Iron Man 3
Iron Man 3 | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Shane Black |
Produtor | Kevin Feige |
Guión | Drew Pearce Shane Black |
Baseado en | Iron Man de Stan Lee Don Heck Larry Lieber |
Intérpretes | Robert Downey Jr. Gwyneth Paltrow Don Cheadle Guy Pearce Rebecca Hall Stephanie Szostak James Badge Dale Jon Favreau Ben Kingsley |
Música | Brian Tyler |
Fotografía | John Toll |
Montaxe | Jeffrey Ford Peter S. Elliot |
Estudio | Marvel Studios |
Distribuidora | Walt Disney Studios |
Estrea | 14 de abril de 2013 |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | 200.000.000 $ (bruto)[1] 178.400.000 (neto)[1] |
Recadación | 1.215.000.000 $[2] |
Filme anterior | Iron Man 2 |
Na rede | |
https://www.marvel.com/movies/iron-man-3 | |
Iron Man 3 é un filme estadounidense de 2013 do xénero de superheroes baseado na serie de banda deseñada Iron Man de Marvel, producida pola propia Marvel e distribuída por Walt Disney Studios Motion Pictures[3]. É secuela de Iron Man (2008) e Iron Man 2, e a sétima película do Universo Marvel. Shane Black dirixiu e escribiu o guión con Drew Pearce, utilizando conceptos do arco de historia "Extremis" de Warren Ellis. Os principais actores foron Robert Downey Jr., Gwyneth Paltrow, Don Cheadle, Guy Pearce, Rebecca Hall, Stephanie Szostak, James Badge Dale, Jon Favreau e Ben Kingsley. En Iron Man 3, Tony Stark ten que facer fronte a un trastorno por estrés postraumático causado pola eventos de The Avengers, mentres investigaba a volta de Ten Rings, liderada polo misterioso Mandarín e entra en conflito cun vello inimigo: Aldrich Killian.
A súa estrea foi o 14 de abril de 2013 en París, converténdose nun éxito de crítica e público e recadando 1.200.000.000 de dólares en todo o mundo, o 16º filme en lograr máis de mil millóns de dólares e o 5º con maior recadación de todos os tempos.
Argumento
[editar | editar a fonte]Tony Stark lembra unha festa de noitevella de 1999, onde coñece a científica Maya Hansen, inventora de Extremis, un tratamento rexenerativo experimental que logra a recuperación de lesións incapacitantes. O científico discapacitado Aldrich Killian ofrécelles un posto na súa empresa Advanced Idea Mechanics, pero Stark rexeita a oferta, humillándoo.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Robert Downey, Jr. como Tony Stark / Iron Man
- Gwyneth Paltrow como Virginia "Pepper" Potts
- Don Cheadle como coronel James "Rhodey" Rhodes / Iron Patriot
- Guy Pearce como Aldrich Killian
- Rebecca Hall como a doutora Maya Hansen
- Stephanie Szostak como Ellen Brandt
- James Badge Dale como Eric Savin
- Jon Favreau como Happy Hogan
- Ben Kingsley como The Mandarin / Trevor Cassidy
- Paul Bettany como JARVIS
- Ashley Hamilton como Jack Taggert / Firepower
- Wang Xueqi como o doutor Wu
- William Sadler como presidente Ellis
- Ty Simpkins como Harley
Produción
[editar | editar a fonte]Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]Despois do lanzamento de Iron Man 2 xurdiu un conflito entre Paramount Pictures, que tiña os dereitos de distribución dalgúns produtos de Marvel, e The Walt Disney Company, a nova distribuidora de Marvel Entertainment. O 18 de outubro de 2010, Walt Disney acordou pagar a Paramount cando menos 115.000.000 de dólares pola distribución mundial dos dereitos de Iron Man 3 [4], anunciando Disney, Marvel e Paramount o 3 de maio de 2013 a data de estrea da película[5]
O director das dúas entregas anteriores, Jon Favreau, afirmou en decembro de 2010 que non ía dirixir a nova, optando por dirixir Magic Kingdom, permaneceu así a todo como produtor executivo [6]. En febreiro de 2011 entrou no equipo Shane Black [7], que dirixira en 2005 Kiss Kiss Bang Bang, como director, e xa en marzo anunciouse que Drew Pearce ía escribir con Black o guión [8].
Preprodución
[editar | editar a fonte]En setembro de 2011 Marvel Studios chegou a un acordo para filmar a película principalmente nos estudos EUE/Screen Gems de Wilmington en Carolina do Norte. En abril de 2012 Ben Kingsley entrou en negociacións para interpretar un vilán en Iron Man 3 [9]. Despois The Walt Disney Company na China, Marvel Studios e DMG Entertrainment anunciaron un acordo para coproducila na China. DMG en parte financiaría e produciría na China con Marvel. DMG tamén distribuiría o filme na China en cooperación con Disney [10].
