Saltar ao contido

Adonis (poeta)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAdonis

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ar) علي أحمد سعيد إسبر Editar o valor en Wikidata
1 de xaneiro de 1930 Editar o valor en Wikidata (94 anos)
Al-Qassabin, Siria Editar o valor en Wikidata
Catedrático
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaParís (1986–)
Beirut (1956–) Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam, musulmán sen denominación, antirrelixión e Alauísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Damasco
Universidade San Xosé Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, profesor universitario, especialista en literatura, xornalista, escritor, tradutor, crítico literario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade San Xosé
Shir (1957 - 1970) (en) Traducir
Universidade Libanesa
Mawakif Magazine (1968 - 1994) (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Social Nacionalista Sirio (1945–1968) Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioAdonis
أدونيس Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeKhalida Saeed (1956–) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX835649 Musicbrainz: 334ca3f4-ef57-49d8-b2e8-226ed352bc99 Editar o valor en Wikidata

Ali Ahmad Said Esber (transliteración do seu nome árabe علي أحمد سعيد إسبر), nado en Al-Qassabin (Latakia, Siria) o 1 de xaneiro de 1930,[1] coñecido polo pseudónimo Adonis o Adunis,​ é un poeta, político e profesor francés de orixe siria. Desenvolveu un amplo labor poético ó longo da súa traxectorio, tendo publicados máis de vinte poemarios en lingua árabe. Viviu en Siria, o Líbano e Francia segundo as circunstancias forzábano a fuxir. A día de hoxe é considerado o poeta máis importante en lingua árabe vivo, amais de ser un dos poucos expoñentes do modernismo árabe inda vivo. Malia ser recoñecido mundialmente e un dos máis repetidos candidatos ó premio Nobel de Literatura,[2][3] os seus ideais ateos e mais comunistas provocaron un forte rexeitamento cara á súa persoa en moitos círculos, especialmente entre os gobernos árabes máis integristas (quen prohibiron a súa obra, coma en Irán ou Marrocos).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu pai era un labrego dunha comunidade alauita xiíta que lle aprendeu poemas clásicos en árabe e o Corán enteiro. Ao cumprir dezasete anos, tivo a oportunidade de recitar un poema da súa produción fronte ao daquela presidente de Siria, de xira pola rexión. Fondamente impactado, o presidente ofertoulle o premio que el quixese, ao que o mozo respondeu que quería ir á escola.

Tralos seus exitosos estudos ingresa na Universidade de Damasco, onde se licenza en Filosofía no 1954. Nesta época comeza a empregar o seu pseudónimo de Adonis (segundo el conta por mor de que as revistas non lle aceptaban os seus poemas baixo o seu nome real, daquela o agochou xusto despois de ler o famoso mito grego) e a achegarse ó ateísmo e ó comunismo.

Ao ano seguinte pasou seis meses en prisión por ser parte do Partido Socialista Nacionalista Sirio.[4] Trala súa ceiba, marchou ao Líbano, onde fundou xunto con outros poetas a revista de poesía Shi'r.[3] Recibiu unha bolsa de estudo entre 1960-61 en París, o que lle permitiu falar un francés fluído. Comezou a impartir clases na Universidade de Beirut, da que foi catedrático de Literatura Árabe de 1970 a 1985, se ben polo 1980 xa emigrara a París para fuxir da Guerra civil libanesa. Á súa chegada a Francia xa acadara fama abonda, polo que impartiu clases na Sorbona de Literatura Árabe ata se retirar para se adicar en exclusividade a compór poemas, ensaios e traducir.

Na actualidade vive no barrio da Defensa, o distrito financeiro parisiense, sendo un persoeiro fortemente activo na vida cultural da cidade e da clase intelectual mundial. Fixo declaracións en contra da Revolución Árabe por considerala reaccionaria baixo o seu falso discurso democrático e realiza conferencias e viaxes polo mundo. É considerado un dos grandes poetas árabes. especialmnete, dende a morte do palestino Mahmud Darwich.[5]

O 11 de xuño do 2014 recitou na Cidade da Cultura de Galicia canda a Yolanda Castaño.[4]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • 1961, Premio da revista Shi'r
  • 1968, Premio dos Amigos do Libro (Beirut)
  • 1971, Syria-Lebanon Award of the International Poetry Forum (Pittsburgh)
  • 1974, Premio Nacional de Poesía (Beirut)
  • 1983, Membro da Academia Mallarmé
  • 1983, Officier des Arts et des Lettres (Francia)
  • 1984, Medalla Picasso (Unesco)
  • 1986, Gran Premio das Bienais Internacionais da Poesía de Liexa
  • 1990, Membro da Academia Universal de Culturas (París)
  • 1991, Premio Jean Marlieu Etranger (Marsella)
  • 1994, Premio Nâzım Hikmet (Istambul)[6]
  • 1995, Premio Méditerranée-Etranger (París)
  • 1995, Premio do Foro Cultural Libanés en Francia
  • 1997, Premio de Poesía de Struga
  • 1999, Premio de Poesía Nonino (Italia)
  • 2000, Premio Alain Bosquet (París)
  • 2004, Doutor honoris causa pola Universidade de Xenebra
  • 2006, Medalla de Ouro do Goberno de Italia (Comité Científico do Centro Internacional de Investigacións Pio Manzú)
  • 2007, Doutor honoris causa pola Universidade Americana de Beirut
  • 2007, Premio Bjornson (Noruega)[6]
  • 2008, Premio Grinzane Cavour per la Lettura (Italia)
  • 2008, Premio Max Jacob 2008 (Francia)
  • 2008, Premio Giovanni Pascoli 2008 (San Mauro di Romagna, Italia)
  • 2011, Premio Goethe (Frankfurt)[7][6]
  • 2016, Premio literario Prince-Pierre-de-Monaco[3]
  1. Badilla Castillo, Sergio (2011). "Tres poemas de Adonis". Proyecto Patrimonio (en castelán). Archived from the original on 12 de xaneiro de 2012. Consultado o 11 de xaneiro de 2021. 
  2. Borchert, Thomas (12 de outubro de 2006). "Pamuk, Kapuscinski y Adonis, favoritos al Nobel de Literatura en un mar de nombres". elmundo.es (en castelán). Consultado o 11 de xaneiro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Clermont, Thierry (5 de outubro de 2016). "Le poète Adonis, Prix Prince Pierre de Monaco 2016". lefigaro.fr (en francés). Consultado o 11 de xaneiro de 2021. 
  4. 4,0 4,1 Redacción (11 de xuño de 2014). "El poeta sirio Adonis conquista Galicia con un recital en el Monte Gaiás". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 11 de xaneiro de 2021. 
  5. Perrin, Jean-Pierre (24 de abril de 2015). "Adonis : «Avec l'Islam, la poésie a dû se séparer de la pensée»". liberation.fr (en francés). Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2020. Consultado o 11 de xaneiro de 2021. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Flood, Alison (30 de agosto de 2011). "Adonis becomes first Arab writer to win Goethe prize". theguardian.com (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2021. 
  7. Redacción (31 de agosto de 2011). "Adonis recoge el premio Goethe entre opiniones encontradas". elcultural.com (en castelán). Consultado o 11 de xaneiro de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]