Saltar ao contido

A derradeira película

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A derradeira película
Ficha técnica
Título orixinalThe Last Picture Show
DirectorPeter Bogdanovich
ProdutorStephen J. Friedman
GuiónLarry McMurtry
Peter Bogdanovich
Baseado enThe Last Picture Show, novela de Larry McMurtry (1966)
IntérpretesTimothy Bottoms
Jeff Bridges
Cybill Shepherd
Eileen Brennan
Ellen Burstyn
Ben Johnson
Cloris Leachman
Randy Quaid
FotografíaRobert L. Surtees
MontaxeDonn Cambern
EstudioBBS Productions
DistribuidoraColumbia Pictures
Estrea22 de outubro de 1971
Duración118 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento1,3 millóns de dólares
Recadación29,1 millóns de dólares[1]
Filme seguinteTexasville
Na rede
IMDB: tt0067328 Filmaffinity: 740587 Allocine: 34419 Rottentomatoes: m/last_picture_show Mojo: lastpictureshow Allmovie: v28358 TCM: 4672 TV.com: movies/the-last-picture-show BNE: XX3744982 Editar o valor en Wikidata

A derradeira película (en inglés: The Last Picture Show) é un filme estadounidense de 1971 dirixido e coescrito por Peter Bogdanovich, adaptado da novela semiautobiográfica The Last Picture Show de Larry McMurtry.

Ambientada nunha pequena vila do norte de Texas de novembro de 1951 a outubro de 1952, trata o paso á idade adulta de Sonny Crawford (Timothy Bottoms) e o seu amigo Duane Jackson (Jeff Bridges). O elenco tamén inclúe a Cybill Shepherd (no seu debut cinematográfico), Ben Johnson, Eileen Brennan, Ellen Burstyn, Cloris Leachman, Clu Gulager, Randy Quaid e John Hillerman. Por motivos estéticos foi rodado en branco en negro, o que era infrecuente nesa época. O filme incorpora cancións de Hank Williams Sr. e outros artistas.

O filme foi candidato a oito premios Óscar, incluíndo mellor filme, dirección, actores secundarios (Ben Johnson e Jeff Bridges) e actrices secundarias (Ellen Burstyn e Cloris Leachman), con vitorias de Johnson e Leachman. En 1998 o filme foi considerado "cultural, histórica e esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e seleccionado para a súa preservación no National Film Registry.

Foi emitido na TVG o 21 de decembro de 2001.[2]

Dous adolescentes pasan os seus días bebendo e namorando nunha cidade de Texas no inicio da década de 1950, época da guerra de Corea. Teñen como diversión só unha sesión de cinema na única sala de exhibición da cidade, ademais da iniciación sexual. Os dous se senten atraídos pola mesma moza e aí a amizade entre eles sofre.

Recepción e legado

[editar | editar a fonte]

Recepción crítica

[editar | editar a fonte]

A derradeira película foi aclamada pola crítica e ten un índice de aprobación do 100% na web Rotten Tomatoes baseado en 51 críticos, cunha media de 9,1/10. O consenso afirma: "Facendo un uso excelente da época e a ambientación, a chegada á madureza nunha pequena vila de Peter Bogdanovich é un triste mais conmovedor clásico completado con interpretacións impresionantes".[3] Roger Ebert, crítico do Chicago Sun-Times deulle ao filme catro estrela de catro na súa estrea e considerouno o mellor filme de 1971. Máis tarde engadiuno á súa listaxe de grandes filmes, escribindo que "o filme é sobre todo unha evocación do estado do ánimo. É sobre unha vila sen razón para existir, e xente sen motivos para vivir alí. A única esperanza é a transgresión".[4]

Controversia por obscenidade

[editar | editar a fonte]

En 1973, especialmente debido a escena da festa nudista na piscina, o filme foi prohibido en Phoenix (Arizona), cando o fiscal da cidade notificou ao director dun cine ao aire libre que o filme violaba un estatuto estatal de obscenidade. Posteriormente, a corte federal decidiu que o filme non era obsceno.[5][6] Ed Ware, fiscal do distrito de Rapides Parish (Louisiana), bloqueou a exhibición do filme, mais só temporalmente debido a que o cine gañou un preito para superar a directiva de Ware.[7]

  1. "The Last Picture Show, Box Office Information". Box Office Mojo. Consultado o 30-1-2012. 
  2. Programación
  3. "The Last Picture Show" (en inglés). Consultado o 2022-02-07. 
  4. Ebert, Roger (4-7-2004). "Great Movie Reviews - The Last Picture Show". RogerEbert.com. Consultado o 25-2-2016. 
  5. "Censored Films and Television at University of Virginia online". .lib.virginia.edu. Arquivado dende o orixinal o 03-10-2011. Consultado o 5-4-2012. 
  6. "Most Controversial Films of All Time". Filmsite.org. Consultado o 5-4-2012. 
  7. Sharkey, Richard P. "UPDATE: Former Rapides Parish DA Ed Ware III dies at 88". Town Talk (en inglés). Consultado o 25 de xuño de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]