Saltar ao contido

Rally Safari

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 24 de marzo de 2024 ás 13:57 por Breogan2008 (conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Rally Safari

KCB Safari Rally

Categoría ARC
Localización Kenya
Temporada inicial 1953
Ámbito Internacional
Superficie Terra

O Rally Safari é unha competición de rally disputada anualmente dende 1953 en Kenya, e nalgunhas edicións en países veciños como Uganda e Tanganica. Dende 1973 ata 2002, agás en 1995, foi puntuable para o Campionato do Mundo de Rally. Dende 2003, pertence ao calendario do Campionato Africano de Rally e as edicións de 2007 e 2009 foron parte do Desafío Intercontinental de Rally. O Safari atravesa diferentes puntos da xeografía africana. Nos seus inicios cruzou países como Kenya, Uganda e Tanzania, aínda que o percorrido variou moito co paso dos anos e a data de 2021 compítese unicamente por Kenya.[1]

O Safari é unha proba atípica, distinta a todas as que se celebraron no campionato do mundo, un dos máis duros e cun formato que se asemella máis a un raid (incluso ao Rally Dakar) ca ao dun rally convencional. A inexistencia de treitos cronometrados, disputados en estradas abertas, a dureza das condicións climatolóxicas e a presenza de múltiples obstáculos como outros vehículos, animais e persoas, fan do Safari unha proba diferente.[2] As características das súas pistas, varían en función de se chove ou non.[1] Cando a chuvia fai acto de presenza, as estradas enlámanse, crece o risco de que se produzan subidas de ríos e o lodo, moi esvaradío, penetra nos coches e pégase aos elementos mecánicos provocando avarías. Pola contra, se non chove, o fino po en suspensión, as altas temperaturas e as continuas fochancas nas estradas, son os grandes inimigos dos pilotos.[3]

A lonxitude e a dureza da proba provocaron que en moitas ocasións, piloto e copiloto se alternaran ao volante e mesmo, algúns equipos decidiron enviar dous pilotos para gañar en competitividade.[1] Estas condicións fan do Safari unha proba única e mesmo coa homoxeneización imposta pola FIA en 1997, o Safari conservou o seu carácter e a súa dureza. Estas características convérteno xunto a Montecarlo e o Rally de Gran Bretaña, nunha das probas máis populares do Campionato do Mundo.[3]

Toyota Celica GT-Four de Yoshio Fujimoto gañador da edición de 1995. Pódense apreciar os característicos reforzos, faros supletorios, tomas de aire. etc.

Outro trazo distintivo da proba son os coches que participan nela. A dureza de seus tramos, fai que os equipos modifiquen substancialmente os seus vehículos, montando reforzos estruturais, reforzando os motores, chasis e suspensións, todo iso dándolles maior peso pero gañando en fiabilidade e resistencia.[2] Outros elementos característicos son as tomas de aire elevadas, os faros de longo alcance, dous enganches para seren remolcados, en caso de tal necesidade, e uns pneumáticos reforzados.[4] A loxística é tamén un punto importante a ter en conta polos equipos, que teñen que realizar custosos tests previos á carreira e dispoñer de maior número de pezas de reposto.[5]

Peugeot 504 de Ove Andersson, vencedor da edición de 1975.
Peugeot 504 de Jean-Pierre Nicolas, vencedor da edición de 1978.

Naceu como unha idea concibida entre Eric Cecil, responsable das competicións automobilísticas nas daquela colonias británicas do leste de África, e o seu curmán Neil Vincent, afeccionado ao deporte de motor. A primeira edición tivo lugar en 1953 e o pretexto do que se serviron foi a coroación da raíña Isabel II, que xunto a Ian Craigie levaron a cabo o primeiro Coronation Rally. Esa edición tivo o seu punto de partida e a meta en Nairobi, rodeaba o lago Vitoria, atravesaba Uganda e Tanzania e contaba cun itinerario de máis de 6.000 km.[1]

Nos seus inicios a carreira constaba dunha saída e unha meta. O vencedor era o piloto que primeiro cruzase a liña de meta. Co paso do tempo e o feito de alcanzar popularidade pero sobre todo, gañar carácter internacional e o ser recoñecido pola FIA, fixo que o Safari sufrise grandes modificacións no seu percorrido: incluíronse unha serie de controis de paso, onde os participantes selaban o seu carnet de ruta, e así en función do tempo investido en cada un obtíñase o vencedor. Con este sistema cada participante tiña un tempo para chegar a cada control pero as condicións da carreira impedían cumprir cos tempos, por iso todos os pilotos obtiñan penalizacións.[2]

