8 de outubro
Aparencia
<< | Outubro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 | |||
2024 Todos os días |
O 8 de outubro é o 281º día do ano do calendario gregoriano (282º nos anos bisestos). Quedan 84 días para finalizar o ano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 451 - en Calcedonia comeza o concilio ecuménico de Calcedonia no que se proclamará unha nova doutrina: Xesucristo é totalmente divino e totalmente humano (dúas naturezas nunha soa persoa).
- 732: Carlos Martel vence os árabes en Poitiers.
- 1483: O Papa Sisto IV confirma a fundación da Universidade de Sigüenza.
- 1492: Cristovo Colón escribe no seu libro de viaxe: "Toda a noite oímos paxaros voando enriba de nós".
- 1600: Primeira Constitución de San Marino.
- 1813: As Cortes de Cádiz suprimen os gremios e os señoríos territoriais.
- 1814: Apertura do Congreso de Viena, que tivo como obxectivo reconstruír as fronteiras de Europa e os gobernos tradicionais, totalmente trastocados despois das conquistas de Napoleón Bonaparte.
- 1871: Un grande incendio destrúe gran parte da cidade de Chicago.
- 1881: Inauguración da liña férrea Madrid-Lisboa, cerimonia presidida polos reis de España e Portugal, Afonso XII e Lois I.
- 1903: A China asina un tratado comercial co Xapón e os Estados Unidos que garante a apertura dos portos manchús.
- 1917: Lev Trotski é elixido presidente do Soviet de San Petersburgo.
- 1945: O coronel Perón é obrigado a dimitir do seu cargo no goberno arxentino.
- 1949: Estréase a obra teatral “Historia dunha escaleira” de Antonio Buero Vallejo.
- 1950: As tropas estadounidenses de Douglas MacArthur cruzan o paralelo 38, límite das dúas Coreas, coa autorización da ONU.
- 1958: En Estocolmo implántase a un paciente de 40 anos o primeiro marcapasos cardíaco completo.
- 1962: O primeiro ministro de Uganda, Milton Obote, anuncia a independencia do país como monarquía constitucional, baixo a coroa británica.
- 1965: O Comité Olímpico Internacional decide que as dúas Alemañas estarán representadas por separado nos Xogos Olímpicos de 1968, en México.
- 1971: España: Os vehículos matriculáranse coa contrasinal da provincia e letras dende o A até o Z.
- 1982: A Dieta vota en Polonia unha lei que prohibe o sindicato Solidariedade.
- 1988: Acordo entre Irán e Iraq para o intercambio de prisioneiros e a retirada de tropas ás fronteiras existentes antes da guerra nun prazo máximo de 15 días.
- 1988: Inaugúrase o metro de Valencia e a cidade pasa a ser a terceira de España con este servizo urbano.
- 1992: O poeta antillano Derek Walcott gaña o Premio Nobel de Literatura.
- 1992: Os Reis de España inauguran en Madrid o Museo Thyssen-Bornemisza, que acolle en 48 salas os 800 cadros da colección de Hans Heinrich Thyssen.
- 1997: Antonio Buero Vallejo (por toda a súa obra), Manuel Rivas (narrativa), Felipe Benítez Reyes (poesía), Sergi Belbel (literatura dramática) e Juan Marichal (ensaio) son os gañadores dos Premios Nacionais de Literatura de España 1996.
- 1998: A Academia Sueca premia co Premio Nobel de Literatura a José Saramago.
- 1999: A xustiza británica aproba a extradición do ex xeneral Augusto Pinochet a España.
- 1999: Visto e prace á Ortografía da lingua española que, co consenso das 22 academias da lingua española, actualiza e ilustra as normas ortográficas básicas que se fixeron oficiais a mediados do século XIX.
- 2003: O actor Arnold Schwarzenegger gaña as eleccións para gobernador do Estado de California (EUA).
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1585 - Heinrich Schütz, compositor alemán.
- 1676 - Frei Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro (Padre Feijoo), monxe e ensaísta español (m. 1764).
- 1741 - José Cadalso, escritor español
- 1808 - José Tomás Urmeneta García-Abello, político chileno.
- 1838 - John Milton Hay, político e escritor estadounidense.
- 1849 - Juan Fernández Latorre, empresario e político galego (m. 1912).
- 1869 - Juan Domínguez Fontela, sacerdote, arqueólogo e historiador galego (m. 1942).
- 1870 - Xoán Cervera e Valderrama, mariño español.
- 1872 - John Cowper Powys, escritor inglés.
