Armenia
Հայաստան (hy) Հայաստանի Հանրապետություն (hy) | |||||
Himno | Mer Hayrenik | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Iereván | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.930.450 (2017) (98,52 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua armenia | ||||
Relixión | cristianismo | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 29.743,423459 km² | ||||
Punto máis alto | Monte Aragats (4.090 m) | ||||
Punto máis baixo | Río Debed (400 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 23 de setembro de 1991 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república Estado unitario parliamentary system (en) | ||||
• Presidente | Vahagn Khachaturyan (2022–) | ||||
Órgano executivo | Goberno de Armenia | ||||
• Primeiro ministro | Nikol Pashinyan (2018–) | ||||
Órgano lexislativo | Asemblea Nacional de Armenia , (Escano: 107) | ||||
Máxima autoridade xudicial | Tribunal Constitucional de Armenia | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 13.861.409.969 $ (2021) | ||||
Moeda | Dram armenio | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .am e .հայ | ||||
Prefixo telefónico | +374 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112, 101, 102 e 103 | ||||
Código de país | AM | ||||
Sitio web | gov.am… | ||||
Armenia[1] (en armenio: Հայաստան, Hayastan), oficialmente República de Armenia (en armenio: Հայաստանի Հանրապետություն, Hayastani Hanrapetut’yun), é un estado montañoso sen litoral localizado na rexión eurasiática de Transcaucasia. Localizado no cruzamento de camiños entre Europa oriental e Asia occidental,[2][3] está rodeado por Turquía ao leste, Xeorxia ao norte, Acerbaixán ao leste, e Irán e o enclave acerbaixaní de Nakhichevan ao sur.[4] A súa capital e cidade máis poboada é Iereván.
Armenia é unha nación-estado unitaria,[5][6] pluripartidista e democrática cunha rica e antiga herdanza cultural. Urartu foi estabelecido o -860 e no século -VI foi substituído pola Satrapía de Armenia. O Reino de Armenia alcanzou ó seu máximo apoxeo baixo Tigranes II o Grande no século -I e converteuse no primeiro estado do mundo en adoptar o cristianismo como relixión oficial a finais do século III e comezos do IV.[7][8][9] A data oficial da adopción é o ano 301.[10] O antigo reino de Armenia foi dividido entre os bizantinos e o Imperio Sasánida arredor do século V. Baixo a dinastía Bagratuni, a Armenia bagrátida foi restaurada no século IX. Por mor das loitas contra os bizantinos, o reino caeu no ano 1045 e Armenia foi invandida polo Imperio Selxúcida. Un principado armenio e posteriormente o reino armenio de Cilicia asentáronse na costa do mar Mediterráneo entre os séculos XI e XIV.
Entre os século XVI e XIX, as patrias armenias tradicionais composta por Armenia Oriental e Armenia Occidental caeron baixo o goberno dos imperios Otomán e Iraniano. No século XIX, Armenia Oriental foi conquistada polo Imperio Ruso, mentres que a maioría das terras tradicionais armenias occidentais permaneceron baixo control otomán. Durante a primeira guerra mundial, os armenios que vivían no Imperio Otomán foron sistematicamente exterminados durante o xenocidio armenio. En 1918, despois da Revolución Rusa, tódolos países non rusos declararon a súa independencia despois de que o Imperio Ruso deixase de existir, o que levou ao estabelecemento da Primeira República de Armenia. En 1920, o estado foi incorporado á República Socialista Soviética Federativa Transcaucásica, e en 1922 converteuse en membro fundador da Unión Soviética.[11] En 1936, o estado Transcaucásico foi disolto, transformando os seus estado constituíntes, incluíndo a República Socialista Soviética de Armenia, en repúblicas da Unión. A moderna República de Armenia converteuse en estado independente en 1991 durante a disolución da Unión Soviética.
A moderna República de Armenia recoñece á Igrexa Apostólica Armenia, a Igrexa nacional máis antiga do mundo, como a principal relixión do país.[12][13] Os armenios posúen ademais o seu propio alfabeto, inventado por Mesrop Mashtots no ano 405 d.C.