En 1986 incluíronse os primeiros tramos cronometrados e nos 90 a FIA obrigou a modificar o sistema de clasificación por puntos, aínda que en troques permitiu que a quilometraxe total, e incluso dos tramos, fose superior ao máximo permitido pola federación. Dos 5.000 km das primeiras décadas pasáronse aos 2.000, dos cales, a metade eran cronometrados, aínda que coa peculiaridade de que os tramos seguían sen pecharse ao tráfico e algúns alcanzaba o cento de quilómetros.[2]

Durante os primeiros anos a proba foi couto privado para pilotos non locais. Ata 1972, cando a proba foi puntuable para o Campionato Internacional de Marcas, o piloto gañador non era africano, sendo polo tanto o finlandés Hannu Mikkola cun Ford Escort TC, o realizador de tal feito.[6] Ata 1983 os pilotos africanos seguiron dominando a proba, exceptuando as vitorias de Waldegaard en 1977 e de Jean Pierre Nicolas en 1978. En 1985 e a bordo dun Toyota Celica TC, Juha Kankkunen logrou a fazaña de vencer na primeira participación, feito que ningún piloto lograra antes, xa que a experiencia era un punto fundamental para vencer na proba. Ademais dos pilotos locais, no Safari, moitos coches que conseguiron vitorias nas probas europeas do mundial, fracasaban estrepitosamente en terras africanas. O Porsche 911, o Alpine-Renault A110, o Lancia Stratos, o Fiat 131 Abarth, o Audi Quattro, o Lancia 037, o Peugeot 205 T16 ou o 206 WRC nunca conseguiron unha vitoria, e pola contra, coches como o Peugeot 404, o Peugeot 504, o Datsun 240 Z, o Datsun 160 J ou o Mitsubishi Colt lograron varias vitorias, mentres que en Europa xamais alcanzaron un podio.[7]

En 2003 o Safari caeu do calendario mundialista, en parte pola homoxeneización imposta pola FIA e no seu lugar disputouse o Rally de Turquía. Dende entón a proba segue organizándose como data puntuable para o Campionato Africano e incluso en 2009 foi puntuable para o IRC.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Ano Edición Piloto Copiloto Vehículo Series
1953 1nd East African Safari Rally Alan Dix Johnny Larsen Volkswagen Beetle  
1954 2nd East African Safari Rally Vic Preston Marwaha Volkswagen Beetle  
1955 3rd East African Safari Rally Vic Preston Marwaha Ford Zephyr  
1956 4th East African Safari Rally Eric Cecil Tony Vickers DKW  
1957 5th East African Safari Rally Gus Hofmann Arthur Burton DKW  
1958 6th East African Safari Rally Arne Kopperud

Morris Temple-Boreham
Kora Kopperud

Mike Armstrong
Ford Zephyr II (Lion class)

Auto Union 1000 (Leopard class)
 
1959 7th East African Safari Rally Bill Fritschy Jack Ellis Mercedes-Benz 190  
1960 8th East African Safari Rally Bill Fritschy Jack Ellis Mercedes-Benz 190  
1961 9th East African Safari Rally John Manussis Bill Coleridge

