2 de outubro
Aparencia
<< | Outubro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 | |||
2024 Todos os días |
O 2 de outubro é o 275º día do ano do calendario gregoriano (276º nos anos bisestos). Quedan 90 días para finalizar o ano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1187 - Saladino toma Xerusalén e prohibe a destrución dos lugares santos.
- 1263 - Noruegueses e escoceses libran a Batalla de Largs.
- 1535 - Jacques Cartier descobre Montreal, Quebec.
- 1552 - Iván IV O Terrible de Rusia somete os tártaros de Kazán e asasina tódolos seus habitantes.
- 1559 - Filipe II recoñece oficialmente a Xoán de Austria como seu irmán.
- 1608 - Johannes Lippershey constrúe un telescopio de refracción.
- 1701 - Filipe V xura os foros cataláns diante das Cortes de Cataluña.
- 1835 - en Texas (Estados Unidos) líbrase a batalla de González, escaramuza que se considera o inicio da independencia de Texas.
- 1836 - Charles Darwin finaliza a súa viaxe a bordo do Beagle despois dun percorrido arredor do mundo que durou 5 anos, nos que fixo descubrimentos biolóxicos.
- 1842 - Tras catro anos de traballos finalízase a instalación do reloxo da catedral de Estrasburgo.
- 1846 - Curso do primeiro despacho por medio do teléfono óptico en España, de Irún a Madrid.
- 1905 - A administración dos ferrocarrís de Wurtemberg introduce a xornada laboral de 8 horas.
- 1909 - Inauguración en China da primeira liña de ferrocarril enteiramente construída por chineses, entre Pequín e Kalgan (200 km).
- 1919 - A Asemblea Nacional de Francia ratifica en París o Tratado de Versalles.
- 1920 - Hungría expulsa do país os xudeus inmigrados desde 1914.
- 1920 - Disolución das Cortes españolas.
- 1923 - O papa Pío XI reclama a axuda dos bispos estadounidenses para evitar a ameaza de fame que cae sobre Europa.
- 1924 - A Asemblea Xeral da Sociedade de Nacións aproba o "protocolo para a solución pacífica das diferenzas internacionais".
- 1925 - John Logie Baird logra na súa bufarda de Londres ver por primeira vez a imaxe dun ser humano na televisión.
- 1928 - Fundación do Opus Dei polo crego Xosemaría Escrivá de Balaguer.
- 1936 - Inaugúrase en Xenebra, o novo palacio da Sociedade de Nacións, a gran sala dos Consellos, pintada por Josep Maria Sert.
- 1939 - Os alemáns ocupan a península de Hela, no Báltico, último reduto da resistencia polaca, co que remata a campaña de Polonia.
- 1944 - Prodúcese a capitulación de Varsovia.
- 1948 - A Unión Soviética recomenda a destrución de todas as armas atómicas e a implantación dun control atómico internacional.
- 1950 - Charles M. Schulz publica Peanuts en tiras cómicas por primeira vez en sete tebeos americanos.
- 1952 - Realízanse probas, con resultado positivo, dun tren monorraíl en Colonia.
- 1954 - A OTAN e o Pacto de Bruxelas admiten como membro a República Federal Alemá.
- 1955 - O célebre computador ENIAC desactívase.
- 1958 - Guinea independízase de Francia.
- 1961 - Fórmase a Federación Universitaria Democrática de España (FUDE) na Universidade de Madrid.
- 1968 - México: Matanza de estudantes por parte do exército durante unha manifestación na praza das Tres Culturas de Tlatelolco na cidade de México.
- 1968 - Entra en funcionamento a Universidade Autónoma de Madrid.
- 1978 - Dous cosmonautas rusos regresan á Terra, despois de 140 días na estación orbital Saliut 6.
- 1984 - Regreso dos tres cosmonautas á Terra, tras permaneceren 237 días en órbita, batendo o anterior récord.
- 1986 - España: O Congreso dos Deputados ratifica o texto da Acta Única Europea.
- 1986 - Rajiv Gandhi, primeiro ministro da India, sae ileso dun atentado cometido por un desequilibrado, que feriu seis persoas.
- 1987 - Un tribunal especial condena a Francia a pagar oito millóns de dólares a Greenpeace, polo afundimento do "Rainbow Warrior".[1]
- 1989 - O Soviet Supremo prohibe tódalas folgas na URSS durante os seguintes 15 meses.
- 1989 - O Reis de España presiden en Parla (Madrid) a colocación do primeiro tramo de vía de ancho internacional da liña férrea Madrid-Sevilla, que utilizará o tren de alta velocidade.
- 1990 - Desaparece a República Democrática Alemá (RDA) ao integrarse na República Federal Alemá (RFA). O acto de unificación realízase en Berlín, nova capital da Alemaña unificada.
- 1992 - O Consello de Seguridade da ONU aproba a confiscación dos haberes de Iraq, procedentes das exportacións do petróleo, para sufragar os gastos da guerra do Golfo.
