Saltar ao contido

Andreas Thorkildsen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAndreas Thorkildsen

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de abril de 1982 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
Kristiansand, Noruega (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónKristiansand Cathedral School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura188 cm Editar o valor en Wikidata
Peso90 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlanzador de xavelina, atleta Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivaLanzamento de xavelina Editar o valor en Wikidata
Participou en
2012Xogos Olímpicos de 2012
2008Xogos Olímpicos de 2008
2004Xogos Olímpicos de 2004 Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisTomm Thorkildsen Editar o valor en Wikidata  e Bente Amundsen Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm3584946 IAAF: 14215526 Olympic.org: andreas-thorkildsen Editar o valor en Wikidata

Andreas Thorkildsen, nado en Kristiansand o 1 de abril de 1982, é un lanzador de xavelina noruegués. É o primeiro xavelinista da historia en ser campión europeo, campión do mundo e campión olímpico. Foi campión nos xogos olímpicos de 2004 e 2008, no campionato europeo de 2006 e 2010, campión do mundo en 2009 así como tres veces prata no campionato do mundo en 2005, 2007 e 2011. Estableceu o récord do mundo júnior en 2001. Ten a súa mellor marca persoal en 91,59 m conseguida en 2006.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O pai de Thorkildsen, Tomm Thorkildsen, é un ex lanzador de xavelina; a súa mellor marca persoal foi un lanzamento de 71,64 metros en 1974. A súa nai (nada Amundsen) chegou a ser campioa nacional nos 100 metros valados en 1972, representando ao Hamar IL. El é o máis vello dos irmáns. Cursou a súa educación secundaria na Kristiansand Cathedral School.

Thorkildsen comezou a lanzar xavelina aos 11 anos, adestrado polo seu pai Tomm ata 1999. En 1996 estableceu o récord nacional para a categoría de 14 anos (53,82 m), en 1998 con 16 anos (61,57 m), en 1999 na categoría de 17 anos conseguiu (72,11 m), e no 2000 o récord para 18 anos con (77,48 m). En 1999 rematou sétimo nos campionatos júnior europeos.

No 2000 Thorkildsen conseguiu a súa primeira medalla nos campionatos noruegueses, rematando coa medalla de prata, detrás de Ronny Nilsen. Desta forma gañou a súa primeira convocatoria coa selección norueguesa para os campionatos europeos. En outubro participou nos campionatos do mundo júnior e recibiu unha medalla de prata tras o gañador Gerhardus Pienaar, representante de Suráfrica.

2001–2003

[editar | editar a fonte]

En 2001 Thorkildsen trasladouse a Oslo e comezou a competir para o club SK Vidar baixo a supervisión de Åsmund Martinsen, un ex lanzador de xavelina medalla de bronce nos campionatos noruegueses de 1994 que conserva unha mellor marca cun lanzamento de 68,12 metros. A cooperación deu rápidos resultados e Thorkildsen pronto rompeu a barreira dos 80 metros lanzando 83,87 metros no Fana stadion en xuño. Este foi o récord do mundo ata 2011. Participando nos seus segundos campionatos europeos júnior, gañou a medalla de prata por detrás de Aleksandr Ivanov. Ambos competiron no campionatos mundiais en Edmonton, pero mentres Ivanov logrou chegar á final, Thorkildsen rematou último da competición con tan só 68,41 metros. Cando lle pediron que comentara o seu lanzamento el describiuno como "completamente desastroso".

A nivel nacional Thorkildsen chegou a ser campión por primeira vez. En agosto competiu en lanzamento de disco en Sognsvann, e estableceu unha mellor marca de 38,02 metros. Non competiu a nivel nacional noutros eventos.

En 2002, fixo unha mellor marca de tempada de 83,43 metros en xuño, antes de presenciar a súa forma decrecente dos últimos meses. No seu primeiro Campionato de Europa celebrado en Múnic volveu a non pasar da fase clasificatoria. Cun mellor lanzamento de 78,36 metros rematou no posto quince, 68 centímetros por detrás de Ari Pakarinen o cal asegurou o último posto para a final. O seu resultado de 83,43 metros foi suficiente para liderar a lista nacional superior en lanzamento de xavelina por primeira vez.

