Saltar ao contido

Ética a Nicómaco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ética a Nicómaco
A primeira páxina de Moribus ad Nicomachun, na edición de 1566.
Título orixinalἨθικὰ Νικομάχεια
Autor/aAristóteles
LinguaGrego antigo
Tema(s)Ética, moral, felicidade, virtude e filosofía
Xénero(s)tratado
Na rede
BNE: XX3383685
editar datos en Wikidata ]

Ética a Nicómaco ou Ética nicomaquea é unha obra filosófica de Aristóteles escrita no século IV a. C.. Trátase dunha das obras máis importantes e completas da ética aristotélica, e consta de dez libros. Nela fai unha análise sobre as concepcións morais do ser humano.


Segundo Aristóteles, o único fin que o home persegue é o ben. Incluso, aínda que pareza orientarse cara fins imperfectos, o que busca en última estancia é o ben supremo, o fin absoluto, apetecido por si mesmo. Os homes en xeral pensan que o ben supremo é a felicidade, esta difire segundo os gustos e as inclinacións de cada un; a felicidade é a realización das satisfaccións espirituais e eudemonistas. Analizada e dividida así, a felicidade depende da ética colectiva, dunha política. Aristóteles introduce o concepto de virtude, do que diferencia dous tipos: as chamadas virtudes éticas que nacen do hábito, e as virtudes dianoéticas, que derivan da intelixencia e poden ser desenvolvidas por ensinanza.

Libro I: Obxectivo da ética. O ben do home ou a felicidade

[editar | editar a fonte]

Toda actividade apunta cara a un ben, polo que a felicidade debe ser tamén un ben. Pero non só debe ser un ben, senón o ben ao cal todos os demais bens se dirixen. Pódese buscar este ben en diferentes cousas, pero ao final é o único ben diante do cal os demais bens parecen incompletos. Se non hai un ben final e alcanzable, a natureza do home é irracional, xa que por natureza busca un ben. O non ter un ben final que se chama felicidade negaría a natureza, levando ao absurdo. Esta felicidade componse da vivencia das virtudes e dunha vida completa. O autor finaliza o primeiro libro falando da virtude a partir das partes da alma, preparando así o segundo libro.

Libro II: A virtude moral

[editar | editar a fonte]

O filósofo aborda a definición da virtude. Aristóteles afirma que a virtude non nace da natureza do individuo, aínda que é natural a capacidade de entender estas virtudes e perfeccionalas co costume. A virtude é o hábito polo que o home faise bo e realiza ben a obra que lle é confiada. Aventura tres posibilidades ao respecto: “actuar en sometemento a razón”, “calidade de obrar da mellor maneira en relación co pracer e a dor” e , finalmente, “ a disposición o hábito de elixir o medio relativo a nós en acción e emocións, determinado pola razón e tal como o determinaría un home prudente”.

Aristóteles distingue entre a virtude moral, ou de carácter, e a virtude intelectual. En tanto que busca un medio entre vicios e unha clase de estado para realizar as mellores accións que manteñan a relación co pracer e a dor, a virtude moral facía o ser humano. A virtude require elección racional e exercicio constante da mesma. É difícil ser bo porque é difícil encontrar o medio, e a función da educación é axudar a alcanzalo. Entre o exceso e o defecto o punto medio é a virtude e Aristóteles denomina aos dous extremos máis distantes como contrarios.

Libro III: O voluntario e o involuntario. Principais virtudes morais.

[editar | editar a fonte]

Divídese en tres partes, a primeira (capítulos 1-5) trata da voluntariedade, a segunda (capítulos 6-9) sobre a fortaleza e a terceira (capítulos 10-12) sobre a temperanza.

A voluntariedade

[editar | editar a fonte]

Aristóteles clasifica os actos do home en voluntarios e involuntarios. O acto involuntario débese a un primeiro principio extrínseco ao home, como a forza ou a ignorancia. O acto non voluntario é un acto involuntario que non se lamenta, e urxe cando o individuo obra en estado de ignorancia e nestes casos pódese facer unha excepción para recorrer a compaixón e indulxencia sobre as consecuencias destes actos. O acto voluntario faise por desexo. Pero, a elección racional é máis restrinxida ca o acto voluntario, no sentido de que o acto está dentro do noso poder, é froito dunha deliberación. Delibérase algo que se pode facer, non sobre verdades nin sobre acción doutros; ademais delibéranse os medios e non o fin, pois o fin non se escolle como fin senón que é natural e é ben desexado segundo o que se coñeza.

A fortaleza

[editar | editar a fonte]

A fortaleza é o medio entre o temor e a confianza respecto á morte. A persoa valente actúa a pesar do temor, pero non sen temor. O exceso de temor chámase covardía e se se actúa con confianza pero sen exceso de confianza chámaselle precipitación. Pero, a fortaleza aplícase máis ao temor ca a confianza, por ser máis difícil de controlar. A verdadeira fortaleza baséase no carácter e non no cálculo o unha preparación.

