Saltar ao contido

2 Fast 2 Furious

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

2 Fast 2 Furious
Ficha técnica
DirectorJohn Singleton
ProdutorNeal H. Moritz
GuiónMichael Brandt
Derek Haas
IntérpretesPaul Walker
Tyrese Gibson
Chris "Ludacris" Bridges
Eva Mendes
Cole Hauser
MúsicaDavid Arnold
FotografíaMatthew F. Leonetti
MontaxeBruce Cannon
Dallas Puett
EstudioMikona Productions GmbH & Co. KG
Original Film
DistribuidoraUniversal Pictures
Estrea6 de xuño de 2003
Duración103 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento76.000.000 $[2]
Recadación236.300.000 $[2]
Na rede
http://www.thefastandthefurious.com/
IMDB: tt0322259 Filmaffinity: 903353 Allocine: 45319 Rottentomatoes: m/2_fast_2_furious Mojo: 2fast2furious Allmovie: v280222 TCM: 446310 Metacritic: movie/2-fast-2-furious TV.com: movies/2-fast-2-furious BNE: XX4099629 Netlix: 60027713 Editar o valor en Wikidata

2 Fast 2 Furious (tamén coñecido como The Fast and the Furious 2) é un filme de acción estadounidense de 2003 dirixido por John Singleton, producido por Neal H. Moritz e guión de Michael Brandt e Derek Haas. É a segunda entrega da franquía Fast and The Furious  e unha secuela de The Fast and the Furious (2001). Os intérpretes principais son Paul Walker, Tyrese Gibson, Chris "Ludacris" Bridges, Eva Mendes e Cole Hauser. A película segue o ex-policía Brian O'Conner, quen con  Roman Pearce e a axente de alfándegas, Mónica Fuentes, pretende deter a Carter Verone, un narcotraficante.

2 Fast 2 Furious é a única película da marca na que non aparece Vin Diesel, que rexeitou o proxecto para participar en xXx (2002). A maior parte do filme rodouse en Miami e  a súa estrea foi o 6 de xuño de 2003, recadando máis de 236.000.000 de dólares en todo o mundo cun orzamento de 76.000.000.  The Fast and the Furious: Tokyo Drift  (2006) foi a seguinte entrega da franquía.

Argumento

[editar | editar a fonte]

Despois de deixar escapar ao fuxitivo Dominic Toretto (Vin Diesel) na primeira película (The Fast and the Furious), o ex-oficial de policía Brian O'Conner (Paul Walker) mudáse dos Ánxeles a Miami para comezar unha nova vida, dende aquela pasou un ano. En Miami fixo novos amigos, como Tej Parker (Chris 'Ludacris' Bridges), un mecánico, Jimmy (MC Jin) e Suki (Devon Aoki). O'Conner agora faise chamar "La Bala" e compite na rúa en carreiras ilegais con apostas altas para gañar cartos, empregando as habilidades que lle aprendeu Toretto. Unha noite, tras gañar unha carreira, axentes de alfándegas dos Estados Unidos captúrano e ofrécenlle un trato para participar nunha investigación conxunta de alfándegas co FBI, en troco hanlle borrar os antecedentes dende que liscou dos Ánxeles. A operación consiste en carreiras nas ruas, mais ao saber que nin alfándegas nin o FBI teñen un corredor experimentado, O'Brian dille a Bilkins que será el quen o seleccione pola súa conta.

Eva Mendes (nunha imaxe de 2005) dá vida a Monica Fuentes, unha axente de alfándegas infiltrada na banda de Carter Verone

Produción

[editar | editar a fonte]

Tras o éxito de público de Fast and The Furious fixéronse plans para realizar unha secuela, Michael Brandt e Derek Haas escribiuron o guión xunto con Gary Scott Thompson (o guionista do primeiro filme)[3]. Ao primeiro realizáronse dous tratamentos para o filme, nun deles non aparecía o personaxe de Vin Diesel no caso que o actor non quixese actuar na secuela [4]. Singleton salientou Top Gun como unha grande influencia para a película, particularmente nas secuencias de acción[5].

 Preprodución

[editar | editar a fonte]
Paul Walker repetiu como Brian O'Conner en 2 Fast 2 Furious.

A Vin Diesel ofrecéronlle 25.000.000 de dólares por facer de novo na secuela de Dominic Toretto[6]. Así a todo, rexeitou logo de ler o guión ao sentir que o seu potencial era inferior comparado co do anterior filme, e preferiu aparecer en The Chronicles of Riddick [7].