É ademais membro da Unión Económica Euroasiática, as Nacións Unidas, o Consello de Europa e a Organización do Tratado da Seguridad Colectiva. Armenia apoia a independente de facto República de Artsakh, que foi proclamada en 1991.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome nativo en lingua armenia para o país é Hayk’. O nome evolucionou durante a Idade Media a Hayastan, unha combinación das palabras Hayasa (Հայասա) ou Hayk (Հայկ) co sufixo persa -stán que significa lar ou lugar de. O nome foi tradicionalmente derivado de Hayk (Հայկ), lendario patriarca dos armenios e segundo a tradición o tataraneto de Noé. Hayk, supostamente, baixou do monte Ararat onde algúns cren que se pousou a Arca de Noé trala fin do diluvio universal, e viaxou para axudar na construción da torre de Babel. Alí, derrotou ao Rei babilonio Bel no ano 2492 a.C., estabelecendo a súa nación na rexión de Ararat, preto das montañas do lago Van.
Outras fontes literarias como as gregas,[14] romanas, xudías, asirias, babilónicas, persas e outras, traducen e transliteran o nome Togarma (en lingua acadia: Ti-garimmu) como pai de varias tribos seminómadas que habitaron Armenia. Este nome componse de tres raíces: Bet (casa), To (tell e tur en lingua árabe equivalen a monte e en linguas irmás til, te, to, ta equivalen a outeiro, e figuradamente a reino) e Garma (que significa os fillos de Gomer que viven nos montes) quedando traducido na Biblia como Bet Togarma. Relatos anteriores ao cristianismo suxiren que Nairi, que significa "a terra dos ríos", era o nome usado antigamente para chamar á rexión montañosa do país. O primeiro uso que se ten constancia deste nome é polos asirios darredor de 1200 a.C.
O exónimo Armenia atópase por vez primeira nun texto en persa antigo coñecido como a Inscrición de Behistún.[15] Neste texto do 515 a.C. o nome aparece como Armina ( ). A voz Armenoi aparece en grego antigo nun texto do historiador Heródoto: Ἀρμένιοι δὲ κατά περ Φρύγες ἐσεσάχατο, ἐόντες Φρυγῶν ἄποικοι. Nel relátase que os armenios eran colonos da rexión de Asia Menor de Frixia. A etioloxía tradicional para o etónimo é de Armenak ou de Aram, o bisneto do bisneto de Hayk, e doutro líder que foi, segundo a tradición armenia, o antepasado de tódolos armenios. Tamén algúns historiadores antigos de Armenia, como Moisés de Khorene, din que os armenios eran urartos e que a palabra "Armenia" deriva dun rei urarto chamado "Aramu", teoría que algúns historiadores modernos descartan afirmando que non existe ningunha relación entre ambas civilizacións.
Segundo algúns historiadores,[16] a primeira mención da voz "Armina" faise nas escrituras cuneiformes da época do rei Darío I de Persia (séculos VI-V a.C.). Mais o nome dado aos armenios "Gai" (ou Jai), provén do país Gaiasa ou Jaiasa, mencionado nas escrituras cerámicas hititas do século XII a. C. Algunhas décadas máis tarde, Xenofonte, un xeneral grego que guerreou contra os persas, describe moitos aspectos da vida do pobo armenio e a súa hospitalidade. Relata que a xente fala un idioma que soaba aos seus oídos como a lingua dos persas. Outro historiador, Arnold Toynbee, menciona que "Armenia" pode provir de "Erimena", pai do último rexente de Urartro, Russas III. Agrega ademais, que outra alternativa é que proveña de "Aruma-ni", que significa país dos arameos, pobo que arribou do norte das estepas árabes a finais do século XI ou comezos do X a.C. e conquistou Nairi.
Historia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia de Armenia.
Prehistoria
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Urartu.
O planalto armenio amosa pegadas de asentamentos da época neolítica. Recentes estudos arqueolóxicos afirman que na zona da actual cidade de Areni atopáronse os máis antigos zapatos de coiro, saias e instalacións vinícolas. Os arqueólogos falan da cultura Shulaveri-Shomu da rexión de Transcaucasia central como a primeira cultura coñecida na zona, datada aproximadamente entre o 6000 e o 4000 a.C.
