Saltar ao contido

Anathana ellioti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Anathana ellioti
Tupaia de Elliot, esquío bambú
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Scandentia
Familia: Tupaiidae
Xénero: Anathana
Lyon, 1913
Especie: A. ellioti
Nome binomial
Anathana ellioti
(Waterhouse, 1850)
Ilustración por Joseph Wolf no traballo de Waterhouse.
Postura en repouso.
Mapa de distribución de Anathana ellioti.

Anathana ellioti é unha especie de mamífero placentario da orde dos escandentios e familia dos tupaíidos.[2] a única representante do xénero Anathana,[3] que vive nos bosques da India, ao sur do río Ganxes e se coñece na bibliografía iunternacional, entre outros, polos nomes de tupaia de Elliot e esquío bambú.

Características

[editar | editar a fonte]

Mide entre 16 e 18,5 cm de lonxitude de cabeza e tronco, cunha cola de entre 16 e 19,5 cm.

A subespecie tipo, A. e ellioti (véxase máis abaixo) ten o dorso e a cola de cor avermellada ou terrosa, mentres que as patas son de cor ante ou ocrácea. As outras dúas subespecies teñen a cola de cor diferente á do dorso. A subespecie A. e. pallida ten a cor do dorso parda avermellada e as patas de coloración canosa. A subespecie A. e. wroughtoni ten a cor do dorso parda clara e as patas de cor agrisada.[4]

A súa fórmula dentaria é: Incisivos: 2/3; Caninos: 1/1; Premolares: 3/3; Molares: 3/3.

A dentición é acorde á súa dieta omnívora.[5]

Non é unha especie particularmente arbórea e permanece moito tempo no solo ou gabeando cerca de terreos rochosos na busca de insectos e sementes.[6]

Es facilmente distinguíbel dos verdadeiros esquíos pola forma e cor da cola, coa súa curvatura cara a arriba ao camiñar.

Nas árbores, ten o hábito de subir e baixar rapidamente.[7] Tamén soben a troncos baixos para logo esvarar por eles cabeza a abaixo.[8]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descricións

[editar | editar a fonte]
Xénero

O xénero Anathana foi descrito en 1913 polo zoólogo, bacteriólogo e patólogo estadounidense Marcus Ward Lyon, en Proc. U. S. Natl. Mus., 45: 120.[3]

Especie

A especie fora xa descrita en 1850 polo naturalista inglés George Robert Waterhouse, en Proc. Zool. Soc. Lond., 184: 107, co nome de Tupaia ellioti.[2][9]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ao longo do tempo, a especie foi tamén coñecida polos sinónimos:[3]

  • Anathana pallida Lyon, 1913
  • Anathana wroughtoni Lyon, 1913

Etimoloxías

[editar | editar a fonte]
Xénero

O nome científico do xénero, Anathana, deriva do támil moongil anathaan, "esquío bambú".

Especie

O nome específico, ellioti, deullo Waterhouse na honra de sir Walter Elliot, administrador colonial na India, en Madrás, e eminente orientalista, lingüista, naturalista e etnólogo.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Dentro desta especie cítanse na actualidade as tres subespecies seguintes:

  • Anathana ellioti
    • Anathana ellioti ellioti [10]
    • Anathana ellioti pallida [11]
    • Anathana ellioti wroughtoni [11]
  1. Molur, S. (2008): Anathana ellioti na Lista vermella da UICN.
  2. 2,0 2,1 Anathana ellioti en Mammal Species of the World,
  3. 3,0 3,1 3,2 Anathana en MSW .
  4. Wroughton, R. C. (1918): "Summary of the Indian Mammal Survey. Part 2". Journal Bombay Natural History Society 26: 28–29.
  5. Verma, K. (1965): "Notes on the Biology and Anatomy of the Indian Tree-Shrew, Anathana wroughtoni". Mammalia 29: 289-330-
  6. Bora, S. (2002): Anathana ellioti na Animal Diversity Web.]
  7. Karthikeyan, S. (1992): "A Preliminary Study of the Indian Tree Shrew at Yercaud, India". WWF-India, TamilNadu State Office.
  8. Chorazyna, H.& G. Kurup (1975): "Observations on the Ecology and Behaviour of Anathana ellioti in the Wild. Contemporary Primatology: 5th International Congress of Primatology: 342-344.
  9. Waterhouse, G. (1850): "Description of a new species of Tupaia discovered in continental India by Walter Elliot Esq." Proceedings of the Zoological Society of London 1849: 106–108 Ver en liña.
  10. Srinivasan, Umesh, N. S. Prashanth, Shyamal Lakshminarayanan, Kalyan Varma, S. Karthikeyan, Sainath Vellal, Giri Cavale, Dilan Mandanna, Philip Ross & Thapa (2009): "Occurrence of the Madras Tree Shrew Anathana ellioti (Waterhouse) (Scandentia: Tupaiidae) in the Biligirirangan Hills, Karnataka, India". Journal of Threatened Taxa 1 (5): 283–286.
  11. 11,0 11,1 George, N. (1989): "On the status of the Madras treeshrew (Anathana ellioti ellioti)". J. Bombay Natural History Society 86 (3): 436–437.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
  • Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas, USA: Saunders College Publishing.
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
  • Yates, T. L. (1984): "Insectivores, elephant shrews, tree shrews, and dermopterans" en Anderson, S. & J. K. Jones, Jr., eds. Orders and Families of Recent Mammals of the World. Nova York: John Wiley and Sons, pp. 117–144.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]