Amorodos salvaxes
Amorodos salvaxes | |
---|---|
Logo do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Smultronstället |
Director | Ingmar Bergman |
Produtor | Allan Ekelund |
Guión | Ingmar Bergman |
Intérpretes | Victor Sjöström Bibi Andersson Ingrid Thulin Gunnar Björnstrand |
Música | Erik Nordgren |
Fotografía | Gunnar Fischer |
Montaxe | Oscar Rosander |
Distribuidora | AB Svensk Filmindustri |
Estrea | 26 de decembro de 1957 |
Duración | 91 minutos |
Orixe | Suecia |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Amorodos salvaxes (en sueco: Smultronstället) é un filme sueco escrito e dirixido por Ingmar Bergman que se estreou en 1957. Está protagonizado por Victor Sjöström, na súa última aparición na gran pantalla, que interpreta un vello que lembra o seu pasado. Ademais tamén aparecen actores habituais nos filmes de Bergman, como Bibi Andersson, Ingrid Thulin e Gunnar Björnstrand. Max von Sydow tamén aparece interpretando un pequeno papel. Bergman escribiu o guión mentres estaba hospitalizado.[1] O filme explora temas filosóficos como a introspección e a existencia humana, e está considerado unha das mellores obras de Bergman.[2]
Sinopse
[editar | editar a fonte]O profesor de medicina Isak Borg diríxese coa súa nora Marianne de Estocolmo a Lund para recibir o grao de honra da universidade de Lund polos seus 50 anos de carreira. No camiño, rememora os principais momentos da súa vida, temendo a morte que se aproxima. Coñece diversas persoas na estrada, como Sara e os seus compañeiros de viaxe, Viktor e Anders, que se dirixen a Italia, ou unha parella que fai lembrar a Borg a súa propia vida e matrimonio e cos que case teñen un accidente de tráfico.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Victor Sjöström como Profesor Isak Borg
- Bibi Andersson como Sara
- Ingrid Thulin como Marianne Borg
- Gunnar Björnstrand como Evald Borg
- Jullan Kindahl como Agda
- Folke Sundquist como Anders
- Björn Bjelfvenstam como Viktor
- Naima Wifstrand como nai de Isak
- Gunnel Broström como Berit Alman
- Gunnar Sjöberg como Sten Alman
- Max von Sydow como Henrik Åkerman
- Ann-Marie Wiman como Eva Åkerman
- Gertrud Fridh como Karin Borg
- Åke Fridell como amante de Karin
- Sif Ruud como tía Olga
- Yngve Nordwall como tío Aron
- Per Sjöstrand como Sigfrid Borg
- Gio Petré como Sigbritt Borg
- Gunnel Lindblom como Charlotta Borg
- Maud Hansson como Angelica Borg
- Eva Norée como Anna Borg
- Göran Lundquist como Benjamin Borg
- Per Skogsberg como Hagbart Borg
- Lena Bergman como Kristina Borg
- Monica Ehrling como Birgitta Borg
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Ingmar Bergman Foundation (ed.). "Wild Strawberries". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2013. Consultado o 15 de abril de 2007.
- ↑ Murray, Edward (1978). Ten Film Classics: A Re-viewing. F. Ungar Publishing Co. ISBN 978-0-8044-2650-3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Amorodos salvaxes |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Amorodos salvaxes na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)