Outra cultura primitiva, a comezos da Idade de Bronce, foi chamada a cultura Kura-Araxes, asignada ao período que vai dende 4000 a.C. ao 2200 a.C., e máis tarde desenvolvida na cultura Trialeti (2200 - 1500 a.C.). Entre os anos 1500 e 1200 a.C., existía na metade occidental do planalto armenio a cultura Hayasa-Azzi, con frecuentes enfrontamentos co Imperio hitita. Entre o 1200 a.C. e o ano 800 a.C., a maior parte de Armenia foi unida baixo unha confederación de reinos, que as fontes asirias chamaron Nairi (do asirio: "terra dos ríos").
Na Idade de Ferro florece no Cáucaso e na parte oriental de Asia menor o Reino de Urartu fundado por Aramu, que uniu tódolos principados do planalto armenio e outorgouse a si mesmo o título de "Rei de Reis", título tradicional dos reis urartios. Os urartios estableceron a súa soberanía sobre a totalidade de Taron e Vaspurakan. O principal rival de Urartu foi o Imperio neo-asirio.
Durante o reinado de Sarduri I (834-828 a.C.) Urartu converteuse nun estado forte e organizado, impoñendo impostos ás tribos veciñas. Sarduri fundou ademais a cidade de Tushpa (a moderna Van) capital de Urartu. O seu fillo, Ishpuini, estendeu as fronteiras do estado polo que logo sería coñecida como a zona de Tigranocerta e Urmia. O rei Menua (810-785 a.C.) estendeu o territorio urartiano cara ao norte, cara aos campos de Araratian. Deixou máis de noventa inscricións utilizando a escritura cuneiforme mesopotámica escritas na lingua urartiana. Outro rei, Argishti I conquistou Latakia aos hititas, e chegou até Biblos e Fenicia, construíndo Erebuni (actual Iereván) no ano 782 a.C. usando aos prisioneiros de guerra. O Imperio asirio invadiu posteriormente Urartu, no ano 612 a.C., e fíxose cargo da capital, Van, cara ao 585 a.C. Este feito terminou de maneira efectiva coa soberanía de Urartu.
Antigüidade
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Reino de Armenia.
Despois da caída de Urartu, o Satrapado de Armenia foi gobernado pola dinastía Oróntida, que goberna o estado entre os anos 585 e 190 a.C.. Baixo esta dinastía, Armenia foi ás veces un reino independente, e outras unha satrapía do Imperio Persa. Darío III foi un sátrapa armenio antes de converterse en emperador de Persia. Despois da destrución do Imperio Seléucida, un estado grego helenístico de curta duración sucesor do Imperio de Alexandre o Grande, foi fundado un estado armenio de corte helenístico en 190 a.C. Os primeiros reis foron os artáxidas, dinastía fundada por Artaxias I. Ao mesmo tempo, creouse un reino divido e independente en Occidente, coñecido como Armenia Menor, mentres que o principal reino adquiriu o nome de Grande Armenia.
Os novos reis comezaron un programa de expansión que ía chegar ao seu apoxeo un século máis tarde. As súas conquistas son relatadas polo historiador grego Estrabón: Zariadris conquistou Acilisene e todo o "territorio ao redor de Antitauros", referíndose probablemente ao distrito de Muzur ao oeste do Éufrates. Artaxias tomou terras dos medos, dos iberos, e dos sirios. Posteriormente, tivo enfrontamentos cos habitantes do Ponto, a Siria Seléucida e a Capadocia; e foi incluído no tratado que seguiu á vitoria dun grupo de reis anatolios sobre Farnaces no 181 a.C., o cal perdeu tódolos seus territorios no oeste. Artaxias foi un monarca ambicioso con grande influencia na política internacional da época. No seu cénit, entre o 95 e o 66 a.C., a Grande Armenia estendeu o seu imperio sobre partes da rexión do Cáucaso e a zona que agora é Turquía oriental e central, ademais do noroeste de Irán, Palestina, Siria e o Líbano, formando o chamado Segundo Imperio armenio.
Por un tempo, Armenia foi un dos estados máis poderosos no Oriente romano, polo que o enfrontamento coa República Romana era inevitable, perdendo os armenios a guerra no 66 a.C., aínda que conservando a súa soberanía. O rei Tigranes o Grande seguiu gobernando Armenia como aliado de Roma, até a súa morte no 55 a.C. De feito, a derrota do Rei do Ponto na Terceira Guerra Mitridática ante o romano Pompeio deu lugar a que o Reino de Armenia se convertese nun Estado cliente aliado de Roma. Máis tarde, no ano 1 d.C., Armenia pasa a estar baixo completo control romano até o establecemento da dinastía arsácida. Durante a alianza con Roma, o pobo armenio adoptou ideas políticas, filosóficas e relixiosas occidentais. Segundo Estrabón, todo o mundo en Armenia fala "o mesmo idioma".