Ao ano seguinte rematou no posto undécimo nos 2003 Campionatos Mundiais en París, a súa primeira gran final internacional. A súa actuación con 77,75 metros foi un pouco decepcionante cando xa lanzara 79,44 metros na rolda de cualificación, e viaxando a París cunha marca persoal de 85,72 metros, establecida en xuño en Ventspils.

En 2004 Thorkildsen competiu contra Ronny Nilsen, que posuía unha marca de 84,73 metros feitos en maio. Thorkildsen non volveu tomar o primeiro posto nacional de inmediato. Clasificouse para os xogos olímpicos con 84,12 metros. O 27 de xullo Thorkildsen conseguiu a súa primeira vitoria nunha competición IAAF. Tres días despois lanzou 84,45 metros no Grand Prix de Londres no Crystal Palace.

Lanzando no Campionato Europeo.

A pesar de que os lanzadores de varios países, incluído Nilsen, estaban por riba de Thorkildsen na lista mundial, todos coincidiron coa IAAF en que aquela fora unha final moi aberta –"unha das finais máis abertas da historia dos xogos olímpicos". Thorkildsen lanzou 81,74 metros na rolda de cualificación, coa que tan só gañou unha mención no parte deportivo pasando a marca mínima de clasificación directa de 81 metros para lanzar na final. Breaux Greer gañou a clasificatoria con 87,25 m, pero saíu do estadio en mal estado físico. Na final de xavelina disputada dous días despois, Thorkildsen abriu a competición con 84,82 m poñéndose en terceiro posto da competición ao final da primeira rolda. Vadims Vasiļevskis de Letonia lanzou un mellor tiro de 84,95 m para gañar unha vantaxe sorprendente por diante do actual campión do mundo Sergey Makarov. Na segunda rolda Thorkildsen lanzou unha mellor marca persoal de 86,50 metros. Como ninguén deu batido esa marca, Thorkildsen gañou sorprendentemente a medalla de ouro olímpica con Vasiļevskis e Makarov nas medallas de prata e bronce respectivamente. Comentando o seu triunfo, Thorkildsen explica que se sentia "completamente fóra de si".

O segundo posto tras Breaux Greer na final mundial de atletismo en Monte Carlo completou a tempada.

O evento máis importante do 2005 foron os mundiais. Os preparativos para este evento parecían prometedores xa que Thorkildsen batera a súa marca situandoa en 86,82 metros en Kuortane en xuño, batendo o récord nacional de Noruega que conservaba Pål Arne Fagernes. Tero Pitkämäki de Finlandia, quen acadara a mellor marca mundial con 91,53 metros na mesma competición, parecía un probable contendente polo título de campión do mundo. En xullo, cando Thorkildsen ademais mellorou o seu récord nacional a 87,66 metros nos Bislett Games, o actual campión do mundo Sergey Makarov xa lanzara 90,33 metros dúas semanas antes dos campionatos rusos de Tula. Ao entrar no campionato mundial, Pitkämäki aínda estaba por diante de Makarov e Thorkildsen, que á súa vez adiantou a Breaux Greer por un centímetro

Na rolda de clasificación dos mundiais, celebradas en malas condicións de vento no Estadio Olímpico de Helsinqui, só Pitkämäki, Makarov e Thorkildsen lograron facer a marca de acceso directo de 81 metros. A choiva complementou ao vento ao día seguinte, xerando unha situación complicada e adversa para a final de xavelina. Thorkildsen, na cabeza logo de tres roldas cunha marca de 86,18 metros, acabou con medalla de prata tras Andrus Värnik de Estonia, que no cuarto lanzamento fixo 87,17 metros na cuarta rolda.

Pitkämäki, que rematou cuarto dos mundiais, recuperouse para gañar a final mundial á cabeza de Thorkildsen, a pesar da mellora do seu último récord nacional situado en 89,60 metros, suficientes para rematar terceiro na lista mundial da tempada, entre Pitkämäki e Makarov.

2006–2008

[editar | editar a fonte]
Thorkildsen celebra a súa medalla de ouro en Pequín.

