Saltar ao contido

Aeroporto de Guadalaxara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeroporto de Guadalaxara
Aeropuerto Internacional de Guadalajara Miguel Hidalgo y Costilla

IATA: GDL – ICAO: MMGL
Sumario
Tipo público
Propietario/Operador Grupo Aeroportuario del Pacífico
Cidade/Illa Guadalaxara, México
Localización Tlajomulco de Zuñiga
Elevación (msnm) 1 529 metros / 5 016 pés
Coordenadas
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
10/28 4 000 13 123 asfalto
02/20 1 818 5 964 asfalto
Estatísticas (2017)
Pasaxeiros 12 808 000[1]

O aeroporto internacional de Guadalaxara (IATA: GDLOACI: MMGL), oficialmente coñecido como aeroporto internacional de Guadalaxara Miguel Hidalgo y Costilla, é o principal aeroporto da segunda cidade máis grande de México, Guadalaxara. Inaugurado en 1966, está situado a 16 quilómetros ao sur do centro da cidade. No ano 2016 usaron o aeroporto 11 395 800 pasaxeiros, e en 2017 12 808 000.[1] Trátase do terceiro aeroporto máis concorrido en termos de pasaxeiros do país, tras o de Cidade de México e o de Cancún, e o segundo en voos de carga.[2]

O aeroporto de Guadalaxara está formado por dúas pistas e unha única terminal. É un centro de conexións para a aeroliña mexicana Volaris, actuando como unha porta de entrada principal cara aos Estados Unidos. Tamén é unha cidade focal para Aeroméxico, Interjet e VivaAerobus. O aeroporto ofrece voos cara a destinos dentro de México, Centroamérica e os Estados Unidos. Foi bautizado na honra de Miguel Hidalgo, sacerdote e militar que destaco no comezo da Guerra de Independencia de México.

Aeroliñas e destinos

[editar | editar a fonte]

Pasaxeiros

[editar | editar a fonte]
Aeroliñas Destinos
Aeromar Culiacán, Hermosillo, Cidade de México, Manzanillo, Puebla, Puerto Vallarta
Aeroméxico Cancún, Chicago-O'Hare, Fresno, Os Ánxeles, Cidade de México, Ontario, Sacramento, San Francisco, San Jose (CA), Tijuana,
Aeroméxico Connect Atlanta,[3] Cidade de México, Monterrey, Salt Lake City (comeza en xaneiro de 2018)[4]
Alaska Airlines Os Ánxeles, San Jose (CA)
American Airlines Dallas/Fort Worth
American Eagle Phoenix-Sky Harbor
Calafia Airlines La Paz, Puerto Vallarta, San José del Cabo
Copa Airlines Cidade de Panamá-Tocumen
Delta Air Lines Atlanta
Interjet Cancún, Chihuahua, Culiacán, Hermosillo, Las Vegas, La Paz, Os Ánxeles, Cidade de México, Monterrey, San Antonio, San José del Cabo, Tijuana, Toluca/Cidade de México, Veracruz
Estacional: Puerto Vallarta
Magnicharters Cancún
TAR Acapulco, Durango, Huatulco, Mazatlán, Oaxaca, Puerto Vallarta, Querétaro, Tampico, Toluca/Cidade de México, Tuxtla Gutiérrez
United Airlines Houston-Intercontinental
United Express Houston-Intercontinental
VivaAerobus Cancún, Chihuahua, Ciudad Juárez, Culiacán, Hermosillo, La Paz, Os Ánxeles, Mérida, Mexicali, Cidade de México, Monterrey, Puerto Vallarta, Reynosa, Tampico, Tijuana, Tuxtla Gutiérrez, Veracruz, Villahermosa
Estacional: Houston-Intercontinental, San José del Cabo
Volaris Austin, Cancún, Chicago-Midway, Chicago-O'Hare, Chihuahua, Ciudad Juárez, Ciudad Obregón, Cozumel, Culiacán, Dallas/Fort Worth, Denver, Fresno, Cidade de Guatemala, Hermosillo, Houston-Intercontinental, Huatulco, La Paz, Las Vegas, Os Ánxeles, Los Mochis, Mazatlán, Mérida, Mexicali, Cidade de México, Miami, Milwaukee, Monterrey, Nova York-JFK, Oakland, Oaxaca, Ontario, Orlando, Phoenix-Sky Harbor, Portland (OR), Reno/Tahoe, Sacramento, San Antonio, San Jose (CA), San José del Cabo, Seattle/Tacoma, Tijuana, Torreón/Gómez Palacio, Tuxtla Gutiérrez, Veracruz, Villahermosa
Estacional: San Francisco
Volaris Costa Rica San Xosé (Costa Rica)
Aeroliñas Destinos
Aeromexico Cargo Os Ánxeles, Cidade de México
AeroUnion Cincinnati, Os Ánxeles, Cidade de México
Air France Cargo París-Charles de Gaulle
Amerijet International Miami
Cargolux Houston-Intercontinental, Luxemburgo
Cathay Pacific Cargo Anchorage, Hong Kong
Centurion Cargo Os Ánxeles, Cidade de México
DHL Aviation
operado por ABX Air
Cincinnati, Os Ánxeles, Querétaro
Estafeta La Paz, San Luis Potosí
FedEx Express Memphis
Korean Air Cargo Seul-Incheon, Vancouver
LATAM Cargo Mexico Bogotá, Os Ánxeles, Miami
Lufthansa Cargo Dallas/Fort Worth, Frankfurt
Panalpina
operado por Atlas Air
Huntsville, Londres-Stansted
UPS Airlines Louisville
  1. 1,0 1,1 Grupo Aeroportuario del Pacifico (ed.). "Reporte de Tráfico". Consultado o 12 de febreiro de 2018. 
  2. Secretaría de Comunicaciones y Transportes (ed.). "Estadística Operacional de Aeropuertos". Archived from the original on 15 de marzo de 2016. Consultado o 12 de febreiro de 2018. 
  3. Routes Online (ed.). "AeroMexico expands US network in 4Q17". Consultado o 10 de febreiro de 2018. 
  4. En El Aire (ed.). "Aeromexico y Delta anuncian incremento en oferta de asientos a Salt Lake City". Consultado o 10 de febreiro de 2018.