Amitabh Bachchan
Amitabh Harivansh Bachchan, nado en Allahabad o 11 de outubro de 1942, é un actor indio.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a ser popular a primeiros da década de 1970 pola súa actuación en filmes como Deewar e Zanjeer, e desde entón apareceu en arredor de 180 filmes, nunha carreira que abrangue catro décadas.[1][2] Bachchan está considerado un dos actores máis grandes e máis influentes na historia de cinema indio.[3][4][5] Tan amplo era o seu dominio da escena cinematográfica india na década de 1970 e 1980 que o director francés François Truffaut denominouna "industria dun só home."[6][7]. Gañou moitos dos grandes premios do cinema indio, incluíndo tres premios nacionais cinematográficos indios ao mellor actor, e catorce premios Filmfare. Alén de actuar, Bachchan tamén cantou en varios filmes e presentou algúns programas de televisón. Na década de 1980 tivo unha curta carreira política, e foi membro do Lok Sabha de 1984 a 1987. En 2013 debutou en Hollywood con The Great Gatsby, no que interpretou a Meyer Wolfsheim.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Filme | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1971 | Anand | Dr. Bhaskar Bannerjee (Babu Moshai) | Filmfare ao mellor actor secunario |
1973 | Namak Haraam | Vikram (Vicky) | Filmfare ao mellor actor secundario |
1977 | Amar Akbar Anthony | Anthony Gonsalvez | Filmfare ao mellor actor |
1978 | Don | Don / Vijay | Filmfare ao mellor actor |
1990 | Agneepath | Vijay Deenanath Chauhan | Premio Nacional Cinematográfico ao mellor actor |
1991 | Hum | Tiger / Shekhar | Filmfare ao mellor actor |
2000 | Mohabbatein | Narayan Shankar | Filmfare ao mellor actor secundario |
2001 | Aks | Manu Verma | Filmfare dos críticos ao melllor actor |
2005 | Black | Debraj Sahani | Premio Nacional Cinematográfico ao mellor actor Filmfare ao mellor actor Filmfare dos críticos ao mellor actor
|
2009 | Paa | Auro | Premio Nacional Cinematográfico ao mellor actor Filmfare ao mellor actor |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Amitabh Bachchan: A Life in Pictures". Bafta.org. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2011. Consultado o 23 de marzo de 2012.
- ↑ BBC News, ed. (23 de abril de 2002). "Film legend promotes Bollywood".
- ↑ Wajihuddin, Mohammed (2 de decembro de 2005). "Egypt's Amitabh Bachchan mania". The Times of India. Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2013. Consultado o 22 de novembro 2011.
- ↑ Jatras, Todd (9 de marzo de 2001). "India's Celebrity Film Stars". Forbes.
- ↑ "Bachchan Receives Lifetime Achievement Award at DIFF". Khaleej Times. 25 de novembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2013. Consultado o 02 de maio de 2022.
- ↑ "Truffaut labeled Bachchan a one-man industry". China Daily. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2008. Consultado o 1 de febreiro de 2008.
- ↑ "Amitabh Bachchan: Indira Gandhi helped him get into films". Times of India. 10 de outubro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2013. Consultado o 11 de outubro de 2015.
A Galipedia ten un portal sobre: India |