Saltar ao contido

Nabucodonosor II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 5 de xaneiro de 2023 ás 19:30 por Breobot (conversa | contribucións) (Reemplazos con Replacer: «fillo maior»)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:BiografíaNabucodonosor II

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 642 a. C. Editar o valor en Wikidata
Uruk, Iraq Editar o valor en Wikidata
Mortec. 561 a. C. Editar o valor en Wikidata (80/81 anos)
Babilonia (Imperio Neobabilónico) Editar o valor en Wikidata
Rei de Babilonia
605 a. C. – 562 a. C.
← NabopolasarEvil-Merodaque (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónRelixión en Mesopotamia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca, líder, rei Editar o valor en Wikidata
Participou en
586 a. C.Siege of Tyre (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeAmitis da Média Editar o valor en Wikidata
FillosEvil-Merodaque, Eanna-sharra-usur Editar o valor en Wikidata
PaiNabopolasar Editar o valor en Wikidata
IrmánsNabu-suma-lisir Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
597 a. C.-597 a. C.Siege of Jerusalem (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru (en) Traducir
New Encyclopedic Dictionary (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Nabucodonosor II, nado no ano 630 a.C. e finado no 562 a.C, foi un rei de Babilonia da dinastía caldea. Os seus 43 anos de reinado foron os do máximo esplendor do imperio neobabilónico.

Campañas

[editar | editar a fonte]

Fillo máis vello e sucesor de Nabopolasar. Casado coa filla ou neta de Ciaxares, rei de Media, foi un hábil negociador e diplomático. O seu pai enviouno a conquistar Siria en poder dos exipcios tras a disgregación do imperio de Asiria. Vencedor da batalla de Carquemis (-605), someteu Siria e Fenicia. Ese mesmo ano subiu ao trono, trala morte de Nabopolasar.

Derrotou a cimerios e escitas. Tras consolidar a súa amizade cos medos, dirixiu as súas expedicións cara Occidente. Conquistou Xerusalén no ano -597. Coincidindo con outro intento de invasión por parte dos exipcios, un novo levantamento de Xudá rematou coa destrución de Xerusalén e o seu Templo, así como coa deportación de moitos cidadáns prominentes a Babilonia. Durante 13 anos cercou a cidade de Tiro, que acabou recoñecendo a autoridade de Nabucodonosor. Realizou varias operacións de castigo sobre Exipto.

Construcións

[editar | editar a fonte]

Nabucodonosor foi un soberano moi devoto (especialmente do gran deus Marduk) que ergueu e restaurou gran número de templos. Fixo de Babilonia unha das grandes marabillas da historia da humanidade. O pazo real, a ponte e o túnel que cruzaban o Éufrates, canles, a porta de Ishtar con ladrillos esmaltados, o cigurat de Etemenanki de 90 metros de altura (posiblemente a torre de Babel da Biblia) e os irrepetibles xardíns colgantes de Babilonia realizados para aliviar a morriña de raíña Amitis, que suspiraba polas primaveras das montañas de Media, onde se criara. Nada diso sería posible sen a actividade obreira de numerosos cativos traídos das terras conquistadas.

Sucedeuno o seu fillo Amel-Marduk

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]