Saltar ao contido

Conxectura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 29 de febreiro de 2024 ás 10:10 por Estevoaei (conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Por conxectura enténdese o xuízo (moral, ético ou matemático) que se forma das cousas ou sucesos por indicios e observacións.

En matemáticas, o concepto de conxectura refírese a unha afirmación que se supón certa, pero que non foi probada nin refutada até a data. Cando se demostra a veracidade dunha conxectura, esta pasa a ser considerada un teorema de pleno dereito e pode utilizarse como tal para construír outras demostracións formais.

Conxecturas en matemáticas

[editar | editar a fonte]

Até hai pouco, a conxectura máis coñecida era o mal chamado último teorema de Fermat, mal chamado porque, aínda que Pierre de Fermat afirmou que encontrara unha demostración, non se puido encontrar ningunha entre os seus escritos tras a súa morte. Esta conxectura burlou a comunidade matemática durante máis de tres séculos, até que Andrew Wiles a demostrou finalmente en 1993 e a elevou ao rango de teorema.

Estas son algunhas das conxecturas máis famosas:


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]