Saltar ao contido

Anansi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Libro sobre historias tradicionais de Anansi de Xamaica en formato DjVu.

Anansi é unha figura mitolóxica, caracterizada como unha especie de moinante e ao mesmo tempo un heroe cultura con forma de araña pero que pode aparecerse como humano, presente na cultura do pobo akan, que tamén lle dá o nome de Kwaku Anansi (Pai araña), orixinada na mitoloxía ashanti, e que polo tráfico de escravos cara a América chegou aos Estados Unidos, as Antillas, Nicaragua, Costa Rica, Colombia e Suriname, terras onde está presente nas lendas populares do pobos de orixe africana. A súa figura deu lugar na literatura oral akan aos anansasem, contos populares lúdicos baseados nesa figura mitolóxica. Caracterízase pola súa inxenuidade e enxeño pero tamén está considerado o creador do sol, a lúa, as estrelas así como responsable do día e da noite.[1]

Orman Olga escritora en papiamento e neerlandés, coñecida polos seus contos sobre Kompa Nanzi, como se denomina a Anansi en Aruba.
  1. Patricia Ann Lynch e Jeremy Roberts African Mythology, A to Z: Infobase Publishing ( 2010), p. 8.