Arqueocetos
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Arqueocetos Rango fósil: eoceno - oligoceno | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Grupo de Basilosaurus | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Familias | |||||||||||||
|
A dos arqueocetos (Archaeoceti) é unha suborde (parafilética) de mamíferos cetáceos da que evolucionaron os cetáceos modernos (ou neocetos).
Os membros máis antigos deste grupo, como Pakicetus, tiñan catro patas e eran animais terrestres.
Orixe e características
[editar | editar a fonte]Baseándose en características dos dentes, creuse que os arqueocetos evolucionaron a partir dos Mesonychia (orde extinguida de mamíferos ungulados carnívoros). Porén, estudos recentes baseados en datos moleculares e morfoloxía non dental mostraron que as primeiras baleas evolucionaron probabelmente a partir dos artiodáctilos (talvez teñan un afastado antepasado común coa familia dos hipopotámidos, que inclúe os actuais hipopótamos).
Os antepasados dos arqueocetos probabelmente diverxeron dos artiodáctilos a fináis do cretáceo ou principios do paleoceno.
A maioría dos arqueocetos tiñan patas posteriores, a diferenza dos cetáceos actuais. Os primeiros arqueocetos foron seguramente animais completamente terrestres. Ao longo do eoceno foron facéndose menos terrestres e máis acuáticos e, ao final de dito período os últimos arqueocetos (basilosáuridos) deron orixe aos cetáceos modernos.
Os arqueocetos sobreviviron á extinción masiva do eoceno-oligoceno, pero sufriron unha gran perda de xéneros.
No oligoceno eran, pois, menos abundantes que no eoceno; os últimos arqueocetos (Basilosauridae) se extinguiron no mioceno, seguramente pola competencia cos odontocetos e as novas especies de tiburóns que apareceron nesta época, como o Megalodon. Outra explicación para a súa extinción podería acharse no cambio climático ocirrido durante o mioceno, cando os océanos arrefriaron notabelmente. Talvez foi unha combinación dos dous factores (competencia e clima) o que levou á extinción aos arqueocetos.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A suborde foi descrita en 1883 polo zoólogo británico, especializado en anatomía comparada, William Henry Flower.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]o nome científico Archaeoceti está formado polos elementos do latín científico Archaeo-, tirado do grego antigo ἀρχαῖος archĩos, 'antigo', e -ceti, do latín cetus, 'grande animal mariño', que á súa vez deriva do grego antigo κήτος kḗtos, 'monstro mariño'.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Os arqueocetos inclúen as seguintes familias:[1]
Suborde Archaeoceti
- Familia Pakicetidae
- Familia Ambulocetidae
- Familia Remingtonocetidae[2]
- Familia Protocetidae
- Familia Basilosauridae
Filoxenia
[editar | editar a fonte]Cetartiodactyla |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mikko's Phylogeny Archive - Archaeoceti
- ↑ "Neucom". Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2011. Consultado o 01 de agosto de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arqueocetos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Arqueocetos |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Archaeoceti Arquivado 10 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Tree of Life.
- Archaeoceti