Anxélica
Anxélica | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Angelica archangelica L. |
A anxélica[1] (Angelica archangelica L., sin. Archangelica officinalis Hoffm., Archangelica officinalis var. himalaica C.B.Clarke), é unha planta denominada así por ser crenza popular que a planta é un agasallo do arcanxo Gabriel por mor das súas propiedades medicinais.
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha herba bienal de follas grandes que pode chegar a medir dous metros de altura. Posúe unha raíz grosa que ao ser cortada zumega un líquido de cor amarela e de textura leitosa (posúe un cheiro recendente característico). Posúe flores brancas moi ramificadas (florea a partir do mes de abril en Europa).
Cultívase por sementeira a finais de agosto (zona mediterránea), non adoita florear o primeiro ano de cultivo e se o fai ocorre no segundo ano polo mes de abril. Apáñase a raíz da planta (Angelicae radix) cando está en pleno desenvolvemento (antes de rosear) e se corta lonxitudinalmente en varios anacos para deixar que enxugue ao ar. Os froitos da planta apáñanse ben maduros.
A Angelica archangelica medra brava en Finlandia, Suecia, Noruega e Islandia, na meirande parte dos países do norte. Cultívase en Francia, principalmente en Marais Poitevin, unha parte da comarca de Niort no départment de Deux-Sèvres.
Especies afíns
[editar | editar a fonte]A planta adoita confundirse con dúas especies moi semellantes:
- Anxélica brava (Angelica sylvestris L.) a variedade máis común en Galiza e no sur de Europa, que non posúe as propiedades medicinais da Angelica archangelica L.
- Angelica palustris Hoffm.
Usos
[editar | editar a fonte]Medicinais
[editar | editar a fonte]Adóitase empregar a raíz acotío polas súas propiedades de axuda na dixestión (tónica estomacal), xeralmente en infusión (40 g / L de auga aproximadamente). Na Idade Media críase que era unha herba que sandaba a peste.[2]
Principios activos
[editar | editar a fonte]Raíz: Aceite esencial (0,3-2%), especialmente rico en monoterpenos (alfa e beta felandrenos, alfa-pineno), sesquiterpenos (bisabolol, bisaboleno, beta-cariofileno), lactonas macrocíclicas, cumarinas (umbeliferona, ostol), abundantes furanocumarinas (anxelicina, arcanxelicina, bergapteno, xantotoxina, isoimperatorina). Sitosterol; ácidos fenolcarboxílicos; taninos; sacarosa. Froitos: Aceite esencial (1%): abundantes felandrenos, furanocumarinas.[3]
Indicacións
[editar | editar a fonte]É un amargo recendente: o aceite esencial e os principios amargos (lactonas) teñen un efecto aperitivo, estomáquico (eupéptico, dixestivo), espasmolítico, antimicrobiano, carminativo, expectorante e rubefaciente. As furanocumarinas, especialmente a anxelicina, ten unha importante actividade sedante e coronariodilatadora. Popularmente emprégase ademais coma diurético, emenagogo, abortivo e, en aplicación externa, coma cicatrizante, antiinflamatorio e analxésico (antirreumático, antineurálxico).Indicado para ansiedade, insomnio, inapetencia, dispepsias hiposecretoras, flatulencia, disquinesia hepatobiliar, espasmos gastrointestinais, gastroenterite, enterocolite, colon irritábel, bronquite, enfisema, asma, xaquecas, dismenorreas, hipertensión arterial, coronariopatías. En uso tópico: reumatismo, neuralxias, feridas, úlceras dérmicas.[3]
Evitar prescribir aceites esenciais por vía interna durante a gravidez, a lactación, a nenos menores de seis anos, pacientes con epilepsia, párkinson ou outras doenzas neurolóxicas. Non aplicar topicamente a meniños menores de dous anos ou a persoas con alerxias respiratorias. O aceite esencial, en doses moi elevadas, pode resultar tóxico, cun efecto paralizante sobre o sistema nervioso. A planta fresca é fotosensibilizante por mor ás furanocumarinas: evitar a exposición ao sol tras a aplicación tópica. A planta seca pode producir dermatite de contacto (dermatite vesicular recorrente): manipular con luvas. Moitas cumarinas teñen unha forte actividade calcioantagonista.
Úsase a raíz, eventualmente as follas e os froitos. Infusión: Unha cullerada de sobremesa por curnca, unha cunca despois das comidas.[3]
Industriais
[editar | editar a fonte]Tanto a raíz como as follas empréganse coma un dos compoñentes na elaboración dalgúns licores de fórmulas complexas famosos nas que a anxélica é compoñente xunta outras herbas, coma son a xenebra, o asente, chartreuse e a bénédictine.
Culinarios
[editar | editar a fonte]Emprégase coma condimento, por exemplo na elaboración da mestura das finas herbas. Nos países nórdicos (norte de Europa) é altamente popular (por exemplo pode verse na cociña de Groenlandia ou na Laponia, así coma na cociña norueguesa) adóitanse pór as follas da planta mesturadas con diferentes pratos de verdura. Nas cociñas do resto de Europa acostúmase empregar en ensaladas e potaxes.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Angelica archangelica foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 250–251. 1753.[4]
Angelica: nome xenérico que deriva do latín para "anxelical", en referencia ás propiedades medicinais da planta, que disque foron reveladas a un monxe por un anxo que lle dixo que era unha cura para unha praga.[5]
archangelica: epíteto
- Angelica archangelica subsp. norvegica (Rupr.) Nordh.
- Angelica commutata (C.A.Mey. ex Rupr.) M.Hiroe
- Angelica discocarpa (Fr.) M.Hiroe
- Angelica intermedia Schult. ex Steud.
- Angelica litoralis (Wahlenb.) Fr.
- Angelica major Gilib.
- Angelica norvegica (Rupr.) Nyman
- Angelica officinalis Moench
- Angelica procera Salisb.
- Angelica sativa Mill.
- Archangelica archangelica (L.) H.Karst.
- Archangelica archangelica (L.) Huth
- Archangelica commutata C.A.Mey. ex Rupr.
- Archangelica discocarpa Fr.
- Archangelica litoralis C.Agardh
- Archangelica littoralis C.Agardh ex DC.
- Archangelica norvegica Rupr.
- Archangelica officinalis Hoffm.
- Archangelica officinalis subsp. litoralis (DC.) Dostál
- Archangelica sativa (Mill.) Besser
- Archangelica slavica G.Reuss
- Archangelica spuria Wahlenb.
- Ligusticum angelica Stokes
- Selinum archangelica Link
- Selinum archangelica Vest[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome vulgar galego en Vocabulario do medio agrícola Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988; Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000; Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004; Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009
- ↑ Segundo conta Paracelso na vila de Milán no ano 1510 empregouse coma menciña contra a peste que asolou esta cidade.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Angelica archangelica". Plantas útiles: Linneo. Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2011. Consultado o 26 de outubro de 2009.
- ↑ "Anxélica". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 3 de outubro de 2012.
- ↑ En Nombres Botánicos
- ↑ ["Anxélica en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2012. Consultado o 26 de outubro de 2013. Anxélica en PlantList]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bailey, L. H. & E. Z. Bailey. 1976. Hortus Third i–xiv, 1–1290. MacMillan, Nova York.
- Böcher, T. W. 1978. Greenlands Flora 326 pp.
- Scoggan, H. J. 1979. Dicotyledoneae (Loasaceae to Compositae). Part 4. 1117–1711 pp. In Fl. Canada. National Museums of Canada, Ottawa.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anxélica |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Anxélica |