Saltar ao contido

Anatomía dun asasinato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Anatomía dun asasinato
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinalAnatomy of a Murder
DirectorOtto Preminger
ProdutorOtto Preminger
GuiónWendell Mayes
Baseado enAnatomy of a Murder de Robert Traver
IntérpretesJames Stewart
Lee Remick
Ben Gazzara
Arthur O'Connell
Eve Arden
Kathryn Grant
George C. Scott
MúsicaDuke Ellington
FotografíaSam Leavitt
MontaxeLouis R. Loeffler
EstudioCarlyle Productions
DistribuidoraColumbia Pictures Corporation
Estrea 1 de xullo de 1959
Galicia 11 de decembro de 1993 (TVG)
Duración160 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Recadación$11 000 000
Na rede
IMDB: tt0052561 Filmaffinity: 616632 Allocine: 117 Rottentomatoes: m/anatomy-of-a-murder Mojo: anatomyofamurder Allmovie: v2176 TCM: 3737 Metacritic: movie/anatomy-of-a-murder TV.com: movies/anatomy-of-a-murder BNE: XX4154211 Editar o valor en Wikidata

Anatomía dun asasinato (en inglés: Anatomy of a Murder) é un filme estadounidense producido e dirixido por Otto Preminger que se estreou en 1959. O guión é obra de Wendell Mayes e baséase na novela homónima escrita por John D. Voelker baixo o alcume Robert Traver. Voelker baseou a novela nun caso de asasinato de 1952 no que foi avogado da defensa.[1]

Está protagonizado por James Stewart, Lee Remick, Ben Gazzara, Eve Arden, George C. Scott, Arthur O'Connell, Kathryn Grant, Brooks West, Orson Bean e Murray Hamilton. O xuíz foi interpretado por Joseph N. Welch, un avogado real. Foi un dos primeiros filmes de Hollywood en abordar os temas do sexo e a violación en termos gráficos. Inclúe unha das secuencias de Saul Bass de máis sona, a banda sonora de Duke Ellington, que tamén aparece no filme, e foi descrito por un profesor de dereito como "probablemente o máis puro filme xurídico xamais feito".[2]

En 2012, foi escollido para a súa preservación no National Film Registry pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".[3]

Foi estreado en galego a través da TVG o 11 de decembro de 1993.[4]

En Míchigan, o avogado dunha pequena localidade, Paul Biegler, ex-fiscal de distrito que perdeu no seu intento de reelección, pasa a maior parte do seu tempo pescando, tocando o piano e saíndo co seu amigo e colega alcohólico Parnell McCarthy e a súa sardónica secretaria Maida Rutledge.

Un día, Biegler recibe a Laura Manion, esposa do tenente Frederick "Manny" Manion, arrestado polo asasinato de Barney Quill, dono dun bar. Manion non nega o crime, mais afirma que Quill violou a súa esposa. Mesmo con esta motivación, sería difícil conseguir que fose absolto do asasinato, mais Manion di non ter recordo ningún do suceso, o que suxire que pode ter unha defensa por loucura temporal.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. NY Daily News (ed.). "Justice Story: The Murder Behind the Movie" (en inglés). Consultado o 16 de outubro de 2017. 
  2. Asimow, Michael (febreiro de 1998). "Picturing Justice film review from a legal perspective". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2010. Consultado o 01 de febreiro de 2018. 
  3. King, Susan (19 de decembro de 2012). Los Angeles Times, ed. "National Film Registry selects 25 films for preservation". 
  4. La Voz de Galicia, 11 de decembro de 1993. Páx. 67

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]