Administración Espacial Nacional Chinesa
Administración Espacial Nacional Chinesa | |
---|---|
Acrónimo | CNSA |
Tipo | axencia espacial, national bureau magaged by minister commissions of State Council, name externally reserved by institution, name externally reserved by institution e name externally reserved by institution |
Data de fundación | 4 de abril de 1993 |
Organización matriz | Ministério da Indústria e Tecnologia da Informação |
Sede | Pequín |
País | República Popular da China |
Na rede | |
https://www.cnsa.gov.cn | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Administración Espacial Nacional Chinesa (CNSA polas súa siglas en inglés; en chinés: 国家航天局; en pinyin: Guójiā Hángtiān Jú) é a axencia espacial nacional da China, responsábel do programa espacial nacional. A China lanzou o seu primériro satélite o 24 de abril de 1970, o Dong Fang Dong (DFH-1), que durou 26 días en órbita, nunha operación da Academia de Tecnoloxía Espacial Chinesa (CAST polas súas siglas en inglés) dirixida por Qian Xuesen.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]A CNSA creouse en 1993, ao separarse da axencia aeroespacial.
O 14 de outubro de 2003 converteuse na terceira axencia en enviar un home ao espazo, o tenente coronel Yang Liwei. En 2007 lanzou a súa primeira misión á Lúa; a Chang'e 1.
En xullo de 2020 lanzou a súa primeira misión a Marte, Tianwen-1 ("Preguntando ós ceos").[2] No 2021 trouxo as súas primeiras mostras de chan da Lúa a misión Chang'e-5.[3]
A axencia mantén diversas colaboracións, entre elas, coa ESA, coa que en 2022 leva a cabo o Balloon boom.[4]
Bases
[editar | editar a fonte]- Jiuquan (Mongolia Interior), para lanzamentos a órbitas de inclinación media.
- Xichang (Sichuan), para lanzamentos a órbitas xeoestacionarias.
- Taiyuan (Shanxi), para órbitas polares.
- Estación de Espazo Profundo (Neuquén, Arxentina), parte da Rede de Espazo Profundo da China.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Zajec, Olivier (maio 2013). "Las ambiciones de Pekín trastocan el reparto del poder espacial y nuclear". Le Monde diplomatique en Español (211): 18–19. ISSN 1888-6434.
- ↑ "Your Guide to Tianwen-1". The Planetary Society (en inglés). Consultado o 2021-01-15.
- ↑ "Chang'e-5: China's Moon Sample Return Mission". The Planetary Society (en inglés). Consultado o 2021-01-15.
- ↑ "Balloon boom". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2022-02-18.
- ↑ "Estación china le da a la Argentina "una posibilidad única" para explorar el espacio". La Voz (en castelán). 22 de novembro de 2014. Consultado o 9 de abril de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Administración Espacial Nacional Chinesa |