Tamén en abril Guy Pearce rematou as negociacións para interpretar a Aldrich Killian, un personaxe que aparece a historia de arco "Extremis" [11]. A estrela chinesa Andy Lau houbo unirse á película, como un científico chinés e vello amigo de Stark que vén no seu auxilio, non obstante as negociacións fracasaron [12], e foi Wang Xueqi o elixido para o papel [13]. Jessica Chastain entrou en discusións para un papel na película, pero declinou por conflitos de axenda [14]. No seu lugar anunciouse en maio que participaría Rebecca Hall describíndose o seu papel como "unha científica que xoga un papel fundamental na creación dunha nanotecnoloxía, coñecida como Extremis." Ao longo das semanas seguintes James Badge Dale uniouse ao elenco como Eric Savin, Ashley Hamilton como Firepower , e Favreau volveu repetir como Happy Hogan coma nos dous primeiros filmes. Stephanie Szostak e William Sadler tamén entraron na repartición da película, con Sadler como presidente dos Estados Unidos.
A rodaxe
[editar | editar a fonte]A rodaxe comezou en Wilmington (Carolina do Norte) o 23 de maio de 2012 nos estudios EUE/Screen Gems so o título de produción Caged Heat [15]. O director de fotografía John Toll optou por primeira vez na súa carreira por traballar con cámaras dixitais, por convir mellor para os efectos visuais, empregando fundamentalmente unha cámara Arri Alexa [16]. Entre o 4 e o 6 de xuño de 2012 rodousen en Cary (Carolina do Norte) na sede de Epic Games e no SAS Institute, cunha grande árbore de Nadal colocada no xardín central [17]. No aeroporto internacional de Wilmington tamén se rodou unha escena e o porto de Wilmington serviu como localización para a batalla culminante polo petroleiro, xunto coa recreación sonora do peirao. O derrubamento da casa gravouse nunha plataforma hidráulica giubo que se podía dobrar e dividir en dous anacos. Toda a metraxe interior realizouse sen imaxes xeradas por ordenador, que só se empregaron para engadir exteriores e para a armadura de Iron Man.
A partir do 19 de xullo e deica o 1 de agosto de 2012, a rodaxe realizouse en Oak Island, tamén en Carolina do Norte, filmando tomas aéreas sobre o Atlántico. A primeiros de agosto gravouse en Rose Hill (Carolina do Norte). O elenco e o equipo principiaron a chegar a Florida o 1 de outubro, para filmar escenas en Dania Beach e no sur do estado. A primeiros dese mes filmáronse escenas nunha réplica do restaurante de Malibú Neptune's Net, e a rodaxe tivo lugar en Villa Vizcaya. Durante o día filmáronse escenas en Miami Beach o 10 e o 11. A produción volveu a Wilmington a mediados de mes para rodaxe adicional. O 1 de novembro, filmáronse máis escenas en Vila Vizcaya. A rodaxe nos Estados Unidos rematou o 7 de novembro en Wilmington.
O 10 de decembro comezouse a filmar en Beijing, aínda que non cos intérpretes nin o equipo habitual. Tamén se gravou en Hyderabad e Bangalore entre o 20 e 24 de xaneiro. Na semana do 23 de xaneiro gravouse no TCL Chinese Theatre en Hollywood.
Posprodución
[editar | editar a fonte]Chris Townsend serviu como supervisor de efectos visuais para a película, que contou con máis de 2.000 secuencias de efectos visuais e nos que traballaron 17 estudios, entre eles Weta Digital, Digital Domain, Scanline VFX, Trixter, Framestore, Luma Pictures, Fuel VFX, Cantina Creative, Cinesite, The Embassy Visual Effects, Lola, Capital T, Prologue e Rise FX.
Filmáronse un total de tres horas e 15 minutos antes da edición, recortándose ata chegar os 130 minutos (119 sen os créditos), a película de maior duración da serie.Na posprodución tamén se realizou unha conversión 3D e unha versión dixital remasterizada para a estrea IMAX. Todd-AO mesturou o son en Dolby Atmos para mellorar a experiencia de inmersión de son.
Estrea
[editar | editar a fonte]Walt Disney Studios Motion Pictures distribuíu o filme, salvante a China, onde tiña os dereitos DMG Enertrainment, e en Alemaña e Austria Tele München. A versión chinesa do filme ofrece a maiores imaxes realizadas exclusivamente para a audiencia chinesa, aumentando a súa duración en catro minutos.