Independencia
[editar | editar a fonte]No 1813 e 1828, a Armenia actual (que consta dos Khanatos de Ereván e de Karabakh) foi temporariamente incorporada ao Imperio Ruso. O mesmo volveu a suceder coa incorporación da Armenia na URSS no 1920, na condición de RSS da Armenia, despois de existir brevemente como estado independente.
Xenocidio armenio
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Xenocidio armenio.
Durante os anos finais do Imperio Otomán (1915-1923), unha gran proporción dos armenios que vivían na Anatolia oriental (chamada polos armenios "Armenia Occidental") morreron no coñecido como xenocidio armenio, un esforzo de deportación e erradicación foi levado a cabo polos otománs co patrocinio do estado turco. As estimacións do número de armenios que foron asasinados durante eses acontecementos varían entre 200.000 e 1 800 000. A morte desas persoas lémbrana os armenios en todo o mundo o 24 de abril.
Guerra por Nagorno-Karabakh
[editar | editar a fonte]Armenia continúa envolvida nun longo conflito con Acerbaixán a propósito do Nagorno-Karabakh, un enclave poboado por armenios que incluíu Stalin no Acerbaixán soviético. Armenia e o Acerbaixán comezaron a loitar polo enclave en 1988 e a guerra estalou despois de obteren os dous países a independencia da Unión Soviética en 1991. En maio de 1994, cando se acordou un alto o fogo, as forzas armenias controlaban non só o Nagorno-Karabakh senón tamén un anaco do propio Acerbaixán. As economías de ambos os dous lados víronse afectadas pola súa incapacidade en facer calquera tipo de progreso substancial cara á resolución pacífica do conflito, e mais por bloqueos económicos mutuos.
Xeografía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Xeografía de Armenia.
Armenia é un estado sen litoral na rexión xeopolítica de Transcaucasia, que se atopa no sur das montañas do Cáucaso e as terras baixas entre o mar Negro e o mar Caspio, e nordeste do altiplano armenio. Armenia limita polo norte con Xeorxia, polo leste con Acerbaixán; polo sur con Irán; e polo suroeste e oeste con Turquía. Armenia atópase entre as latitudes 38° e 42° N, e os meridianos 43° e 47° L.
Topografía
[editar | editar a fonte]A República de Armenia ten unha área de 2 9743 km². O terreo é principalmente montañoso, con ríos de fortes correntes e poucos bosques. O seu punto máis elevado é o monte Aragats, que se atopa a 4 090m sobre o nivel do mar, e ningún terreo do país está por debaixo dos 390m.[17] A altura media do país atópase no posto 10 dos máis altos do mundo.
- Monte Ararat
O monte Ararat, que historicamente era parte de Armenia, é a montaña máis alta da rexión. No presente está en territorio de Turquía, aínda que é claramente visible dende Armenia, e está considerado polos armenios como un símbolo do seu país. Por mor disto, a montaña aparece no emblema nacional de Armenia no presente.[18][19][20]
Clima
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Clima de Armenia.
O clima de Armenia é continental de alta montaña. Os veráns son secos e soleados, durando dende xuño até mediados de setembro. As temperaturas flutúan entre os 22 e os 36 °C. Porén, o baixo nivel de humidade mingua o efecto das altas temperaturas. As brisas nocturnas que sopran das montañas achegan un efecto refrescante. As primaveras son curtas, mentres que os outonos son longos. Os outono son coñecidos pola súa follaxe vibrante e colorida.
Os invernos son bastante fríos con moita neve, e temperaturas entre os -10 e os -5 °C. Os afeccionados ós deportes de inverno desfrutan do esquí polos outeiros de Tsakhkadzor, a trinta minutos de Iereván. O lago Sevan, situado entre as montañas armenias, é o segundo meirande lago a esa altura, a 1900m sobre o nivel do mar.