David Beckett
Mercedes-Benz 220SE  
1962 10th East African Safari Rally Tommy Fjastad Bernhard Schmider Volkswagen 1200  
1963 11th East African Safari Rally Nick Nowicki Paddy Cliff Peugeot 404  
1964 12th East African Safari Rally Peter Hughes Bill Young Ford Cortina GT  
1965 13th East African Safari Rally Joginder Singh Jaswant Singh Volvo PV 544  
1966 14th East African Safari Rally Bert Shankland Chris Rothwell Peugeot 404  
1967 15th East African Safari Rally Bert Shankland Chris Rothwell Peugeot 404  
1968 16th East African Safari Rally Nick Nowicki Paddy Cliff Peugeot 404[8]  
1969 17th East African Safari Rally Robin Hillyar Jock Aird Ford Taunus 20M RS  
1970 18th East African Safari Rally Edgar Herrmann Hans Schüller Datsun 1600 SSS IMC
1971 19th East African Safari Rally Edgar Herrmann Hans Schüller Datsun 240Z IMC
1972 20th East African Safari Rally Hannu Mikkola Gunnar Palm Ford Escort RS1600 IMC
1973 21st East African Safari Rally Shekhar Mehta Lofty Drews Datsun 240Z WRC
1974 22nd East African Safari Rally Joginder Singh David Doig Mitsubishi Lancer 1600 GSR WRC
1975 23rd Safari Rally Ove Andersson Arne Hertz Peugeot 504 WRC
1976 24th Safari Rally Joginder Singh David Doig Mitsubishi Lancer 1600 GSR WRC
1977 25th Safari Rally Björn Waldegård Hans Thorszelius Ford Escort RS1800 WRC
1978 26th Safari Rally Jean-Pierre Nicolas Jean-Claude Lefèbvre Peugeot 504 V6 Coupé WRC
1979 27th Safari Rally Shekhar Mehta Mike Doughty Datsun 160J WRC
1980 28th Safari Rally Shekhar Mehta Mike Doughty Datsun 160J WRC
1981 29th Safari Rally Shekhar Mehta Mike Doughty Nissan Violet GT WRC
1982 30th Marlboro Safari Rally Shekhar Mehta Mike Doughty Nissan Violet GT WRC
1983 31st Marlboro Safari Rally Ari Vatanen Terry Harryman Opel Ascona 400 WRC
1984 32nd Marlboro Safari Rally Björn Waldegård Hans Thorszelius Toyota Celica TCT WRC
1985 33rd Marlboro Safari Rally Juha Kankkunen Fred Gallagher Toyota Celica TCT WRC
1986 34th Marlboro Safari Rally Björn Waldegård Fred Gallagher Toyota Celica TCT WRC
1987 35th Marlboro Safari Rally Hannu Mikkola Arne Hertz Audi 200 Quattro WRC
1988 36th Marlboro Safari Rally Miki Biasion Tiziano Siviero Lancia Delta Integrale WRC
1989 37th Marlboro Safari Rally Miki Biasion Tiziano Siviero Lancia Delta Integrale WRC
1990 38th Marlboro Safari Rally Björn Waldegård Fred Gallagher Toyota Celica GT-4 ST165 WRC
1991 39th Martini Safari Rally Juha Kankkunen Juha Piironen Lancia Delta Integrale 16V WRC
1992 40th Martini Safari Rally Carlos Sainz Luis Moya Toyota Celica Turbo 4WD WRC
1993 41st Trustbank Safari Rally Juha Kankkunen Juha Piironen Toyota Celica Turbo 4WD WRC
1994 42nd Trustbank Safari Rally Ian Duncan David Williamson Toyota Celica Turbo 4WD WRC
1995 43rd Safari Rally Yoshio Fujimoto Arne Hertz Toyota Celica Turbo 4WD 2LWC
1996 44th Safari Rally Tommi Mäkinen Seppo Harjanne Mitsubishi Lancer Evolution III WRC
1997 45th Safari Rally Colin McRae Nicky Grist Subaru Impreza WRC WRC
1998 46th Safari Rally Richard Burns Robert Reid Mitsubishi Carisma GT Evo 4 WRC
1999 47th Safari Rally Colin McRae Nicky Grist Ford Focus WRC WRC
2000 48th Sameer Safari Rally Richard Burns Robert Reid Subaru Impreza WRC WRC
2001 49th Safari Rally Tommi Mäkinen Risto Mannisenmäki Mitsubishi Lancer Evolution 6.5 WRC
2002 50th Inmarsat Safari Rally Colin McRae Nicky Grist Ford Focus RS WRC 02 WRC
2003 51st KCB Safari Rally Glen Edmunds Titch Phillips Mitsubishi Lancer Evolution VI ARC
2004 52nd KCB Safari Rally Carl Tundo Tim Jessop Subaru Impreza 555 ARC
2005 53rd KCB Safari Rally Glen Edmunds Des Page-Morris Mitsubishi Lancer Evolution VII ARC
2006 54th KCB Safari Rally Azar Anwar George Mwangi Mitsubishi Lancer Evolution VI ARC
2007 55th KCB Safari Rally Conrad Rautenbach Peter Marsh Subaru Impreza WRX STI N10 IRC, ARC
2008 56th KCB Safari Rally Lee Rose Piers Daykin Mitsubishi Lancer Evolution IX ARC
2009 57th KCB Safari Rally Carl Tundo Tim Jessop Mitsubishi Lancer Evolution IX IRC, ARC
2010 58th KCB Safari Rally Lee Rose Piers Daykin Mitsubishi Lancer Evolution IX ARC
2011 59th KCB Safari Rally Carl Tundo Tim Jessop Mitsubishi Lancer Evolution IX ARC
2012 60th KCB Safari Rally Carl Tundo Tim Jessop Mitsubishi Lancer Evolution IX ARC
2013 61st KCB Safari Rally Baldev Chager Ravi Soni Mitsubishi Lancer Evo X ARC
2014 62nd KCB Safari Rally Baldev Chager Ravi Soni Mitsubishi Lancer Evo X ARC
2015 63rd KCB Safari Rally Jaspreet Singh Chatthe Gurdeep Panesar Mitsubishi Lancer Evo X R4
2016 64th KCB Safari Rally Jaspreet Singh Chatthe Gurdeep Panesar Mitsubishi Lancer Evo X R4
2017 65th KCB Safari Rally Lapio Laukkanen Gavin Laurence Subaru Impreza WRX STi 4 D R4 ARC
2018 66th KCB Safari Rally Carl Tundo Tim Jessop Mitsubishi Lancer Evo X R4 ARC
Notas: IMC = Campionato Internacional de Marcas