- 1873 - Ejnar Hertzsprung, astrofísico danés.
- 1879 - Max Von Laue, físico alemán, Premio Nobel de Física 1914.
- 1881 - José Solchaga, militar español.
- 1883 - Otto Heinrich Warburg, fisiólogo alemán (m. 1970).
- 1888 - Ernst Kretschmer, psiquiatra e neurólogo alemán (m. 1964).
- 1895 - Juan Domingo Perón, estadista arxentino.
- 1896 - Julien Duvivier, cineasta francés.
- 1898 - Rouben Mamoulian, cineasta estadounidense.
- 1909 - Domingo García-Sabell, médico, escritor e político galego (m. 2003).
- 1909 - José Anton Muñoz Rojas, escritor e poeta español.
- 1910 - Alberte Balderas Reyes, matador de touros mexicano.
- 1920 - Victoria Garrón de Doryan, política e escritora costarriqueña.
- 1922 - Christian Barnard, cirurxián surafricano.
- 1927 - Cesar Milstein, bioquímico británico nado na Arxentina e Premio Nobel de Medicina 1984.
- 1929 - Betty Boothroyd, política británica.
- 1936 - David Carradine, actor e cantante estadounidense.
- 1939 - Paul Hogan, actor, guionista e produtor australiano.
- 1941 - Jesse Jackson, predicador e político estadounidense.
- 1943 - Felipe Martínez Marzoa, filósofo galego.
- 1946 - Chevy Chase, actor estadounidense.
- 1948 - Claude Jade, actriz francesa.
- 1949 - Sigourney Weaver, actriz norteamericana.
- 1954 - Michael Dudikoff, actor estadounidense.
- 1958 - Miguel Anxo Fernán-Vello, escritor e editor galego.
- 1965 - Matt Biondi, nadador estadounidense.
- 1967 - Yvonne Reyes, actriz venezolana.
- 1970 - Matt Damon, actor estadounidense.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 705 - Abd al-Malik ibn Marwan, califa árabe.
- 1354 - Cola di Rienzi, revolucionario italiano, asasinado polos seus propios partidarios.
- 1595 - Álvaro de Mendaña, explorador español do océano Pacífico (n. 1542).
- 1754 - Henri Fielding, novelista británico.
- 1803 - Vittorio Alfieri, dramaturgo e poeta italiano.
- 1821 - Juan O'Donojú, último vicerrei de España en México.
- 1826 - Friedrich Krupp, empresario alemán.
- 1844 - Martín Fernández de Navarrete, escritor, mariño e bibliotecario español.
- 1869 - Franklin Pierce, 14º presidente dos Estados Unidos (1853-1857).
- 1886 - José Casado del Alisal, pintor español.
- 1927 - Ricardo Güiraldes, escritor arxentino.
- 1951 - José Joaquín Casas Castañeda, escritor e político colombiano.
- 1966 - Xoán Batllé Planas, gravador español.
- 1973 - Gabriel Marcel, filósofo existencialista francés.
- 1985 - John F. Enders, bacteriólogo estadounidense, Premio Nobel de Medicina 1954.
- 1982 - Philip Noel-Baker, político, diplomático e atleta británico (n. 1889).
- 1982 - Fernando Lamas, actor arxentino.
- 1990 - José Luis Alonso Mañés, director español de teatro.
- 1992 - Willy Brandt, político alemán.
- 1992 - Jualma Suarez, baixista e cantante de Eskorbuto.
- 1994 - Manuel Piña, deseñador español de moda.
- 2004 - Jacques Derrida, filósofo francés.
- 2011 - Antonio Iglesias Álvarez, xornalista, musicólogo e pianista galego (n. 1918).
- 2019 - Manuel Álvarez Torneiro, xornalista e poeta galego (n. 1932).
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]Santoral
[editar | editar a fonte]Nosa Señora dos Remedios, Santa Susana de Bluís (Mártir); Simeón, Begoña, Pelaxio, Artemón, Ambrosio Sansedoni e Mateo Carreri (Presbíteros); Reparada, Bríxida e Benedicta (Virxes); Néstor, Demetrio, Hugo, Valeria, Polena, Paladia, Porcaria, Palaciata, Escravitude, Lourenza, Pelaxia, Tais, Badilón, Eusebia e Pedro de Sevilla (Mártires); Evodio e Artoldo (Bispos); Hais (Confesor); Xoán de Xesús. (Relixioso)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "World Octopus Day". Days of the Year (en inglés).