Saltar ao contido

Atol Reitoru

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAtol Reitoru
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 17°51′19″S 143°04′47″O / -17.855251, -143.079815
ColectividadePolinesia Francesa
División administrativa da Polinesia FrancesaIllas Tuamotu-Gambier
Comuna da Polinesia FrancesaComuna de Hikueru Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie6 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Reitoru ou Te Pirehi, é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Está situado no centro do arquipélago, a 50 km ao suroeste de Hikueru, e pertence á comuna de Hikueru.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A lagoa interior está pechada sen paso navegable algún cara ao oceáno. A superficie é de 1´39 km². O atol está habitado por un pequeno grupo de dez persoas dedicadas ó cultivo e a colleita de perlas e de copra. Non ten ningunha infraestrutura.

O atol foi descuberto polo francés Louis Antoine de Bougainville en 1768. O ano seguinte, o inglés James Cook chamouno Bird Island porque os paxaros eran os únicos habitantes que atopou. Durante o século XIX e comezos do XX foi un importante centro para os mergulladores que colleitaban perlas. En 1903 o atol quedou mergullado durante un ciclón provocando a morte dun centenar de persoas.