Paul Walker, que daquela rematara Timeline repetiu o papel de Brian O'Conner. Tyrese Gibson, tamén entrou no elenco, actuara anteriormente en Baby Boy de Singleton, o seu début como actor,  e interpretou a Roman Pearce[8]. Pensouse tamén noutro destacado artista de rap Ja Rule para interpretar a Tej Parker, Rule que xa tivera un pequeno papel en The Fast and the Furious botouse atrás e o director contratou a Chris "Ludacris" Bridges, tamén cantante de rap pero non tan popular na época, a súa participación na película faríao popular e sería o protagonista de filmes como  Crash ou Hustle & Flow.[9] O elenco tamén incluía a  Cole Hauser como o vilán Carter Verone, Eva Mendes como a axente secreta Mónica Fuentes e Devon Aoki como Suki, a única muller piloto na película.

Algunhas escenas de condución extrema graváronse nunha longa ponte nos cayos de Florida

A rodaxe principal comezou no outono de 2002[10] e Mateo F. Leonetti serviu como director de fotografía[11]. Rodouse principalmente en varias partes de Florida, como Miami Beach, Seven Mile BridgeHomestead Air Force Base[12], a mansión de Hauser, propiedade de Sylvester Stallone, filmouse en Coral Gables.

Walker, un grande entusiasta dos automóbiles, conduciu persoalmente un Nissan Skyline GT-R modelo R-34 nas escenas de apertura do filme.[13] Aoki non tiña carné de conducir nin experiencia ningunha en conducir, polo que recibiu clases de conducir durante a rodaxe para poder conducir un Honda S2000 AP1 na película. Gibson conduciu un  Mitsubishi Lancer Evolution VII convertible, e Michael Ealy un Toyota Supra Turbo MkIV modelo JZA80 que pertencera a Walker en Fast and The Furious.

Lanzamento

[editar | editar a fonte]

Recadación

[editar | editar a fonte]

2 Fast 2 Furious recadou 50.472.480 de dólares na súa estrea nos Estados Unidos en 3.408 cines, quedando en primeiro lugar na fin de semana. Durante os 133 días de exhibición fixo 127.154.901 no mercado interior. A película tivo o 15º mellor ingreso nacional bruto de 2003 e o 16º de todo o mundo de 2003. Internacionalmente fixo  109.195.760, recadando un total de 236.350.661 en todo o mundo.

Rotten Tomatoes dálle unha taxa de aprobación do 36% baseados en 160 críticas, cunha media de 4.7/10. O consenso do sitio é: "Bela xente e belos coches nunha película que non porá en perigo as células do cerebro"[14]. Metacritic sobre 35 críticas dálle unha puntuación media ponderada de 38 sobre 100, indicando "xeralmente comentarios desfavorables".[15]

Roger Ebert de Chicago Sun-Times deulle 3/4 indicando "será descerebrado pero fíxose con habilidade e estilo e, meu amigo, é rápido e furioso"[16].

  1. "2 Fast 2 Furious (15)". British Board of Film Classification. Consultado o 21 de xullo de 2017. 
  2. 2,0 2,1 "2 Fast 2 Furious (2003)". Box Office Mojo. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2009. Consultado o 5 de abril de 2009. 
  3. Scwarzbaum, Lisa (13 de xuño de 2003). "2 Fast 2 Furious". Entertainment Weekly. 
  4. Travis, Ben (27 de marzo de 2017). "Catching up with the Fast & Furious: a complete guide to the movies so far". The Daily Telegraph. 
  5. Chitwood, Scott (6 de xuño de 2013). "John Singleton on 2 Fast 2 Furious". ComingSoon.net (CraveOnline). 
  6. Setoodeh, Ramin (21 de xullo de 2017). "Vin Diesel: A 'Furious' Mind". Variety. 
  7. Stice, Joel (18 de xullo de 2017). "Why Vin Diesel Turned Down 2 Fast 2 Furious And Six Other Popular Roles". Uproxx (Woven Digital). 
  8. "2 Fast 2 Furious - Production Notes (About the Cast)". Contactmusic.com (Universal Pictures). Consultado o 21 de xullo de 2017. 
  9. Pruner, Aaron. "How Ja Rule Turning Down 2 Fast 2 Furious Helped Launch Ludacris As A Star". Uproxx (Woven Digital). Consultado o 21 de xullo de 2017. 
  10. "John Singleton Reveals How Ja Rule Blew His Chance to Be in ‘2 Fast 2 Furious’". Grantland. 3 de abril de 2015. 
  11. "2 Fast 2 Furious". cinemareview.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2017. Consultado o 14 de setembro de 2017. 
  12. "Best and Worst Movies Shot in Miami Beach, From Scarface to Sly Stallone's The Specialist". Miami News Times. 16 de novembro de 2016. 
  13. "The Complete History of Every Important Car in the "Fast & Furious" Franchise". complex.com. 23 de maio de 2013. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2017. Consultado o 14 de xaneiro de 2019. 
  14. "2 Fast 2 Furious". Rotten Tomatoes. 
  15. "2 Fast 2 Furious". Metacritic. 
  16. "2 Fast 2 Furious". rogerebert.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2013. Consultado o 29 de setembro de 2021.