En 2006 Thorkildsen volveu ao seu club orixinario Kristiansands IF, despois de haber representado ao SK Vidar nas competicións das últimas cinco tempadas.

En maio rompeu a barreira dos 90 metros por primeira vez, con 90,13 metros en Doha no Super Grand Prix. Nos xogos de Bislett unha vez máis mellorou o seu récord a 91,59 metros, chegando ao seu obxectivo de 300 pés.

Como ninguén conseguiu superar esa marca de 91,59 metros, entrou nos 2006 campionatos europeoscomo como favorito, xunto con Tero Pitkämäki quen ganou a IAAF liga de ouro. Thorkildsen gañou o evento cun lanzamento de 88,78 metros, liderando a competición dende a segunda rolda, e rematou a tempada no primeiro posto final do mundial de atletismo así como a 2006 IAAF copa do mundo. Con 91,59 metros rematou no máis alto da lista mundial por primeira vez.

Os obxectivos de Thorkildsen para a tempada 2007 foron os xogos Bislett e os 2007 mundiais en Osaka, así como gañar o premio maior na liga de ouro (Golden League).

Ademais pretendía bater o vello récord de Terje Pedersen, quen lanzara 91,72 metros coa antiga normativa, para lanzar no rango dos 93 a 94 metros. A tempada comezou dun xeito mediocre cun lanzamento de 81,10 metros en Dakar e 86,39 m en Doha. Recobrou a forma nos mundiais, pero unha vez máis só conseguiu unha medalla de prata, esta vez perdendo ante Pitkämäki. Finalmente demostrou o seu potencial cun lanzamento de 90,33 (a pesar de que a medalla xa fora asegurada neste punto).

En 2008 Thorkildsen gañou a Liga de Ouro celebrada en Bislett en Oslo, pero o seu principal obxectivo eran as 2008 olimpíadas de verán de Pequín. Gañou a medalla de ouro nestas olimpíadas establecendo un novo récord olímpico en 90,57 metros. Thorkildsen dominou a competición, levándoa dende o primeiro tiro e facendo dous dos lanzamentos máis longos da competición sen necesidade de usar o terceiro lanzamento. Cada un dos seus 5 lanzamentos conseguirían medalla. Thorkildsen tamén gañou a competición de xavelina da 2008 IAAF Liga de Ouro en Zürich o 29 de agosto.

2009–2010

[editar | editar a fonte]

Chegou a ser o primeiro xavelinista masculino da historia en conseguir os tres títulos, o campionato europeo, o campionato olímpico e o campionato do mundo, gañando o mundial IAAF de Berlín con 89,59 m. Thorkildsen tamén posúe tiros líder da tempada con 91,28 m. rexistrado en Zürich o 28 de agosto.

Abriu a tempada do 2010 cun longo lanzamento de 90,37 m no Florö Track & Field Festival en maio, co que anotou unha vitoria sobre Pitkamaki na súa primeira competición na 2010 IAAF Liga de Diamante nos Xogos Bislett, e rematou cun mellor lanzamento de 86,00 m. O 31 de xullo defendeu o seu título europeo cun lanzamento de 88,37, por diante do segundo clasificado, Matthias de Zordo.

Ao final de 2004 Thorkildsen foi seleccionado deportista noruegués do ano polos periodistas de deportes noruegueses.

No 2008 foi galardoado co trofeo ao atleta europeo do ano concedido pola Federación europea de atletismo, anunciado o 2 de outubro do 2008, e foi presentado na cea de premios do consello atlético europeo en Ámsterdam o 18 de outubro.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

A relación de Thorkildsen coa norueguesa corredora Christina Vukicevic xerou algunha publicidade non desexada pola súa parte. Mentres tanto Thorkildsen e Vukicevic gañaron a King's Cup masculina e feminina respectivamente nos campionatos noruegueses de 2006. Thorkildsen traballou como modelo xunto co exfutbolista Martin Dahlin, na colección de outono e inverno do ano 2007.

En marzo de 2011 Christina Vukicevic e Thorkildsen anunciaron nos medios noruegueses que xa non eran parella.