Abella de la Conca
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | Provincia de Lleida | ||||
Comarca | Pallars Jussà | ||||
Capital | Abella de la Conca | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 167 (2023) (2,13 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 28 (1553) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 78,3 km² | ||||
Bañado por | Río Rialb | ||||
Altitude | 956 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 2007 | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Julià Sala Monsó (–2023) Montserrat Gimo Bustos (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 25651 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 973 | ||||
Código INE | 25001 | ||||
Código territorial IDESCAT | 250019 | ||||
Páxina web | abellaconca.ddl.net |
Abella de la Conca é unha vila e concello da comarca do Pallars Jussà, na provincia de Lleida, Cataluña. O concello sitúase na ribeira oriental da conca de Tremp. Comprende os altos vales do río de Abella, afluente do río Conques no seu marxe dereito, e do río de Rams. O val deste último atópase casetonado entre as serras de Boumort e de Carreu. Ademais da conca de Tremp, tamén comprende un sector do val do río de Puials. Unha parte das casas da vila atópanse semiescavadas na rocha.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Con respecto á primeira parte do topónimo, o nome do pobo procede do nome do animal. Sería, polo tanto, un topónimo románico, procedente do latín tardío apicula. Non obstante, podería tratarse da asimilación por similitude ao latín dun nome anterior, prerromano.
Joan Coromines dá outra versión, en parte semellante: nos lugares onde as primitivas vivendas estaban nos buratos das rochas, como os que hai no Burato de Abella ou na zona das Grutas dos lavadoiros, teríase producido un símil coas colmeas das abellas, e desta comparación viría o nome da poboación de Abella de la Conca.
Tamén hai outra teoría de que o nome de Abella ven do árabe: al balda (o pobo). Este caso parece máis improbábel, dado que esta palabra árabe deu nomes como Albelda, que se conservan case sen transformación.
A segunda parte é pola súa pertenza á Conca Dellà, aínda que xenericamente tamén se asocia coa Conca de Tremp.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O termo municipal, cunha extensión de 78,27 Km², non é en absoluto dos máis extensos da bisbarra, aínda que supera a media catalá. Ocupa un territorio irregular, tanto con respecto á súa orografía coma polo que respecta ás concas hidrográficas.
Trátase de tres vales abondo diferenciados, aínda que unha delas, o val de Carreu, practicamente pasa desapercibida porque permanece lonxe dos accesos motorizados e está absolutamente despoboada na actualidade. Ademais, o seu mellor acceso é dende Pessonada, que pertence ao termo municipal de Conca de Dalt. As outras dúas, o val de Abella e o val de Bóixols están centrados nos dous pobos do termo: Abella e Bóixols. O terceiro pobo, ata fai ben pouco habitado, La Rua, así como a antiga caseria de Faidella, pertence ao val de Bóixols, mentres que La Torre d'Eroles, actualmente despoboado, na de Abella.
Demografía
[editar | editar a fonte]O concello, que ten unha superficie de 78,21 km², conta, segundo o padrón municipal para 2013 do INE, con 165 habitantes e unha densidade de 2,11 hab./km².
Poboación do Concello de Abella de la Conca (1842 - 2013) | ||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1842 | 1877 | 1887 | 1897 | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2011 | 2013 |
120 | 1053 | 1145 | 914 | 859 | 639 | 717 | 551 | 575 | 487 | 394 | 281 | 184 | 164 | 179 | 172 | 165 |
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Concello e antiga escola.
-
A vila dende o levante.
-
Ca l'Isidre del Portal.
-
Faidella.
-
Unha amendoeira de máis de 50 anos, en Abella de la Conca.
-
O Portal.
-
Cal Tonet del Bep.
-
Cal Rosta.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abella de la Conca |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial Arquivado 23 de xullo de 2012 en Wayback Machine.