Aeroporto de Komatsu
Aeroporto de Komatsu Komatsu Hikōjō
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | militar/público | ||
Operador | Prefectura de Ishikawa/JASDF | ||
Cidade/Illa | Prefectura de Ishikawa | ||
Elevación (msnm) | 7 metros / 22 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
06/24 | 1 700 | 8 858 | formigón |
Estatísticas (2015) | |||
Pasaxeiros | 1 844 117[1] |
O aeroporto de Komatsu (IATA: KMQ, OACI: RJNK) é un aeroporto internacional xaponés situado a 4,2 quilómetros ao oeste da estación de Komatsu, na prefectura de Ishikawa. É o aeroporto máis grande da rexión de Hokuriku e serve ao sur da prefectura de Ishikawa, incluída a súa capital, Kanazawa, Fukui, e a parte norte a predectura de Fukui.
A Base Komatsu (小松基地 Komatsu Kichi) da Forza Aérea de Autodefesa do Xapón comparte a pista coas operacións civís; a pista de rodaxe do lado interior é usada pola Forza Aérea, e a do lado do mar e usada por avións civís. A base celebra un festival aéreo cada mes de setembro, con voos de demostración de cazas e avións de rescate, así como unha demostración do equipo acrobático Blue Impulse. O "Espazo aéreo G" é un grande espazo aéreo de adestramento sobre o mar do Xapón ao norte da base.
O aeroporto ten unha única terminal de pasaxeiros, que serve tanto aos voos domésticos como aos internacionais. A súa terminal de carga internacional, coñecida como HIACT (Hokuriku International Air Cargo Terminal), é propiedade dun consorcio de entidades gobernamentais e corporativas que ten como obxectivo servir como centro de distribución para carga procedente de Europa e outros continentes.[2]
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Aeroliñas | Destinos | Ref |
---|---|---|
All Nippon Airways | Sapporo-Chitose, Toquio-Haneda | |
Cathay Dragon | Chárter: Hong Kong | [3] |
All Nippon Airways operado por ANA Wings |
Fukuoka | |
China Eastern Airlines | Shanghai-Pudong | |
EVA Air | Taipei-Taoyuan | |
Ibex Airlines | Fukuoka, Sendai, Toquio-Narita | |
Japan Airlines | Toquio-Haneda | |
Japan Airlines operado por Japan Transocean Air |
Naha | |
Korean Air | Seul-Incheon | |
Tigerair Taiwan | Taipei-Taoyuan (comeza en xaneiro de 2018) |
Carga
[editar | editar a fonte]Aeroliñas | Destinos
|
---|---|
Cargolux | Dubai, Hong Kong, Luxemburgo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ministerio do Territorio, Infraestruturas, Transporte e Turismo do Xapón (ed.). "Informes do estado da xestión do aeroporto" (PDF). Archived from the original on 21 de outubro de 2016. Consultado o 9 de xaneiro de 2018.
- ↑ Komatsu Airport (ed.). "Outline of HIACT". Archived from the original on 27 de febreiro de 2014. Consultado o 9 de xaneiro de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "Cathay Dragon plans Komatsu charters in 2Q17". Consultado o 9 de xaneiro de 2018.