- 1997 - Os países membros da UE asinan o Tratado de Ámsterdam, que modificou o de Maastricht, destinado a preparar a entrada de novos países na UE.
- 1998 - O presidente do goberno de España José María Aznar fixa o marco para a paz nunha declaración solemne tras os seus contactos cos representantes das forzas parlamentarias. Esixe a ETA unha proba da súa renuncia definitiva á violencia e de aceptación das regras democráticas.
- 2002 - Un grupo de científicos revela, tras seis anos de investigación, o código xenético do parasito da malaria e do mosquito responsábel da transmisión da enfermidade.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1452 - Ricardo III, rei de Inglaterra
- 1616 - Andreas Gryphius, dramaturgo alemán
- 1800 - Nat Turner, líder americano do levantamento antiesclavista
- 1832 - Edward Burnett Tylor, antropólogo inglés
- 1847 - Paul von Hindenburg, militar, político e presidente alemán
- 1851 - Ferdinand Foch, mariscal francés
- 1852 - William Ramsay, químico escocés
- 1869 - Mahatma Gandhi, político e líder relixioso hindú (m. 1948)
- 1879 - Wallace Stevens, poeta estadounidense
- 1881 - Antón Villar Ponte, escritor e político galego (m. 1936)
- 1890 - Groucho Marx, actor estadounidense
- 1904 - Graham Greene, novelista británico
- 1905 - Alberto Martín-Artajo Álvarez, escritor e xornalista español
- 1907 - Víctor Paz Estenssoro, político boliviano
- 1907 - Alexander Todd, científico británico, Premio Nobel de Química 1957
- 1907 - Ángel León, campión español do tiro olímpico.
- 1916 - Ángel Suquía, cardeal español.
- 1919 - James McGill Buchanan, economista estadounidense, Premio Nobel de Economía 1986.
- 1923 - Enrique de Aguinaga, xornalista e mestre español.
- 1930 - Antonio Gala, escritor español
- 1932 - Maury Wills, estrela do béisbol
- 1936 - Fernando Sánchez Dragó, escritor español.
- 1945 - Don McLean, compositor americano
- 1948 - Avery Brooks, actor americano
- 1948 - Donna Karan, deseñadora de moda estadounidense
- 1949 - Richard Hell, músico estadounidense
- 1951 - Gordon Matthew Sumner “Sting”, cantante, músico, compositor e actor británico
- 1948 - Romina Power, cantante británica.
- 1952 - Miguel Palol, poeta e escritor español
- 1954 - Lani O'Grady, actriz estadounidense
- 1955 - Lorraine Bracco, actriz estadounidense
- 1957 - Luis Ángel Lago Lage, político do PSdeG-PSOE
- 1965 - Ferhan e Ferzan Önder, xemelgas e pianistas turco-austríacas
- 1970 - Maribel Verdú, actriz española.
- 1973 - Susana González, actriz mexicana
- 1976 - Anita Kulcsár, xogadora de balonmán húngara (m. 2005)
- 1978 - Ayumi Hamasaki, músico
Mortes
[editar | editar a fonte]- 1264 - Urbano IV, papa
- 1623 - Francisco Vicente, crego e poeta español.
- 1626 - Diego Sarmiento de Acuña, diplomático galego, conde de Gondomar (n. 1567).
- 1803 - Samuel Adams, revolucionario americano
- 1853 - François Jean Dominique Arago, físico francés
- 1892 - Ernest Renan, historiador francés.
- 1918 - Carlos Miranda, poeta e xornalista español.
- 1927 - Svante Arrhenius, científico sueco
- 1931 - Xaime de Borbón, aspirante carlista ao trono de España.
- 1951 - Guillerme Rodríguez Martín, matador de toros peruano.
- 1957 - Agustín Rodríguez Castro, escritor e compositor galego (n. 1885)
- 1962 - Boris Y. Bukreev, matemático ucraíno
- 1968 - Marcel Duchamp, artista francés.
- 1973 - Ramón Melcón, adestrador da selección española.
- 1973 - Paavo Nurmi, corredor finlandés.
- 1980 - Álvaro Gil Varela, empresario e filántropo galego (n. 1905).
- 1981 - Hazel Scott, cantante estadounidense
- 1985 - Rock Hudson, actor estadounidense.
- 1990 - Xosé María Díaz Castro, poeta galego (n. 1914).
- 1991 - María Aurèlia Capmany i Farnès, escritora española.
- 1998 - Gene Autry, cantante, actor e empresario americano
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]- Día Internacional da Non Violencia, conmemorando o nacemento de Mahatma Gandhi, símbolo da loita pacífica [2]
Outros
[editar | editar a fonte]- Santoral: Anxos da Garda e Custodios (Patróns dos corpos de policía); Santo Aderaldo, Odrán, Berenguel e Tomé de Cantalupo (Confesores); Damundo e Dagamundo (Abades); Eutero, Teófilo, Eleuterio, Berenguel, Primo, Cirilo e Secundario (Mártires); Guillerme e Leodegario (Bispos); Saturio e Sereno (Eremitas): Anxa (Virxe).