Saltar ao contido

Abadesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miniatura da abadesa Svanhild de Essen (século XI)

Unha abadesa (do latín tardío abbatissa, forma feminina de abbas, abade) é a superiora dun mosteiro ou convento de freiras.

A forma da elección, posición, dereitos e autoridade dunha abadesa correspóndese, xeralmente, cos dun abade. O cargo é electivo por voto secreto das irmás. A beizón eclesiástica serve para admitila solemnemente no seu cargo. O Concilio de Trento fixou os 40 anos, con 8 de profesión para poder optar ao cargo. A abadesa ten o dereito de demandar absoluta obediencia das súas freiras, suxeita ao bispo, pero non poder exercer as funcións espirituais do sacerdocio que na igrexa católica están reservadas aos homes.

Na igrexa luterana de Alemaña o título de abadesa sobreviviu para designar a cabeza dos mosteiros evanxélicos que continuaron despois da reforma protestante.