absoluta, que repetiu nas seguintes eleccións. Durante os seus mandatos construíuse o polígono empresarial das Somozas.

Propietario dun bar nas Somozas, foi tamén o presidente do club de fútbol Unión Deportiva Somozas dende 1984 ata o seu falecemento, trinta anos despois.


Predecesor:
?
 
Alcalde das Somozas
 
1979 - 2014
Sucesor:
Juan Alonso Tembrás

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Era fillo de solteira[2]. Faleceu na tarde do 19 de xaneiro do 2014 mentres presenciaba o partido que enfrontaba a UD Somozas e o CCD Cerceda, a causa dun infarto.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]