Anik
Anik (irmanciño, en inuktitut) é unha familia de satélites de comunicacións xeoestacionarios propiedade de Telesat Canada e que proporcionan servizos de televisión para Canadá.
Satélites
[editar | editar a fonte]Nome | Tipo de satélite | Lanzado | Retirado | Vehículo de lanzamento |
---|---|---|---|---|
Anik A1 | Hughes Aircraft HS333 | 9 de novembro de 1972 | 15 de xullo de 1982 | Delta 1914[1] |
Anik A2 | Hughes Aircraft HS333 | 20 de abril de 1973 | 6 de outubro de 1982 | Delta 1914[1] |
Anik A3 | Hughes Aircraft HS333 | 7 de maio de 1975 | 21 de novembro de 1984 | Delta 2914[2] |
Anik B1 | RCA Astro Satcom | 15 de decembro de 1978[3] | 1 de decembro de 1986 | Delta 3914 |
Anik C1 | Hughes Aircraft HS376 | 12 de abril de 1985 | 5 de maio de 2003 | Transbordador espacial Discovery |
Anik C2 | Hughes Aircraft HS376 | 18 de xuño de 1983 | 7 de xaneiro de 1998 | Transbordador espacial Challenger |
Anik C3 | Hughes Aircraft HS376 | 11 de novembro de 1982 | 8 de xuño de 1997 | Transbordador espacial Columbia |
Anik D1 | Hughes Aircraft HS376 | 26 de agosto de 1982 | 16 de decembro de 1991 | Delta 3920 PAM-D |
Anik D2 | Hughes Aircraft HS376 | 8 de novembro de 1984 | 31 de xaneiro de 1995 | Transbordador espacial Discovery |
Anik E1 | GE Astro 5000 | 26 de setembro de 1991 | 18 de xaneiro de 2005 | Ariane 4 |
Anik E2 | GE Astro 5000 | 4 de abril de 1991 | 23 de novembro de 2005 | Ariane 4 |
Anik F1 | HS 702 (Boeing 702) | 21 de novembro de 2000 | En activo | Ariane 4 |
Anik F2 | Boeing 702 | 17 de xullo de 2004 | En activo | Ariane 5G |
Anik F1R | Eurostar E3000 | 9 de setembro de 2005 | En activo | Proton/Breeze-M |
Anik F3 | Eurostar E3000 | 10 de abril de 2007 | En activo | Proton/Breeze-M |
Anik A
[editar | editar a fonte]Anik A foi a primeira serie de satélites de comunicacións xeoestacionarios do mundo[4] e proporcionáronlle á CBC a capacidade de chegar ó norte canadense por primeira vez. Cada un dos satélites levaba doce transpondedores en banda C e polo tanto tiña capacidade para doce canais de televisión en cor.
Anik B
[editar | editar a fonte]Anik B levaba tamén 12 transpondedores en banda C, como os Anik A, pero levaba ademais seis transpondedores en banda Ku.
Foi lanzado o 15 de decembro de 1978 e foi o sucesor dos Anik A e do satélite experimental de comunicacións CTS, tamén coñecido como Hermes.
A maior parte dos transpondedores estaban adicados a retransmisións da CBC. O operador CNCP Telecommunications [5] tamén usou o Anik B como retransmisor para os seus servizos. O periódico Globe and Mail usou o Anik B para retransmitir copias de impresión a diferentes imprentas ó longo do Canadá.[6]
Anik C
[editar | editar a fonte]Os satélites da serie Anik C tiñan tres veces máis potencia que os da serie A. Levaban dezaseis transpondedores en banda Ku. Anik C-2 foi usado para distribuír as primeiras redes de televisión por pago do Canadá.
Anik D
[editar | editar a fonte]Os dous satélites Anik da serie D, con transpondedores en banda C, foron lanzados en 1982 e 1984. Estaban baseados no deseño Hughes 376. Anik D1 levaba o paquete CANCOM para retransmitir sinais de televisión para o seu uso por compañías de cable.
Anik E
[editar | editar a fonte]Anike E1 e E2 foron lanzados a principios da década dos anos 1990 para substituír os Anik D1 e D2. Xa non tiñan a forma cilíndrica dos Anik da serie D.
Anik E2 tivo problemas durante o despregue da súa antena de banda C, que foi despregada con éxito tras varias manobras.[7]
O xoves 20 de xaneiro de 1994, Anik E1 e E2 tiveron problemas debido á actividade solar. E1 fallou primeiro, deixando sen televisión por satélite ao Canadá. Unhas horas máis tarde, Telesat conseguiu recuperar o satélite. E2 fallou posteriormente debido a un problema co xiroscopio, que causou unha perda do apuntado do sinal do satélite. O problema exacto estivo na circuitería relacionada co volante de inercia.[8] E2 non puido ser recuperado durante cinco meses, co que E1 asumiu o seu servizo e os usuarios tiveron que mover as súas antenas para apuntar a este satélite. E2 foi recuperado finalmente mediante o uso de estacións de terra especiais en cada extremo do país que controlaban a posición do satélite e usando os propulsores do satélite para axustar o apuntado e a posición. Esta técnica acortou a vida do satélite, xa que o consumo de propelente previsto orixinalmente era moito menor que o que finalmente se necesitou debido á avaría.
Anik F
[editar | editar a fonte]A serie F é a máis moderna ata o momento de tódolos Anik. Anik F1 foi lanzado o 21 de novembro de 2000 mediante un foguete Ariane 4 desde o Centro Espacial de Kourou, en Kourou. No momento do seu lanzamento foi o satélite de comunicacións máis potente e levaba un sistema de propulsión iónica alimentado por xenon.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Delta-1914" (en inglés). Consultado o 19 de xuño de 2012.
- ↑ Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Delta-2914" (en inglés). Consultado o 21 de xuño de 2012.
- ↑ Globe and Mail, ed. (20 de decembro de 1978). "Canadian satellite set in orbit position". Reuters. p. 2.
- ↑ IEEE Canad (ed.). "Satellite Model Anik A" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2017. Consultado o 3 de decembro de 2011.
- ↑ Clifford, Edward (31 de maio de 1980). Globe and Mail, ed. "Rockets may lift Telesat's Aniks". pp. B16.
- ↑ Immen, Wallace (10 de setembro de 1982). Globe and Mail, ed. "Platform to give Anik a boost after ride on space shuttle". pp. E8.
- ↑ David Michael Harland and Ralph Lorenz (2005). Space systems failures: disasters and rescues of satellites, rockets and space probes. Springer.
- ↑ "Anik E ... Phone Home". Broadcaster: 12. 1994.