Protección medioambiental
[editar | editar a fonte]Armenia está clasificada no posto 63 entre 180 países no Índice de Desempeño Ambiental (EPI) de 2018. O seu rango no subíndice Health Environmental (que se ponderou nun 40% en EPI) é de 109, mentres que o rango de Armenia no subíndice de Vitalidade do Ecosistema (ponderado nun 60% en EPI) é o 27 mellor de todo o mundo.[21] Isto suxire que as principais cuestións ambientais en Armenia son a saúde da poboación, mentres que a vitalidade do medio ambiente é de menor preocupación. Os sub-subíndices de Saúde Ambiental na calidade do aire á que se expón a poboación son particularmente insatisfactorios.
A xestión de residuos en Armenia está infradesenvolvida, xa que non hai eliminación de residuos nin reciclaxe nos 60 vertedoiros de Armenia. Unha planta de procesamento de residuos está prevista para a construción preto da cidade de Hrazdan, que permitirá o peche de 10 vertedoiros.[22]
Malia a dispoñibilidade de abundantes fontes de enerxía renovables en Armenia (especialmente hidroeléctrica e eólica) e as peticións da Unión Europea para apagar a central nuclear de Metsamor,[23] o goberno armenio está considerando a posibilidade de instalar novos pequenos reactores nucleares modulares. En 2018, a planta nuclear existente está prevista para a modernización para mellorar a súa seguridade e aumentar a produción de enerxía nun 10%.[24][25]
Goberno e política
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Política de Armenia.
A política de Armenia ten lugar no marco dunha república semipresidencialista de democracia representativa. Segundo a Constitución de Armenia, o presidente é o xefe de estado e o primeiro ministro é o xefe de goberno dun sistema pluripartidista. O poder executivo é exercido polo presidente e o Goberno. O poder lexislativo está investido tanto no Goberno coma no Parlamento.[26][27][28]
O parlamento unicameral (tamén chamado Azgayin Zhoghov ou Asemblea Nacional) é controlado por unha coalición de catro partidos políticos: o Partido Republicano conservador, o partido da Armenia Próspera, o Goberno da Lei e a Federación Revolucionaria Armenia. O principal partido da oposición é Herdanza de Raffi Hovannisian, que está a prol da eventual entrada de Armenia na Unión Europea e na OTAN.
O obxectivo declarado polo goberno armenio é construír unha democracia parlamentaria de estilo occidental como a base da súa forma de goberno. Ten sufraxio universal por riba da idade de dezaoito anos.
Observadores internacionais do Consello de Europa e do Departamento de Estado dos Estados Unidos de América cuestionaron a imparcialidade parlamentaria de Armenia e as eleccións presidenciais e o referendo constitucional dende 1995, citando deficiencias nas votacións, falta de cooperación pola comisión electoral e un pobre mantemento das listas electorais e dos lugares de votación. Freedom House considerou a Armenia no seu informe de 2008 como un "Réxime Autoritario Semi-Consolidado" (xunto a Moldova, Kosovo, Kirguizistán e Rusia) e clasificouna no posto 20 de 29 nacións en transición, cunha puntuación democrática de 5,21 de 7 (7 representa o nivel máis baixo de progreso democrático).[29] Freedom House clasificou a Armenia como "parcialmente libre" no seu informe de 2007, aínda que non clasificou a Armenia como unha "democracia electoral", indicando a ausencia de eleccións relativamente libres e competitivas.[30] Porén, parece que se fixo un progreso salientable e as Eleccións presidenciais de Armenia de 2008 foron aclamadas como democráticas pola OSCE e os observadores occidentais.[31]
Subdivisión administrativa
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Subdivisións de Armenia.
Armenia subdivídese en 11 provincias (marzer, singular - marz):
Nº | Provincia | Capital | ||
---|---|---|---|---|
1 | Aragatsotn | Արագածոտնի մարզ | Ashtarak | Աշտարակ |
2 | Ararat | Արարատի մարզ | Artashat | Արտաշատ |
3 | Armavir | Արմավիրի մարզ | Armavir | Արմավիր |
4 | Gegharkunik | Գեղարքունիքի մարզ | Gavar | Գավառ |
5 | Kotayk | Կոտայքի մարզ | Hrazdan | Հրազդան |
6 | Lori | Լոռու մարզ | Vanadzor | Վանաձոր |
7 | Shirak | Շիրակի մարզ | Gyumri | Գյումրի |
8 | Syunik | Սյունիքի մարզ | Kapan | Կապան |
9 | Tavush | Թավուշի մարզ | Ijevan | Իջևան |
10 | Vayots Dzor | Վայոց Ձորի մարզ | Yeghegnadzor | Եղեգնաձոր |
11 | Iereván | Երևան |
Economía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Economía de Armenia.
