Treos, Vimianzo
San Miguel de Treos | |
---|---|
Concello | Vimianzo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°05′33″N 8°58′11″O / 43.0924847, -8.96959528 |
Poboación | 357 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 11[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Miguel de Treos é unha parroquia do concello coruñés de Vimianzo, arciprestado de Soneira e diocese de Santiago de Compostela. En 2018 tiña 358 habitantes (169 homes e 189 mulleres), repartidos nas 11 entidades de poboación.
Situación xeográfica
[editar | editar a fonte]Atópase delimitada polas parroquias de Tines, Serramo e Cambeda (tamén do concello de Vimianzo), Vilar, Loroño, Roma e Meanos (concello de Zas), distando 7,5 km da capital do concello.
Enclaves naturais
[editar | editar a fonte]O monte Cárneo, con 343 metros é o que rexistra a maior altitude, sendo bañada polo río de Vilar e o Xora, o seu afluente principal.
Historia
[editar | editar a fonte]As súas orixes remóntanse ó período megalítico pola presenza dos dolmens de Pedra Moura e de Pedra Cuberta. Este segundo é considerado como un dos máis importantes da Península Ibérica polos seus restos pictóricos, o uso de pinturas en negro e vermello sobre fondo branco e os seus motivos ondulados formando unha figura idoliforme, moi parecida ás atopadas no sueste da Península. Chégase desde un camiño secundario da aldea de Arxomil, e hoxe atópase parcialmente derrubado. Consta dun corredor e dunha cámara octogonal na que falta a lousa de cobertura.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Treos
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Treos no concello de Vimianzo (A Coruña) | |
---|---|
A Areosa | O Arxomil | Carnio | Colúns | Pedra Cuberta | Quintáns | O Refoxo | Sandrexo | Treos | Treviño | Xora |