WRC = World Rally Championship

2LWC = Copa Mundial de Rally de 2 Litros

ARC = African Rally Championship

IRC = Intercontinental Rally Challenge

Gañadores

[editar | editar a fonte]

Os pilotos que gañaron máis veces o Rally Safari son Shekhar Mehta e Carl Tundo, con cinco vitorias cada un. Outros pilotos que venceron neste rally son Hannu Mikkola, Miki Biasion, Carlos Sainz, Juha Kankkunen, Tommi Mäkinen, Colin McRae e Richard Burns.

# Piloto Vitorias Anos
1 Shekhar Mehta 5 1973, 1979, 1980, 1981, 1982
Carl Tundo 5 2004, 2009, 2011, 2012, 2018
3 Björn Waldegård 4 1977, 1984, 1986, 1990
4 Joginder Singh 3 1965, 1974, 1976
Juha Kankkunen 3 1985, 1991, 1993
Colin McRae 3 1997, 1999, 2002

Construtores

[editar | editar a fonte]
# Construtor Vitorias Anos
1 Mitsubishi 18 1974, 1976, 1996, 1998, 2001, 2003, 2005, 2006, 2008, 2009, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2015, 2016, 2018
2 Toyota 8 1984, 1985, 1986, 1990, 1992, 1993, 1994, 1995
Ford 1955, 1958, 1964, 1969, 1972, 1977, 1999, 2002
4 Nissan 7 1970, 1971, 1973, 1979, 1980, 1981, 1982
5 Peugeot 6 1963, 1966, 1967, 1968, 1975, 1978
6 Subaru 5 1997, 2000, 2004, 2007, 2017
7 Mercedes-Benz 3 1959, 1960, 1961
Volkswagen 1953, 1954, 1962
Lancia 1988, 1989, 1991
10 DKW 2 1956, 1957
11 Volvo 1 1965
Opel 1983
Audi 1987

Rally Safari Histórico

[editar | editar a fonte]

O Rally Safari Histórico, oficialmente East African Safari Rally Classic é unha competición de históricos que se celebra dende 2003 e cada dous anos.

Ano Piloto Copiloto Automóbil
2003 Rob Collinge Anton Levitan Datsun 240Z
2005 Rob Collinge Anton Levitan Datsun 260Z
2007 Björn Waldegård Mathias Waldegård Ford Escort Mk I
2009 Ian Duncan Amaar Slatch Ford Mustang
2011 Björn Waldegård[9] Mathias Waldegård Porsche 911
2013 Ian Duncan Amaar Slatch Ford Capri
2015 Stig Blomqvist Stéphane Prévot Porsche 911
2017 Richard Jackson

Carl Tundo
Ryan Champion

Tim Jessop
Porsche 911

Triumph TR7
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "El Rally Safari". Scalextric, Rally míticos. Vol. I. Altaya. p. 58. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "El Rally Safari". Scalextric, Rally míticos. Vol. I. Altaya. p. 60. 
  3. 3,0 3,1 "El Rally Safari". Scalextric, Rally míticos. Vol. I. Altaya. p. 59. 
  4. "El Rally Safari". Scalextric, Rally míticos. Vol. I. Altaya. p. 61. 
  5. "El Rally Safari". Scalextric, Rally míticos. Vol. I. Altaya. p. 62. 
  6. "El Rally Safari". Scalextric, Rally míticos. Vol. I. Altaya. p. 63. 
  7. "El Rally Safari". Scalextric, Rally míticos. Vol. I. Altaya. p. 64. 
  8. "Safari 68". 129 (nbr 3777). date 4 July 1968: pages 6–9. 
  9. wrc.com (29 de novembro de 2011). "ictoria en el Safari para Waldegard". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2014. Consultado o 27 de setembro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • "El Rally Safari". Scalextric, Rally míticos. Vol. I. Altaya. pp. 57–64. ISBN 84-487-1819-4. 
  • Reinhard Klein, John Davenport, Helmut Deimel (2003). Reinhard Klein, ed. Safari Rally: 50 years of the toughest rally in the world (en inglés). p. 321. ISBN 9783927458086. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]