Mapas e imaxes
[editar | editar a fonte]-
Mapa de Armenia
-
Mapa das etnias
-
Imaxe satélite
-
Vista aérea do lago Sevan
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para armenio.
- ↑ Central Intelligence Agency (2014). The CIA World Factbook 2015. Skyhorse Publishing. p. 5241. ISBN 978-1-62914-903-5.
- ↑ The UN classification of world regions places Armenia in Western Asia; the CIA World Factbook The World Factbook (ed.). "Armenia". CIA. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2010. Consultado o 2 de setembro de 2010. "Armenia". National Geographic., "Armenia". Encyclopædia Britannica., Calendario Atlante De Agostini (en italiana) (111 ed.). Novara: Istituto Geografico De Agostini. 2015. ISBN 9788851124908. e Oxford Reference Online "Oxford Reference". Oxford Reference Online. doi:10.1093/acref/9780199546091.001.0001/acref-9780199546091-e-652 (inactivo 2017-09-23). Consultado o 20 de outubro de 2012.
- ↑ The Oxford Encyclopedia of Economic History. Oxford University Press. 2003. p. 156. ISBN 978-0-19-510507-0.
- ↑ Garsoïan, Nina G. (1997). Richard.G. Hovannisian, ed. Armenian People from Ancient to Modern Times: The Dynastic Periods: From Antiquity to the Fourteenth Century (Palgrave Macmillan ed.). pp. Volume 1, p.81. ISBN 0-312-10169-4.
"A conversión de Armenia ao cristianismo foi probablemente o paso máis crucial da súa historia. Armenia desligouse bruscamente do seu pasado iránico que durante séculos, cun carácter intrínseco, identificou claramente a poboación autóctona como a da súa contorna, case ao mesmo tempo se identificou Armenia como o primeiro estado que adoptou o cristianismo"
- ↑ Grousset, René (1995). Histoire de l'Arménie. Payot. p. 122. ISBN 2-228-88912-1.
Os datos estimados varían dende o 284 ao 314.
- ↑ (Garsoïan, Nina (1997). R.G. Hovannisian, ed. Armenian People from Ancient to Modern Times 1. Palgrave Macmillan. p. 81.)
- ↑ Stringer, Martin D. (2005). A Sociological History of Christian Worship. Cambridge: Cambridge University Press. p. 92. ISBN 0-521-81955-5.
- ↑ Nacións máis pequenas que reclamaron unha adopción oficial do cristianismo máis antiga foron Osroene, os Silures e San Marino.
- ↑ Grousset, René (1947). Histoire de l'Arménie (1984 ed.). Payot. p. 122.. As datas estimadas varían do 284 até 314. Garsoïan (op.cit. p. 82), segundo as investigacións de Ananian, é máis probable a última.
- ↑ Juergen-Zahorka, Hans. "How Armenia Could Approach the European Union" (PDF) (en inglés). LIBERTAS - Europaeisches Institut GmbH. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de abril de 2008. Consultado o 19 de maio de 2012.
- ↑ A república ten unha separación entre igrexa e estado.
- ↑ "Constitution of Armenia, Article 18". president.am.
- ↑ David, Frankel. The Ancient Kingdom of Urartu. British Museum Publications.
- ↑ Otero, Edgardo (2003). El orígen de los nombres de los países del Mundo (y muchas de las islas que éstos poseen) (1º ed. ed.). De los cuatro vientos. p. 509. ISBN 987-1027-68-0.
- ↑ Xenofonte (2003). Anábasis. Trad. e notas de R. Bach Pellicer. Intr. de Carlos García Gual. Rev.: M.ª E. Martínez-Fresneda. (1ª ed.). Madrid: Editorial Gredos, S.A. pp. 2–9. ISBN 978-84-249-0314-5.
- ↑ Marzes of the Republic of Armenia in Figures, 2002–2006, ed. (2007). "Geographic Characteristic of The Republic of Armenia" (PDF). National Statistical Service of the Republic of Armenia. Consultado o 22 de xullo de 2009.
