A Baixa Época
A Baixa Época | |
Pirámides de Giza. | |
Historia | Historia de Exipto |
Cronoloxía | Cronoloxía de Exipto |
Categoría | Historia de Exipto |
Prehistoria | |
Prehistoria de Exipto | |
Idade Antiga | |
Historia antiga de Exipto | |
-V milenio | |
-4500: Período predinástico | |
-IV milenio | |
-3150: Período tinita | |
-III milenio | |
-2700 - -2134: Imperio Antigo de Exipto -2134 - -2040: Primeiro Período Intermedio -2040 - 1640: Imperio Medio de Exipto | |
-II milenio | |
-1640 - -1550: Segundo Período Intermedio -1550 - -1070: Imperio Novo de Exipto -1070 - -664: Terceiro Período Intermedio | |
-I milenio | |
-664 - -323: A Baixa Época -332 - 395: Período grecorromano | |
Idade Media | |
Historia medieval de Exipto | |
Idade Moderna | |
Historia moderna de Exipto | |
Idade Contemporánea | |
Historia contemporánea de Exipto |
Coñécese como Baixa Época ao período entre a conquista asiria do Antigo Exipto até a chegada de Alexandre Magno (664-323).
O rei asirio Assurbanipal (660-627) estableceu un maior control (desde o 671 Menfis caíra e o país pagáballe un tributo) apoiando ao gobernador de Sais, Neco I (672-664), quen se enfrontou aos nubios. Pero o fillo deste, Psammético I, aproveitando que Assurbanipal marchara reprimir unha rebelión en Babilonia, liberouse da súa tutela e unificou o reino. Psammético I foi o primeiro faraón que empregou mercenarios gregos e carios.
A prosperidade aumentou, especialmente no delta, e xa na XXVI dinastía tentouse controlar Palestina aproveitándose da decadencia asiria: Neco II combateu en Siria, rexeitou un ataque do rei babilonio Nabucodonosor (604-562) e construíu unha frota no Mediterráneo e outra no Mar Vermello, ao tempo que tentaba enlazar o Nilo e o Mar Vermello mediante un canal. Apries (589-570) apoiou tamén aos pequenos estados palestinos contra Babilonia e aceptou aos exilados xudeus que fuxían da catividade. Tentou reprimir aos colonos gregos de Cirene pero o xeneral que enviara, Amasis (570-526) sublevouse e depúxoo.
Ao ano seguinte da morte deste, os persas invadiron e puxeron no trono a Cambises (525-522), primeiro soberano da XXVII dinastía (persa). Darío I rematou o canal de Neco II. Durante os 80 anos que seguiron á derrota persa contra os gregos en Maratón (ano 490), os exipcios combateron por expulsar aos persas apoiándose nos gregos. En 404 Amirteo de Sais libertou o delta e catro anos máis tarde o resto do país. Os persas volveron a dominar Exipto durante dez anos (343-333), no que constituíu a XXXI dinastía.