A estrea foi no Gran Rex de París o 14 de abril de 2013, coa presenza de Robert Downey Jr. e Gwyneth Paltrow. No Reino Unido ía estrearse o 17 de abril mais pola morte da ex-primeira ministra Margaret Thatcher atrasouse ao día seguinte. Downey, Ben Kingsley e Rebecca Hall estiveron presentes no avance no londiniense Odeon Leicester Square. El Capitan Theatre dos Ánxeles acolleu a estrea estadounidense o 24 de abril. Entre o 22 e o 24 de abril estreouse en 46 países e nos Estados Unidos a estrea comercial foi unha semana máis tarde chegando ás 4.253 salas. As proxeccións en IMAX principiaron internacionalmente o 25 de abril de 2013 e 3 de maio nos Estados Unidos. O filme amosouse no formato 4DX nalgúns países seleccionados.
Recepción
[editar | editar a fonte]Recadación
[editar | editar a fonte]Iron Man 3 ingresou 409.000.000 de dólares en Norteamérica e 805.800.000 no resto do mundo, cun total de 1.200.000.000 $, superando a ambas as dúas entregas anteriores combinadas. Converteuse internacionalmente no quinto filme con maior recadación, o segundo de 2013, e a terceira entrega de todos os tempos. Paramount Pictures recibiu o 9% da recadación xerada por Iron Man 3. Deadline.com calculou o beneficio neto en 391.800.000 de dólares, logo de descontar todos os gastos e taxas do filme.
Norteamérica
[editar | editar a fonte]Iron Man 3 converteuse no 13º filme con maior recadación, o segundo de 2013[18] e o cuarto filme baseado en banda deseñada e en superheroes[19][20]. Na súa estrea fixo 68.900.000$ (incluíndo $15.600.000 do xoves pola noite)[21], a sétima recadación dun día de estrea[22]. Na súa primeira fin de semana logrou 174.100.000, a cuarta mellor fin de semana de todos os tempos (tras de Jurassic World, The Avengers e Avengers: Age of Ultron). Do público desa primeira fin de semana, o 55% tiñan máis de 25 anos, o 61% eran homes e só o 45% da recadación viña de salas 3-D. En IMAX recadouse na primeira fin de semana 16.500.000 [23].
Resto do mundo
[editar | editar a fonte]Iron Man 3 quedou como o quinto filme con maior recadación, e o segundo de 2013. A película recadou 13.200.000 dólares na súa estrea (mércores, 24 de abril de 2013) en 12 países, e ata o domingo 28 de abril fixo 198.400.000 en 42 países, incluíndo 7.100.000 das salas IMAX. Houbo mellores recadacións nun día de estrea en Filipinas, Taiwán, Singapur, Vietnam, Malaisia, a China, Ucraína, Rusia e CIS, e dun único día e estrea en Tailandia e Suráfrica, así como dun único día en Hong Kong. Foi a segunda mellor estrea na Arxentina (só por detrás de Harry Potter e as reliquias da morte – Parte 2). A película tivo récords de fin de semana de estrea na rexión Asia-Pacífico e América latina, e en países individuais, como Arxentina, Ecuador, Hong Kong, Indonesia, Vietnam, Taiwán, Filipinas, Malaisia, Singapur, Tailandia, Suráfrica e os Emiratos Árabes Unidos. Tamén alcanzou a segunda mellor fin de semana de apertura en México, Brasil e Rusia mais CEI. Na India tivo a segunda mellor fin de semana de estrea para unha película de Hollywood despois de The Amazing Spider-Man. En IMAX houbo récords de fin de semana en Taiwán, Países Baixos, o Brasil e Filipinas. Converteuse no filme con mellor recadación en Indonesia, Malaisia e Vietnam e o segundo filme en Singapur e Filipinas (tras Os Vingadores) e liderou a recadación de fin de semana fóra de América do Norte tres veces consecutivas.
Na China, onde tivo lugar parte da produción tivo os mellores rexistros nun único día e de estrea con 21.500.000 millóns e na fin de semana logrou 64.100.000, o que fixo da China a mellor estrea, seguido de 23.100.000 en Rusia e CIS e o Reino Unido, Irlanda e Malta con 21.200.000. Cunha recadación total de 124.000.000 foi a mellor recadación do cine estadounidense na China de 2013, o segundo mellor mercado logo de Norteamérica, e por diante de Corea do Sur (64.200.000) e o Reino Unido, Irlanda e Malta (57.100.000).
Críticas
[editar | editar a fonte]En Rotten Tomatoes logrou un 79% de aprobación cunha media de 7/10, baseado en 292 críticas. O consenso do sitio é que "coa axuda do seu carismático guía, algunhas impresionante secuencias de acción, e mesmo algunhas sorpresas, Iron Man 3 é unha aventura enxeñosa, divertida e un importante aumento ao canon Marvel"[24]. Metacritic deulle unha puntuación de 62 de 100, con base no 44 críticas, indicando "boas críticas"[25].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "2013 Feature Film Study" (PDF). The Hollywood Reporter. FilmL.A. Inc. p. 11. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de abril de 2018. Consultado o 2 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Iron Man 3 (2013)". Box Office Mojo.