- ↑ Natasha May Azarian (2007). The Seeds of Memory: Narrative Renditions of the Armenian Genocide Across Generations. ProQuest. p. 96. ISBN 978-0-549-53005-3. Consultado o 28 de abril de 2013.
Mount Ararat is considered the 'heart' of historical Armenia as it is Armenian folklore which considers the majestic mountain to be the place where Noah's Arc landed. Armenian businesses, households, and schools almost ubiquitously have at ...
- ↑ Rouben Paul Adalian (13 de maio de 2010). Historical Dictionary of Armenia. Scarecrow Press. p. 85. ISBN 978-0-8108-7450-3. Consultado o 28 de abril de 2013.
Although the mythology associated with the pagan worship of the mountain is now lost to popular belief, Mount Ararat has played a very ...
- ↑ James Minahan (1998). Miniature empires: a historical dictionary of the newly independent states. Greenwood Publishing Group. pp. 2–3. ISBN 978-0-313-30610-5. Consultado o 28 de abril de 2013.
Mount Ararat, the legendary landing place of Noah's Ark, is located in what is now modern Turkey. Situated near the border, the peak is visible from nearly every area of Armenia. Historically, the mountain has been the Armenian people's most ...
- ↑ "Environmental Performance Index". epi.envirocenter.yale.edu (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2019. Consultado o 2 de febreiro de 2018.
- ↑ "“We have good reasons to boast economic growth in the coming years” - Karen Karapetyan Pleased with 2017 Indices in Kotayk Marz". www.gov.am (en inglés). Consultado o 16 de febreiro de 2018.
- ↑ "EU: Armenia nuclear plant should be shut down as soon as possible". news.am (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2018. Consultado o 16 de febreiro de 2018.
- ↑ "Modernization to increase the capacity of Armenian nuclear power plant by 10%". arka.am. Consultado o 16 de febreiro de 2018.
- ↑ armenpress.am (ed.). "Armenian Nuclear Power Plant upgrading program to continue in 2018" (en inglés). Consultado o 16 de febreiro de 2018.
- ↑ Shugart, Matthew Søberg (setembro de 2005). "Semi-Presidential Systems: Dual Executive and Mixed Authority Patterns" (PDF). Estados Unidos: Universidade de California, San Diego. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de agosto de 2008. Consultado o 13 de outubro de 2017.
- ↑ Shugart, Matthew Søberg (decembro de 2005). "Semi-Presidential Systems: Dual Executive And Mixed Authority Patterns" (PDF). French Politics (Londres: Palgrave Macmillan UK) 3 (3): 323–351. ISSN 1476-3427. OCLC 6895745903. doi:10.1057/palgrave.fp.8200087. Consultado o 13 de outubro de 2017.
Table 1 shows that dissolution power as a presidential initiative is rare in the contemporary president-parliamentary systems. In fact, only in Armenia may the president dissolve (once per year) without a trigger (e.g. assembly failure to invest a government).
- ↑ Markarov, Alexander (15 de maio de 2016). Elgie, Robert; Moestrup, Sophia, eds. Semi-presidentialism in Armenia (PDF). Londres: Palgrave Macmillan UK. pp. 61–90. ISBN 978-1-137-38780-6. LCCN 2016939393. OCLC 6039792321. doi:10.1057/978-1-137-38781-3_3. Consultado o 8 de outubro de 2017.
Markarov discusses the formation and development of the semi-presidential system in Armenia since its foundation in 1991. The author identifies and compares the formal powers of the president, prime minister, and parliament under the 1995 Constitution as well as the amendments introduced through the Constitutional referendum in 2005. Markarov argues that the highly presidentialized semi-presidential system that was introduced in the early 1990s gradually evolved into a Constitutionally more balanced structure. However, in practice, the president has remained dominant and backed by a presidential majority; the president has thus been able to set the policy agenda and implement his preferred policy.
- ↑ "Nations in Transit 2008" (PDF). Freedom House. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de marzo de 2009. Consultado o 1 de marzo de 2014.
- ↑ "Freedom in the World 2007" (PDF). Freedom House. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de abril de 2010. Consultado o 20 de febreiro de 2007.
- ↑ Danielyan, Emil (20 de febreiro de 2008). "Armenian Vote 'Largely Democratic'". ArmeniaLiberty, Radio Free Europe. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2008. Consultado o 20 de febreiro de 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Armenia |