Saltar ao contido

Anastrozol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estrutura de anastrozol.

O anastrozol, comercializado baixo o nome de Arimidex por AstraZeneca, é un medicamento para tratar o cancro de mama despois de cirurxía e para metástase en ambas as mulleres pre e posmenopáusicas. O anastrozol é un inhibidor da aromatasa, o que significa que interrompe un paso crítico na síntese de estróxenos do corpo. Algúns cancros mamarios requiren estróxeno para medrar, eses cancros teñen receptores de estróxenos (Res), e son chamados RE-positivos; ó eliminar o estróxeno suprímese o seu crecemento. As vendas anuais de Arimidex son de aproximadamente USD$2,2 mil millóns. A primeira patente de Arimidex expirou en xuño de 2010. Malia que estaba previsto que a patente expirase en decembro de 2009, déuselle ó fabricante un prazo adicional de seis meses por ter feitos estudos pediátricos.[1]

  1. "AstraZeneca Receives Six Months Pediatric Exclusivity Patent Extension for ARIMIDEX(R) (anastrozole) from the FDA". PR Newswire Association LLC (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2012. Consultado o 12 de xullo de 2018.