- ↑ Como parte do acordo de transferencia dos dereitos de distribución de The Avengers e Iron Man 3 de Paramount Pictures a Walt Disney Studios("Why Par, not Disney, gets 'Avengers' credit, Variety", 11 de outubro de 2011), o logo de Paramount aparece ao comezo da película e nos materiais promocionais pero o distribuidor é Walt Disney Studios Motion Pictures tal como aparece ao final do filme.
- ↑ "Disney to Distribute ‘Iron Man 3,’ ‘Avengers'; Sets Release Dates (Updated)" The Wrap, 3 de setembro de 2012.
- ↑ "'Iron Man 3' to come to theaters in 2013". Entertainment Weekly, 3 de setembro de 2012.
- ↑ Sneider, Jeff. "No Favreau? 10 Directors Who Could Take Over 'Iron Man 3'". The Wrap', 14 de decembro de 2010.
- ↑ Finke, Nikki; Fleming, Mike "Shane Black To Direct Marvel's 'Iron Man 3'". Deadline.com, 17 de febreiro de 2011
- ↑ Fleming, Mike. "Marvel Taps Its 'Runaways' Scribe Drew Pearce To Write 'Iron Man 3' Script". Deadline.com., 31 de marzo de 2011
- ↑ Kit, Borys "Ben Kingsley in Talks to Join 'Iron Man 3'". The Hollywood Reporter, 9 de abril de 2012
- ↑ Coonan, Clifford "'Iron Man 3' to be a Chinese co-production". Variety, 16 de abril de 2012
- ↑ "Guy Pearce Joining ‘Iron Man 3’ as ‘Extremis’ Geneticist", Screenrat Arquivado 13 de setembro de 2017 en Wayback Machine., 20 de abril de 2012
- ↑ "Andy Lau Turns Down Iron Man 3" Cinemablend, 3 de setembro de 2012
- ↑ Shuai, Liu. "Wang Xueqi Confirmed for 'Iron Man 3'". Chinesefilms.cn Arquivado 07 de setembro de 2012 en Wayback Machine., 3 de setembro de 2012
- ↑ Kit, Borys. "Rebecca Hall in Talks to Join 'Iron Man 3'". The Hollywood Reporter, 8 de maio de 2012
- ↑ Foss, Cassie. "Casting calls set up for 'Caged Heat' film". Star-News, 12 de abril de 2012
- ↑ "John Toll Chooses ARRI Alexa to Shoot Iron Man 3". Creative Planet, 14 de maio de 2013
- ↑ "‘Iron Man 3’ set in Cary, N.C. includes a Christmas Tree". OLV Arquivado 13 de setembro de 2017 en Wayback Machine., 5 de xuño de 2012
- ↑ 2013 Yearly Box Office Results, Box Office Mojo
- ↑ "Comic Book Adaptation". Box Office Mojo. Consultado o 25 de maio de 2013.
- ↑ "Superhero". Box Office Mojo. Consultado o 25 de maio de 2013.
- ↑ Subers, Ray (3 de maio de 2013). "Forecast: 'Iron Man 3' in Line for One of the Biggest Openings Ever". Box Office Mojo.
- ↑ "Opening Day Records at the Box Office". Box Office Mojo. Consultado o 8 de maio de 2013.
- ↑ Subers, Ray (5 de maio de 2013). "Weekend Report: 'Iron Man 3' Takes Off with Second-Highest Opening Ever". Box Office Mojo. Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2013. Consultado o 8 de maio de 2013.
- ↑ "Iron Man 3". Rotten Tomatoes.
- ↑ "Iron Man 3". Metacritic.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Iron Man 3 |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Iron Man 3 na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Filmes de 2013
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dirixidos por Shane Black
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes de 2013 en 3D
- Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América
- Filmes sobre vinganza
- Filmes sobre terrorismo
- Filmes sobre presidentes ficticios dos Estados Unidos de América
- Filmes rodados na China
- Filmes rodados nos Ánxeles
- Filmes rodados en Miami, Florida
- Filmes rodados en Carolina do Norte
- Filmes rodados en Pequín
- Filmes ambientados en Paquistán
- Filmes ambientados en Florida
- Filmes ambientados en Miami
- Filmes ambientados en Suíza
- Filmes ambientados en 1999
- Filmes ambientados en 2000
- Filmes ambientados en 2012
- Filmes baseados en Marvel Comics
- Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes distribuídos en sistemas IMAX