A temperanza

[editar | editar a fonte]

A temperanza é o medio respecto aos praceres, especialmente aos do tacto, a comida e o sexo, que temos en común cos animais non racionais. Hai praceres naturais e praceres do individuo: polo que errar nos praceres naturais é sempre un exceso, mentres que errar nos praceres individuais non ten por que ser sempre excesivo. A dor ven cando o que non ten esta virtude tampouco obtén estes praceres. A intemperanza é máis voluntaria ca covardía, pois sempre ven cunha elección positiva.

Este libro está composto por nove capítulos. Nel afróntase outras virtudes como a xenerosidade e a magnanimidade. A xenerosidade é o termo medio relativo de dar e tomar riquezas. O xeneroso dará e gastará no que se debe e canto se debe, tanto nas cousas grandes como nas pequenas e farao sempre con agrado, e do mesmo modo, tomará de onde debe e canto debe. A magnanimidade, ten por obxecto grandes cousas, o magnánimo é aquel que ten grandes pretensións e é acredor delas.

Este libro está formado por once capítulos. Analiza a virtude da xustiza, a máis necesaria de todas para a conservación do mundo.

Hai xustiza legal e xustiza particular. A particular divídese en distributiva, que aplica unha proporción xeométrica entre varias cousas ou persoas; e conmutativa que aplica unha proporción aritmética. Aplica esta distinción na economía e di que a xustiza é o medio entre cometer inxustiza e sufrila.

Logo trata a relación entre xustiza e lei, relación necesaria para que o ben do outro se consiga, pois o home sempre busca o seu propio ben. A xustiza legal débese seguir unha vez aprobadas as leis. Esta xustiza legal é variable porque todos os casos particulares relaciónanse coas normas universais de maneira diferente cada ocasión. Aristóteles afirma que quen sofre algunha inxustiza non o pode facer de modo voluntario.

Neste libro analiza as virtudes dianoéticas, das cales existen cinco: a ciencia, que demostra os feitos e conduce ao coñecemento do universal; a arte, cuxa fin é a creación; a prudencia, que, baseada no bo sentido e a razón, conduce pola vía do ben; a intelixencia, detentadora dos coñecementos; e finalmente a sabedoría, que reúne ciencia e intelixencia e que é necesaria para as máis elevadas accións ou reflexións.

Habendo na alma dúas partes racionais, a prudencia será a virtude dunha delas, en concreto a que forma as opinións.

Libro VII

[editar | editar a fonte]

Aristóteles condena aos homes que utilizan o seu saber para fins nefastos, estes non son homes que coñezan a ciencia. Trata tres clases de condicións morais: o vicio, a incontinencia e a brutalidade. Entre o conxunto dos apetitos e praceres, algúns o son por natureza, outros o son das cousas opostas a estas e outros son apetitos e praceres de cousas intermedias. Tamén un home é continente ou incontinente dependendo de se a súa intelixencia prevalece ou non na súa conduta.

Libro VIII

[editar | editar a fonte]

Este libro está dedicado a amizade, unha virtude esencial; sobre ela apoiase a salvación do home ou polo menos a súa felicidade: a amizade borra as faltas, empuxa cara ás boas accións e é a forza que sostén os amigos. Diferéncianse tres tipos, nas que existe a reciprocidade:

  • Amizade por interese: aqueles que se queren por interese benefícianse uns dos outros.
  • Amizade por pracer: o seu cariño obedece ao seu propio gusto, este tipo de amizades son fáciles de disolver.
  • Amizade por virtude: é a amizade perfecta porque estes queren o ben do un e o outro en canto son bos e son bos por si mesmos.

Aristóteles continua tratando o tema da amizade. Se alguén se ama a si mesmo poderá empezar unha amizade. Este amor a si mesmo ten que ser verdadeiro, o falso amor chámase egoísmo. O verdadeiro amor encóntrase ao buscar o fin verdadeiro para o home.

Os amigos virtuosos son necesarios para a felicidade pois o home está necesitado doutros seres humanos, de quen depende e cos que pode compartir.

Libro X: O pracer e a felicidade. A práctica da virtude e a política

[editar | editar a fonte]

Neste último libro Aristóteles expón a teoría da felicidade: o exercicio da virtude pode ser realizado no pracer, todas as funcións da alma, incluso as máis altas, poden encontrarse ligadas ao pracer: a contemplación pura da verdade eterna é a posibilidade de participar na beatitude divina. Deste modo, o home liberado dos seus males terrestres alcanza a felicidade suprema. Pero a felicidade non pode ser continua, sen que estea dirixida cara Deus ou que o estea cara aos homes; é preciso ser virtuoso e respectar os valores morais nos que un foi formado.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Huisman, Denis (2002). Tecnos, ed. Diccionario de las mil obras clave del pensamiento. Madrid. pp. 265–266. ISBN 84-309-2978-9. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]