Saltar ao contido

Óxido nitroso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xeral

Nome Óxido de dinitróxeno
Fórmula química N2O
Aparencia Gas incoloro

Físicas

Peso molecular 44.01 uma
Punto de fusión 182,29 K (-90,86 °C)
Punto de ebulición 184,67 K (-88,48 °C)
Temperatura crítica 309.6 K (36.4 °C)
Presión crítica 7.245 MPa
Densidade 1,2 ×10³ kg/m³ (líquido)
Solubilidade 0,112 g en 100g de auga

Termoquímica

ΔfH0gas 82,05 kJ/mol
ΔfH0líquido ? kJ/mol
ΔfH0sólido ? kJ/mol
S0gas, 1 bar 219,96 J·mol−1·K−1
S0líquido, 1 bar ? J·mol−1·K−1
S0sólido ? J·mol−1·K−1

Riscos

Inhalación Pode causar asfixia.
Pel Perigoso comprimido ou crioxénico.
Ollos Perigoso comprimido o crioxénico.
Máis información Hazardous Chemical Database (En inglés)

Valores no SI e en condicións normais (0 °C e 1 atm), salvo que se indique o contrario.

O óxido de dinitróxeno, óxido de nitróxeno (I) ou óxido nitroso (N2O) é un gas incoloro cun cheiro doce e lixeiramente tóxico. Provoca alucinacións e un estado eufórico. Por iso foi utilizado como droga nalgúns casos.

Datos adicionais

  • Presión de vapor: 5080 kPa a 20 °C
  • Solubilidade en auga: 1,305 l/l auga a 0 °C; 0,596 l/l auga a 25 °C
  • Concentración máxima permitida en lugares de traballo: 100 ppm

O óxido de dinitróxeno (N2O) xérase convenientemente pola termólise controlada do nitrato de amonio ou por reacción de amoníaco con ácido nítrico:

NH4NO3 -> 2 H2O + N2O

Hai que controlar ben as condicións desta reacción porque existe o perigo de explosión. O óxido de dinitróxeno fórmase tamén en condicións anaeróbicas a partir de fertilizantes minerais no solo. É un importante gas de efecto invernadoiro cunha permanencia media de 100 anos na atmosfera. Actualmente atribúeselle o 5 % do efecto invernadoiro artificial a este gas. Ademais ataca a capa de ozono, reducindo o ozono a osíxeno molecular e liberando dúas moléculas de monóxido de nitróxeno.

Estrutura do óxido nitroso

Aplicacións

[editar | editar a fonte]

O químico Humphry Davy descubriu as propiedades narcóticas deste gas no ano 1799 en experimentos co seu propio corpo. O primeiro dentista que aplicou o gas como sedativo nunha extracción dental foi Horace Wells en Hartford (Connecticut) en 1844 tras observar a actividade fisiolóxica nunha atracción de feira.

Aínda hoxe se utiliza este gas mesturado co 30 % de osíxeno como narcótico, mellorando a súa eficacia con outras substancias.

Na industria alimenticia utilízase para facer os alimentos máis espumosos(natas, iogures etc.).

Na técnica aproveitase o poder oxidante do gas para utilizalo no canto de aire nas combustións dos motores convencionais ou nalgúns foguetes, na Segunda guerra mundial usouse o óxido nitroso nalgúns avións. Así aumentase a potencia dos motores. Nos foguetes aproveitase o feito de que é un gas facilmente licuable que elimina a necesidade de traballar con tecnoloxías crioxénicas complicadas e custosas. Aínda así, un uso prolongado do óxido nitroso pode acabar danando motor e acurtando a súa vida útil.

En España, levar un kit de óxido nitroso no coche é legal mentres non se utilice, aínda que é difícil saber se foi usado.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]